Visitas

domingo, 10 de maio de 2009

Resultados do XIV Torneo Cidade de Valencia

Onte, 9 de Maio de 2009, celebrouse o XIV Torneo Cidade de Valencia de fútbol de mesa. Un total de 26 xogadores tomaron parte na competición, entre eles o xogador galego Santi R. Escudero (AFT Turia 1981). Únicamente se disputou a competición individual, xa que a celebración do congreso extraordinario da AFM, impediu a celebración da competición por equipos. Como era de esperar, nos prolegómenos do torneo, gardouse un respetuoso minuto de silencio en homenaxe ó xogador recentemente falecido Diego Venegas.
A ausencia do número 1 mundial, Carlos Flores (ASD Reggio Emilia), e do actual campeón de España, Viçent Prats (Warriors Torino), facia que a priori, non houbera un claro favorio para alzarse co triunfo final. Homes como Alberto Mateos, os irmáns Benita ou Angel Valverde, colgábanse entón o cartel de "posibles". Finalmente, foi o murciano Angel Valverde (Real Murcia) o que se proclamou campeón, despois e derrotar na final ó valencian Vicente Benita (AFT Turia 1981).
A participación galega voltou a ser decepcionante. A sorte non acompañou esta vez ó xogador galego no sorteo da fase de grupos. No primeiro partido, tocoulle xogar contra o murciano Ivan Romera (Real Murcia), sendo derrotado por un claro 3-0, pero que non reflexa o acontecido no mesmo, xa que o xogador galego dispuxo de bastantes ocasións de gol, pero que non aproveitou, cousa que si fixo o xogador murciano. No segundo partido (ó cal corresponde a imaxe), enfrentouse ó xogador catalán Maxim Aguirregabiria (Barcelona FT), caendo derrotado por un axustado 1-0, que esta vez non reflexou o clarísimo dominio do xogador catalán, xa que o xogador galego non dispuxo de ningunha ocasión de gol.

No derradeiro partido do grupo, o rival foi o tamén catalán Ferrán Coll (Warriors Torino). Nova derrota por 1-0, na que a gran actuación co porteiro por parte do xogador galego, impediu que o número de goles fora maior. Esperemos que nos próximos torneos, Santi R. Escudero, mellore o seu xogo e consiga algunha victoria, que lle permita, como mínimo, superar a fase de grupos. Máis información e resultados completos en http://www.futboldemesa.com/.

martes, 5 de maio de 2009

XIV Torneo Cidade de Valencia

O vindeiro sábado 9 de Maio, vaise disputar no Pavillón do Quint de Mislata (Valencia), o XIV Torneo Cidade de Valencia. O comezo do mesmo terá lugar ás 9:00, e unha vez remate o mesmo, celebrarase o Congreso Extraordinario da AFM. Agárdase, como ven sendo habitual nas últimas competición disputadas, unha gran asistencia de xogadores.
Este torneo, poderá servir coma homenaxe o gran xogador Diego Venegas, que faleceu tráxicamente o pasado 21 de Abril. Dende aquí, queremos dar o pésame a todos os seus familiares e amigos por esta gran pérdida.
Máis informanción en http://www.futboldemesa.com/.