Visitas

miércoles, 22 de junio de 2011

O Real Murcia faise coa LEFM


O Real Murcia fixo valer a súa veteranía para impoñerse na xornada de volta da LEFM. Os dous puntos de desventaxa que tiña co Tiburones FM e o AFT Turia 1981, quedáron pulverizados sen oposición por parte dos seus rivais. O Tirubones FM alcanzou a segunda praza, despois de derrotar ó AFT Turia 1981, que perdeu os tres partidos claves (Real Murcia, Tiburones FM e Madrid Total Soccer) por idéntico resultado. O cuarto clasificado foi o Madrid Total Soccer, mentres que Xibraltar TSA en Mallorca Águilas pecharon a clasificación.

A nota positiva para os galegos, foi a reaparición de Santi R. Escudero (AFT Turia 1981) en competición oficial. Aínda que os seus resultados non foron nada bos (colleitou un empate 0-0 e tres derrotas por un claro 3-1), sempre é unha boa nova ver un xogador galego nos torneos de Fútbol de Mesa. A cadena de radio, Radio Vigo (Cadena SER), fíxose eco da presenza do xogador vigués na LEFM, e incluíron unha pequena entrevista co xogador no programa de onte.

miércoles, 15 de junio de 2011

Xornada de volta da LEFM (Málaga)


Málaga acollerá esta fin de semana, a xornada de volta da LEFM. Non está nada decidido, e a emoción está garantida. Catro equipos optan o título final, pero dous parten con ventaxa, o Tiburones FM (Málaga) e o AFT Turia 1981 (Valencia), deberán manter o ritmo da primeira volta para non perder as opción de gañar esta competición, mentres que o Real Murcia terá que estar no seu mellor nivel para revalidar a liga conquistada o ano pasado. O Madrid Total Soccer é o tapado deste grupo de cabeza, e pode dar máis dun disgusto. Mallorca Águilas e  Xibraltar TSA teñen poucas opcións, pero intentarán loitar por unha praza europea.
Máis información en http://lefm2011.blogspot.com/.

viernes, 10 de junio de 2011

Grand Prix de Portugal (Lisboa)


A pasada fin de semana, disputouse en Lisboa (Portugal), o Grand Prix de Protugal, onde houbo unha nutrida represetnación española. Cabe destacar o triunfo do Madrid Total Soccer na categoria de Equipos, e os subcampionatos de Luis D. López (Madrid Total Soccer) en categorías Open e Veteráns. O cadro de honor do torneo foi o seguinte:

Equipos: Madrid Total Soccer 2-2 Orfeao da Foz do Douro (12-7)

Veteráns: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Joao Rodriguez (Orfeao da Foz do Douro)

Open: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Ruben Portugues (Matersburg)

jueves, 2 de junio de 2011

Carlos Flores é "Major" de Bologna


O español Carlos Flores ve de proclamarse campión do Major de Bologna, que se disputou a pasada fin de semana na localidade italiana. Na final derrotou a Valéry Dejardin por una axustado 2-1, que non reflicte a súa superioridade ó longo do torneo. Ademáis do título individual, tamén se adxudicou o título por equipos, xa que a súa escuadra, o Reggio Emilia (Italia), derrotou ó Matersburg (Austria) por 3-0.