Visitas

sábado, 30 de enero de 2010

Trocos na directiva da FISTF

A semana pasada, despois do Congreso Extraordinario da FISTF celebrado en Frankfurt (Alemaña) producíronse trocos na directiva da FISTF, xa que a actual directiva dimitiu. Os novos dirixentes son:

Presidente: Silvio Catania.
Vicepresidentes: Stefano De Francesco, Laurent Ganier, Alan Collins, Piero Capponi, Leonidas Koutrumanos .
Secretario do Board: Stefanio Tagliaferri.

A nova directiva, estará as ordes da FISTF ata o vindeiro mes de Setembro, data na que se convocarán eleccións.

O Fútbol Chapas colle forza en Ourense

Ourense volve estar de noraboa despois da celebración da segunda xornada da "1ª Liga Galega de Fútbol Chapas Ourense 2009-2010". O Fútbol Chapas, está tendo unha boa acollida na cidade das Burgas. Oito son, polo momento, os integrantes da competición. Despois da segunda xornada de liga, Millán Brea e Sergio Matín, lideran a clasificación con duas victorias no seu casilleiro. Toda a información sobre esta actividade a podedes atopar en http://chapasourense.blogspot.com/.

jueves, 21 de enero de 2010

Galicia, ano 1982: nace o Folerpa



Artigo publicado no número 3 da revista Subbuteo Flash en Maio de 1982,
no que se fala da aparición do clube coruñés FOLERPA

A Coruña: corre o mes de Maio e 1982, cando uns rapaces deciden montar un clube de subbuteo, o FOLERPA.
O dato que estabamos a buscar dende hai algún tempo, por fin está nas nosas mans (gracias a Luis F. Méndez), e podemos falar da existencia dun clube galego inscrito na AES (os inicios da AFM). O FOLERPA, estaba formado no momento da súa inscripción na AES, por 96 socios, o que pode falar das dimensión que tiña o subbuteo en Galicia e en España. O número de clubes afiliados á AES por aqueles tempos rondaba os 60. Como comparación, hai que dicir que actualmente (depois do último ranking da AFM publicado), o número de xogadores inscritos na AFM é de 124, e o número de clubes é de 10. Con isto, podemos ver, que os socios do clube coruñés FOLERPA nos anos 80, eran casi os que ten hoxe en día a AFM, e o número de clubes da AES chegou á centena, multiplicando por 10 o que temos hoxe en día.
Dous dos socios do clube FOLERPA, eran Antonio Alvarez y Jose Sangiao, representantes galegos no campionato de España que se celebrou ese mesmo ano. Destacar que Antonio Álvarez contactou con nos fai uns días, o cal lle agradecemos, e seica lle ronda na cabeza a idea de voltar á competición. Dende aquí animámoslle a tomar esa decisión, xa que podería ser unha gran aportación para o subbuteo galego. ¿Qué foi do FOLERPA e do resto dos seus socios? Queremos facer un chamamento ós socios daquel clube, para animalos a contactar con nos en subbuteogalicia@gmail.com, e por qué non, que volten á competición.

lunes, 18 de enero de 2010

Torneo Prat: Carlos Flores e Real Murcia, outra vez campións

Como ven sendo habitual nos torneos da AFM, o murciano Carlos Flores (Reggio Emilia) e o Real Murcia fixéronse co triunfo na categoría Open e na categoría Equipos respectivamente, no torneo celebrado a pasada fin de semana na localidade catalana de El Prat de Llobregat.
Carlos Flores desfíxose na final do tamén murciano Ángel Valverde (Real Murcia), non sen dificultades,xaque o partido decidiuse na prórroga cun gol de ouro de Carlos Flores,sendo o resultado final un axustado 3-2. Os semifinalistas foron os tamén murcianos Alberto Mateos (Real Murcia) e J.C. Granados (Real Murcia).
A categoría por equipos, disputouse en forma de Liguilla,coa participación dos equipos Real Murcia, AFT Turia 1981, S.C. Madrid Total Soccer, Tiburones FM y Barcelona FT. O campeón foi o Real Murcia, que gañou tres partidos e empatou fronte o único equipo que lle plantou cara (á vista dos resultados), o AFT Turia 1981, que sería o subcampeón do torneo. O terceiro clasificado foi o clube malagueño Tiburones FM.
Tódolos resultados e máis información en http://www.futboldemesa.com/.

jueves, 14 de enero de 2010

Gústache o Fútbol Sala? Pois xógao na casa!!



O Fútbol de Mesa segue medrando, e como non podía ser doutra maneira, chega da man de Total Soccer, a versión en miniatura do Fútbol Sala, o Total Soccer Futsal. O "pack" ven coa selección española e a selección brasileña. Así que xa sabedes, tódolos amantes do Fútbol Sala, e os afeccionados dos equipos galegos Lobelle Santiago e Azkar Lugo (por nomear os equipos galegos máis representativos neste momento), non podedes deixar escapar esta oportunidade. Polo que puidemos comprobar, atópase á venda con toda seguridade en Carrefour (polo menos en Vigo), o que non vos podemos dicir é o precio, pero de seguro que rondará os 30 € máis ou menos.


domingo, 10 de enero de 2010

Vindeira cita: El Prat de Llobregat

O vindeiro fin de semana, 16 e 17 de Xaneiro, disputarase na localidade catalana de El Prat de Llobregat, un novo torneo puntuable para o ranking da AFM. Haberá tanto competición individual (o sábado 16) como por equipos (o domingo 17). Como ven sendo habitual nos últimos torneos, a participación pode superar tódolos records, xa que a día de hoxe, o número de xogadores inscritos está por riba da treintena. Ademáis, teremos o debut dos xogadores do Palomar FT, facendo asi, que todo o traballo que levan desenrolando nos últimos meses, teña a sua recompensa. Para tódolos interesados, a inscripción quedará pechada o vindeiro 12 de Xaneiro, e para face-la mesma, tendes que contactar con J.L. Márquez a través do e-mail josephboston@orangemail.es. Para máis información sobre horarios e lugar de celebración do torneo, visitade http://barcelonafutboltaula2008.blogspot.com/.

viernes, 8 de enero de 2010

Subbuteo Marbella

Outra gran nova para o Fútbol de Mesa chega á nosa "redacción". Comeza a moverse xente de Marbella para xogar o Fútbol de Mesa. Tódolos interesados en contactar coa xente de Marbella, visitade o seu blog http://subbuteomarbella.blogspot.com. Benvidos a este "gran" pequeno mundo.

sábado, 2 de enero de 2010

Xa estamos no 2010...

Feliz ani novo a todos!
Non hai marcha atrás, o 2010 xa está aqui. Dende Subbuteo Galicia tentaremos seguir coa mesma ilusión coa que estivemos ata agora, para seguir fomentando o Fútbol de Mesa no noso país. Os primeiros pasos parece que están dando o seu fruto, e nalgúns lugares de Galicia xa se comeza a xogar a este maravilloso deporte.
Queremos lembrarvos, que temos en marcha unha nova sección neste blog, "Cóntanos a túa experiencia", na que pedimos a tódolos galegos, que nos contedes a vosa experiencia co Fútbol de Mesa (se sodos novos, se levades tempo xogando, se mercastes o Total Soccer...), e para iso, pregámosvos que nos enviedes algunha foto xogando (con permiso para publicala) ó e-mail subbuteogalicia@gmail.com.
Tamén queremos lembrar, que se tedes interese no xogo, non dubidedes nin un intre, e poñédevos en contacto con nos, estaremos encantados de resolver tódalas vosas dúbidas.
Un saudo a todos.