Visitas

lunes, 28 de marzo de 2011

Resultados da LEFM 2011

Sorpresa na primeira volta da LEFM disputada esta fin de semana en Barcelona. O Tiburones FM "A", é o lider provisional, empatado a puntos con AFT Turia 1981. Os dous equipos empataron dous partidos (o que os enfrontou e contra o Real Murcia) e gañaron o resto.
A decepción, e digo isto sen ánimo de ofender a ninguén, foi o Real Murcia, quen non puido aguantar o pulso de malagueños e valencianos, e cedeu un empate máis, fronte o Madrid Total Soccer "A", que de momento, obrígalles a facer un esforzo extra na segunda volta da LEFM que se disputará en Málaga no mes de Xuño.

Clasificación de primeira división:

1º       TIBURONES FM "A"                   11 
2º       AFT TURIA 1981                         11
3º       REAL MURCIA                             9
4º       MADRID TOTAL SOCCER "A"   7
5º       MALLORCA AGUILAS               3
6º       GIBRALTAR TSA                         0

Clasificación da segunda división:
 
1º       TIBURONES FM "B"                    7
2º       MADRID TOTAL SOCCER "B"   7
3º       AYERBE FM10                             3
4º       BARCELONA FT                         0

martes, 22 de marzo de 2011

LEFM 2011


O vindeiro fin de semana, vaise disputar en Barcelona, a primeira volta da Liga Española de Fútbol de Mesa (LEFM), que desta vez, contará con oito equipos participantes en primeira división: Real Murcia, AFT Turia 1981, Tiburones FM, Madrid Total Soccer, Gibraltar TSA, Mallorca Águilas, Barcelona Futbol Taula e Ayerbe FM10.
O gran favorito para acadar o título, non é outro que o Real Murcia, actual campión de liga. Por outra banda, o AFT Turia 1981, está en horas baixas, ainda que tentará facer un bo papel. As ameazas dos dous "grandes" do fútbol de mesa nacional, son o Madrid Total Soccer e o Tiburones FM, que esta tempada xa deron máis dunha sorpresa. O Ayerbe FM10, debutará na competición, e de seguro que vai facer un papel máis que respetable. Mallorca Águilas, Barcelona FT e Gibraltar TSA, tentarán mellorar o papel do ano pasado, pero o van ter moi difícil, tendo en conta os catro equipos que mandan no ranking da AFM.
O espectáculo está servido.
Toda a información sobre a liga, a poderedes atopar en http://lefm2011.blogspot.com/.

jueves, 3 de marzo de 2011

Xa está de volta... Subbuteo News!


Estamos de noraboa. A web adicada ó Fútbol de Mesa, Subbuteo News, está de novo operativa. Nesta web, poderedes ver todo o relacionado cos torneos internacionais, así coma o Ranking da FISTF.