Visitas

luns, 27 de xullo de 2009

Resultados do XXIV IGP de Corbera

O pasado fin de semana, disputouse o torneo máis prestixioso do panorama nacional, o XXIV IGP de Corbera. Como era de esperar, a participación foi moi elevada, e o espectáculo esvtivo asegurado en todo momento. Na xornada do sábado, celebrouse a categoría por equipos, resultando vencedor o Reggiana (Italia) do español Carlos Flores, despois de derrotar na final ó Mattersburg (Austria) por un axustado 2-1. Tamén se disputou a categoría de veteranos, na que resultou vencedor o italiano Emilio Richichi (ASD SC Palermo), despois de derrotar na final ó seu compatriota Paolo Finardi (Warrios Torino) por 2-0. A xornada do domingo quedou reservada para a categoría open, na que o vencedor foi, o número 1 mundial, Carlos Flores (Reggiana), que se desfixo na final do seu compañeiro de equipo, o italiano Saviero Bari (Reggiana), depois de derrotalo por un axustado 4-3. Noraboa a tódolos vencedores. Máis información en http://www.futboldemesa.com/ i en http://www.futboldetaula.cat/.

domingo, 19 de xullo de 2009

XXIV SPANISH IGP: Chega o clásico do verán


O vindeiro fin de semana (25 e 26 de Xullo), disputarase en Corbera de Llobregat (Barcelona), o "XXIV Spanish IGP". O lugar de celebración, será o habitual dos últimos anos, e dicir, o "Teatro Sociedade Cultural Diadema Corberenca". Este torneo de gran prestixio nacional e internacional, pechará a temporada de torneos da AFM. Agárdase como é habitual , unha gran participación en tódalas categorías, así como a chegada de xogadores e equipos de distintos países europeos (Italia, Grecia, Malta, Francia, Austria, Portugal, Holanda, ...). Moita sorte a tódolos participantes. Máis información en http://www.futboldetaula.net/ i en http://www.futboldemesa.com/.

luns, 13 de xullo de 2009

II Torneo FT Champs: O Real Murcia sentencia en Madrid

O pasado fin de semana, celebrouse en Madrid o II Torneo FT Champs. A gran participación (32 xogadores e 6 equipos), e a deportividade, volveron a ser as notas destacadas dun torneo, que ainda que ten apenas dous anos de historia, estase a facer un lugar nos torneos clásicos a nivel nacional.
Na competición Open, o vencedor foi Alberto Mateos (Real Murcia), que derrotou na final a Juan Noguera (Real Murcia) por 6-4. No torneo de consolación, Manolo Clemares (AFT Turia 1981), venceu a Julio Candelas (Madrid 1980 SC) 3-1 nos tiros directos.
Na categoria por equipos, o tiunfador foi o Real Murcia, despois de derrotar na final ó AFT Turia 1981 por 2-0. Con este resultado, o Real Murcia deixa sentenciado o título do Gran Prix da AFM. Destacar tamén, que o Tiburones FM, levouse o trofeo á deportividade.
Toda a información sobre o torneo, a podedes atopar en http://madridtotalsoccer.blogspot.com/ e en http://www.futboldemesa.com/.

luns, 6 de xullo de 2009

II Torneo FT Champs

O vindeiro sábado 11 de Xullo disputarase o II Trofeo FT Champs, no Centro Comercial Art Decó (Madrid). Agárdase unha gran participación tanto na categoría open (polo de agora hai 29 xogadores inscritos) como na categoría por equipos (6 equipos inscritos a día de hoxe).
Na categoría por equipos, haberá expectación por ver se o AFT Turia 1981 será quen de alzarse co título, e aumentar as súas posibilidades de alzarse co triunfo final do Gran Prix da AFM, ou pola contra, se será o Real Murcia (que se desplaza a Madrid con todo o seu potencial) quen se faga co triunfo e sentencie así o título do Gran Prix da AFM.
Na categoría open, agárdase tamén un torneo moi disputado, sendo favoritos xogadores como Carlos Flores (Reggiana), Vicenç Prats (Warriors Torino), Alberto Mateos (Real Murcia) e Ángel Valverde (Real Murcia), sen descartar a xogadores coma os irmáns Benita (AFT Turia 1981).