Visitas

xoves, 17 de xuño de 2010

Convocatoria Mundial 2010

Según acaba de publicar a web da AFM, os convocados para a selección española no Mundial 2010 é a seguinte:

INDIVIDUAL


OPEN: Carlos Flores (Reggiana), Alberto Mateos (Real Murcia), Ángel Valverde (Real Murcia), Vicenç Prats (Warrior Torino)
Suplentes: Vicente Benita (AFT Turia 1981), José León (Tiburones FM)

SUB-19: José A. G. Ros (Real Murcia), Iván Romera (Real Murcia), Jonatan Caballero (AFT Turia 1981), Pedro Ortín (Real Murcia)
Suplentes: Marcos Álvarez (Tiburones FM), Juan A. Moreno (Tiburones FM)

VETERANS: Juan C. Granados (Real Murcia), Arturo Martínez (Perugia), Ferràn Coll (Tiburones FM)
Suplentes: Fernando Gómez (AFT Turia 1981), José León (Tiburones FM)

SUB-15: David González (Tiburones FM), Javier Moreno (Tiburones FM), Miguel López (Mallorca Aguilas)
Suplentes: Sergio Fernández (Mallorca Aguilas), Tejada (Tiburones FM)

FEMENINA: Ana Jiménez (Tiburones FM), Lucía Ríos (Madrid 1980 S.C.) y Caridad Vázquez (Madrid 1980 S.C.)

EQUIPOS

OPEN:
Adestrador: Piero Capponi
Carlos Flores (Reggiana)
Alberto Mateos (Real Murcia)
Ángel Valverde (Real Murcia)
Vicente Benita (AFT Turia 1981)
Raúl Benita (AFT Turia 1981)
Miguel A. Heredia (Real Murcia)

SUB-19
Adestrador: Juan Carlos Granados
José A.G. Ros (Real Murcia)
Iván Romera (Real Murcia)
Jonatan Caballero (AFT Turia 1981)
Pedro Ortín (Real Murcia)
David González (Tiburones FM)

VETERANS
Adestrador: Fernando Gómez
Juan C. Granados (Real Murcia)
Arturo Martínez (Perugia)
Ferràn Coll (Tiburones FM)
Fernando Gómez (AFT Turia 1981)
José León (Tiburones FM)
Vicenç Prats (Warriors Torino)

Participa: e ti que farías?

Imos plantexar unha situación que se poden dar nos distintos torneos, e gustaríanos saber que é o que ti farías nese caso:

Imaxínate que estás no último partido na fase de grupos. Xa estás clasificado para a seguinte rolda, pero o resultao do partido pode decidir o primeiro ou segundo posto do mesmo. Dependendo do posto que acades, primeiro ou segundo, lóxicamente terás un rival distinto. Imaxínate ademáis, que o teu rival no último partido, é moi inferior en xogo a ti. E agora o último detalle: se gañas, quedas primeiro e enfróntaste a un rival moi superior, e se perdes, lóxicamente quedas segundo, pero o rival que che vai tocar e moi asequible.

Ti que farías? Deixaríaste perder por medo o rival ou loitarías por gañar o partido independentemente do rival que te espera?

Deixa a túa resposta!!

luns, 14 de xuño de 2010

Resultados do Open Internacional Rexión de Murcia

Xa temos tódolos resultados do Open Internacional Rexión de Murcia que se disputou esta fin de semana en Archena (Murcia).
Na categoría Open, non houbo sorpresas, e o campión foi, coma case sempre, Carlos Flores, que derrotou na final, a Angel Valverde.
Na categoría de Equipos, o Rochefort Table Soccer, foi quen de asaltar o reino murciano, e derrotar ós anfitrións na final.
Na categoría Veteranos, Fernando Gómez conseguiu un título que o fai ainda máis grande, despois de vencer a Jose León.
O resumo de campións e subcampións nas distintas categorías é o seguinte:

Equipos


Campión: Rochefort Table Soccer (Belxica)
Subcampión: Real Murcia CF

Open

Campión: Carlos Flores (Reggio Emilia)
Subcampión: Angel Valverde (Real Murcia)
Campióeon Consolacion: Alfonso Montaño (Tiburones FM)
Subcampíón Consolacion: Piero Capponi (Madrid Total Soccer)

Veteranos

Campión: Fernando Gomez (AFT Turia 1981)
Subcampió Jose Leon (Tiburones FM)

Sub-19

Campión: Ivan Romera (Real Murcia CF)
Subcampión: Pedro Ortin (Real Murcia CF)

Sub-15

Campión: Javier Moreno (Tiburones FM)
Subcampión: David Gonzalez (Tiburones FM)

Fonte: http://subbuteospain.mforos.com/

Noraboa a tódolos campións.

sábado, 12 de xuño de 2010

Búscanse xogadores para un clube en Almería

Almería súmase ó mundo do Fútbol de Mesa e estase a plantexar a idea de montar un clube. Tódolos interesados en formar parte dese clube, deben poñerse en contacto co rapaz que leva a iniciativa no e-mail almeriazz@yahoo.es. Non o dubidedes, se estades por terras de Almería sumádevos ó clube!!

venres, 4 de xuño de 2010

Resultados do Major de Bologna 2010


Fixéronse de rogar, pero por fin temos os resultados do Major de Bologna, que se disputou a pasada fin de semana na localidade italiana.
O torneo, que está entre os mais prestixiosos do mundo, contou cunha enorme participación, xa que foron 240 os xogadores nas distintas categorías e 42 equipos de toda Europa, entre eles o Real Murcia.
Éxito dos xogadores españois, xa que Carlos Flores (ASD F.lli Bari - Reggio Emilia), fíxose co título en categoría Open, despois de "aplastar" (polo menos o resultado así o fai ver) a Valéry Dejardin (J.S.C. Rochefort) cun abultado 6-2.
Na categoría Sub-19, a final española entre José Ros (Real Murcia) e Ivan Romera (Real Murcia), quedou sen disputarse, xa que por problemas de tempo, e para evitar pérdidas de avións, quedou aplazada para xogarse probablemente en Murcia (estamos agardando os resultados se é que finalmente se xoga a mesma).
Por equipos, os vencedor foi o ASD F.lli Bari - Reggio Emilia (que conta nas súas filas cos españois Carlos Flores e Juan Noguera).
En veteranos, o vencedor foi Martijn Bom (C. S. Warriors Torino 1983).

xoves, 3 de xuño de 2010

Open Internacional Rexión de Murcia


Os días 12 e 13 de Xuño, dispútase na localicade murciana de Archena, o Open Internacional Rexión de Murcia. Ata o de agora, está confirmada a presencia de 8 equipos e de máis de 30 xogadores en categoría Open. Toda a información sobre o torneo, a poderedes atopar en http://realmurcia-cf.blogspot.com/.