Visitas

sábado, 27 de xuño de 2009

Machadas do AFT Turia 1981 e de Vicenç Prats

O AFT Turia 1981, proclamouse campeón do III Torneo Sant Jordi celebrado hoxe na localidade catalana de El Prat de Llobregat, despois de derrotar na final ó Rela Murcia. O AFT Turia 1981, alineou nesta ocasión a Fernando Gómez, Raúl Benita, Manolo Clemares e Vicente Benita (nesta ocasión non contou coa presencia de ningún dos seus xogadores galegos), mentres que o Real Murcia alineou a J.C. Granados, Alberto Mateos, Angel Valverde e Emilio Murciano. O resultado final foi de empate 1-1, pero o maior número de goles marcados polo AFT Turia 1981 (en concreto un máis) fixeron que o triunfo fora para os valencianos. Con este magnífico resultado, o equipo valenciano achégase na clasificación xeral ó seu máximo rival na loita polo título do Gran Prix da AFM, o Real Murcia. Noraboa por este triunfo e dende aqui desexamos que non sexa o último.
Por outra banda, na categoria Open, o vencedor foi o xogador catalán, e actual campión de España, Vicenç Prats (Warrios Torino), que derrotou na final ó murciano Alberto Mateos (Real Murcia) por un axustado 4-3. Na final de consolación, Ivan Romera (Real Murcia), derrotou con claridade a Julio Candelas (Madrid 1980 SC) con un contundente 5-1.
Máis información en http://www.futboldemesa.com.


O AFT Turia 1981 celebrando o seu triunfo

mércores, 24 de xuño de 2009

III Torneo Sant Jordi

O vindeiro sábado 27 de Xuño, celébrase na localidade catalana de El Prat de Llobregat o "III Torneo Sant Jordi". A proba disputarase no "Complexo deportivo Estruch", e o organizador é Francesc Alert (Barcelona FT): francesc@paviparket.com. O horario de inicio do torneo open será ás 8:45, e as 16:30, comezará o torneo por equipos. Máis información en http://www.futboldemesa.com.

domingo, 14 de xuño de 2009

Resultados do Open Internacional Rexión de Murcia

Esta fin de semana, disputouse en Murcia o Open Internacional Rexión de Murcia. Na categoría Sub-19, o vencedor foi o xogador murciano Jose Ros (Real Murcia), despois de derrotar na final ó seu compañeiro de equipo Juan Noguera (Real Murcia) por 1-0. En categoría veteranos, o vencedor foi José León (ASD Bari), que venceu na final ó portugués Nuno Noronha (FTC Issy les Moulineaux ) por 4-1. En categoría por equipos, o vencedor foi o Real Murcia "A", que derrotou na final do Real Murcia "B" por 2-0. Para rematar, na categoría Open o vencedor foi o murciano Alberto Mateos, que venceu na final ó catalán Arturo Martínez (ACS Peruggia) por 3-1. Máis información en http://realmurcia-cf.blogspot.com/ i en http://www.futboldemesa.com/.

venres, 12 de xuño de 2009

Open Internacional Rexion de Murcia

Esta fin de semana, celébrase en Murcia o Open Internacional Rexión de Murcia, no Palacio dos Deportes de Murcia. Todo apunta a unha gran participación, xa que hay inscritos, salvo baixas ou altas de última hora, 9 equipos, 45 xogadores en categoría open, 15 en veteranos, e 8 en sub-19. O torneo dará comezo ás 9:00 do sábado, disputándose a categoría de veteranos e a Sub-19. Unha vez rematen, xogarase o torneo por equipos. O domingo está reservado para o torneo en categoría open. Como novidade, destacar que dende a páxina web do Real Murcia, poderan verse en directo, os resultados dos partidos. Manterémosvos informados dos resultados do torneo. Máis información en http://www.futboldemesa.com/ e http://realmurcia-cf.blogspot.com/.

mércores, 10 de xuño de 2009

La Voz de Galicia

O xornal "La voz de Galicia", publica unha noticia sobre o fútbol de mesa. Agardemos que esta publicación, axude a formar un clube na nosa terra. Podedes ver a noticia no seguinte enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2009/06/10/00031244642910472104811.htm

sábado, 6 de xuño de 2009

PALOMAR ATENEU DE BARCELONA

Un novo equipo aparece a escena en Barcelona, o "Palomar Ateneu de Barcelona". Os fundadores Ángel Bonora, Toni Cortés, Israel Parada, Flavio Watzka e Valentí Poch pretenden, coa fundación de este novo clube, fomentar o fútbol de mesa, e a proba está no gran número de cativos cos que contan. A sua sede social atópase na rúa Conveni nº 51, baixo A de Barcelona. O fútbol de mesa está en auxe. Noraboa a todos e moita sorte!

xoves, 4 de xuño de 2009

Seguinte parada: Murcia

O vindeiro fin de semana, 13 e 14 de Xuño, celebrarase en Murcia o Open Internacional da Rexión de Murcia, e será puntuable tanto para o ranking nacional, como para o ranking internacional. Celebrarase competición en categorías open, sub-19, veterans e equipos, sempre e cando o número de inscritos o permita. O lugar do evento será o Palacio dos Deportes de Murcia. Para máis información, http://realmurcia-cf.blogspot.com/ e http://www.futboldemesa.com/.