Visitas

luns, 20 de decembro de 2010

Salceda de Caselas: o venres calor, o sábado frío, moito frío

Pasou a fin de semana, e o Fútbol de Mesa pasou por Salceda de Caselas (Pontevedra), gracias ó Concello da localidade. A verdade é que a pesar do esforzo realizado por tódalas partes, as cousas non sairon como un esperaba, pero non deixaremos de tentar a sorte.
A xornada do venres realizouse no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias. Alí, coa axuda dos opearios do Concello, a Concelleira de Cultura (Tere) e dos profesores de Educación Física do instituto (Begoña e Luis), preparáronse os cinco campos cos que os rapaces do instituto ían poder disfrutar do Fútbol de Mesa. En total, foron catro as clases que pasaron polo Pavillón, perto de 80 rapaces, e dou fe de que disfrutaron coa actividade.

Aspecto que presentaba a montaxe no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias

Os rapaces escoitan atentamente as explicacións de Santi R. Escudero (Foto: Tere Pérez)

Santi R. Escudero ensinándolle as regras os rapaces (Foto: Tere Pérez)

As rapazas tamé disfrutaron do xogo (Foto: Tere Pérez)

Máxima tensión nos distintos enfrontamentos (Foto: Tere Pérez)

Sacando de centro despois dun gol (Foto: Tere Pérez)

O día seguinte, o sábado, a actividade desplazouse para o Centro Social A Devesa. Igualmente, montáronse cinco campos máis un pequeniño para os mais cativos, coa axuda da xente do Concello. Nada mais abrirse ó público a actividade, recibimos a primeira visita, un rapaz que o día anterior estivera no instituto e estaba moi interesado no xogo. Foi a única visita en toda a mañá... o frío debía ser a causa... Pola tarde máis do mesmo, nada máis abrir, o primeiro visitante, o mesmo rapaz. A verdade que iso foi moi ilusionante, ver alguén realmente interesado en coñecer todo sobre o Fútbol de Mesa. O resto do tempo, transcurriu entre partido e partido, aprendendolle as regras do xogo ó rapaz (levou coma premio un set Total Soccer), e agardando máis visitas... Algunha houbo, un familiar e un amigo que se achegaron ata ali para coñecer o xogo. A última visita do día, foi a do Alcalde de Salceda, Marcos, acompañado da su pequena. A verdade, é que fixo frío, moito frío...
Pero penso que podemos ter unha cousa positiva... igual temos un futurible novo xogador galego, xa que o rapaz, amosou maneiras... quen sabe.

Aspecto que presentaba o Centro Social A Devesa

As visitas, disfrutando do xogo

O alcalde de Salceda xogando cos máis cativos

Novamente, queremos agradecer dende aquí, a colaboración do Concello de Salceda de Caselas por darnos a oportunidade de facer esta actividade, e a Total Soccer, polo material que nos achegou.

xoves, 16 de decembro de 2010

Actividade en Salceda de Caselas

Para tódolos interesados, o venres 17 e o sábado 18 de Decembro, celebrarase en Salceda de Caselas unha actividade para promociona-lo Fútbol de Mesa.
A xornada do venres, realizarase no Pavillón do IES Pedras Rubias, en horario de 10:10 a 14:00, estando reservado, para os rapaces do instituto.
A xornada do Sábado, será unha xornada de portas abertas, e celebrarase no Centro de Servizos Sociais da Devesa , en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Agardamos a vosa visita e que disfrutedes co Fútbol de Mesa.
Agradecer ó Concello de Salceda de Caselas a oportunidade que nos brinda para poder dar a coñecer a noso "deporte", en concreto á Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, así como a Total Soccer pola aportación do material que será empregado na actividade.

Programación de Nadal de Salceda de Caselas onde se inclúe o Fútbol de Mesa

mércores, 15 de decembro de 2010

Real Fortuna Foot-ball Club

Como no podía ser menos, tamén vos presento ó Real Fortuna Football Club, outro equipo de fútbol vigués fundado no ano 1905, que se fusionou no ano 1923 co Real Vigo Sporting Club, para formar o Real Club Celta de Vigo (como xa comentei no anterior artigo).
O resto dos comentarios, igualiños que os que fixen para o Real Vigo Sporting Club.
Déixovos as imaxes do equipo:

Detalle da tapa da caixa

O equipiño "acomodado" na caixa

Detalle dunha figuriña

Detalle do porteiro "saínte"

Real Vigo Sporting Club

Xa eran horas de presentarvos unha das últimas adquisicións, neste caso o Real Vigo Sporting Club, equipo de fútbol vigués fundado no ano 1905, que se fusionou no ano 1923 co Real Fortuna Foo-ball Club, para formar o Real Club Celta de Vigo.
Por desgracia, o traballo encargado a web francesa http://www.subbuteo66.com/, era mellorable. Ainda así, depois duns retoquiños caseiros (que foron feitos despois das fotos) e poñelos nas bases Extreme Works, as figuriñas lucen un pouquiño máis. Hai que resaltar, a presentación do equipiño en caixa personalizada, un dos atractivos que ten esta web. Tamén podemos resaltar, a elaboración do equipo con figuriñas "2K4 Vintage", o que lle da un aspecto máis realista de equipo de principios do século XX.
Déixovos as imaxes do equipo:

Detalle da tapa da caixa

O equipiño "acomodado" na caixa

Detalle dunha figuriña

Detalle do porteiro "saínte"

luns, 13 de decembro de 2010

Nova sorpresa no IO Comunidade de Madrid



Algo está a cambiar no Fútbol de Mesa. A exemonía dos dous equipos punteiros do país, coma eran o Real Murcia e o AFT Turia 1981 (este último, case sempre á sombra dos murcianos), está rematando. Hai dous equipos, Madrid Total Soccer e Tiburones FM, que co seu traballo, e os seus reforzos desta tempada, están a dar máis guerra da que en principio se agardaba.
O último golpe dos "pequenos", foi esta fin de semana en Madrid, no "I Open Internacional Comunidade de Madrid", e non so se atopaban equipos españois, xa que tamén había un par de equipos italianos (Fiamme Azzurre e Warriors Torino) e un equipo grego (Olympia ITEC). Tanto Madrid Total Soccer como Tiburones FM pasaron a ronda de grupos como primeiros. En cuartos de final, derrotaron a Madrid Total Soccer "C" e Fiamme Azzurre respectivamente, e nas semifinais fixeron o propio co AFT Turia 1981 e o Real Murcia. Os valencianos seguen co seu gafe cos madrileños, e caeron derrotado por un axustado 1-0. Os murcianos, foron sorprendidos polos malagueños, sendo derrotados por 2-0. Así, cheou a final, a final dos "pequenos", que xa se están a facer maiores. Un partido igualado, no que o resultado final fala por si so: Tiburones FM 2 Madrid Total Soccer 1.
En categoría Open, o triunfador foi Carlos Flores (Reggio Emilia), que derrotou na final a Aberto Mateos (Real Murcia).
En categoría veteránsPaolo Finardi (Warriors Torino), desfíxose do seu compañeiro de equipo Vicenç Prats (Warriors Torino).
O resto de categorías, disputáronse no formato de liguilla, sendo o campión e o subcampión das mesmas os seguintes:
Feminina: Carmela Gerosa (Ayerbe FM) - Caridad Morano (Moralzarzal SC)
Sub-12: Jesus Moreno (Tiburones FM) - Alvaro Fretes (Moralzarzal SC)
Sub-15: Javier Moreno (Tiburones FM) - David González (Tiburones FM)
Sub-19: Jonatan Caballero (AFT Turia 1981) - Bruno Gerosa (Ayerbe FM)

Máis información en http://afmmts.blogspot.com/.

P.D.: Agardemos que ninguén mire cousas raras onde non as hai...

xoves, 9 de decembro de 2010

Madrid quenta motores



A vindeira fin de semana, Madrid acollerá o "I Open Internacional Comunidade de Madrid" de Fútbol de Mesa. O nñumero de participantes, vai a ser moi elevado, cun total de 82 xogadores inscritos sumando tódalas categorías (45 Open, 15 Veteráns, 4 Sub-19, 4 Sub-15, 10 Sub-12 e 4 Feminina), de diversas nacionalidades (España, Italia, Malta, Portugal, Grecia...). Na competición por equipos, hai un total de 13 inscritos. Semella que o espectáculo está asegrado, asi que se tedes a oportunidade, non falledes a esta cita.
Toda a información sobre o torneo en http://afmmts.blogspot.com/.