Visitas

lunes, 23 de septiembre de 2013

Torneo Cidade de Murcia 2013

A pasada fin de semana, disputouse o primeiro torneo do circuito nacional puntuable para o ranking da AFM. Como era de esperar, os mellores xogadores españois do momento, Carlos Flores, Angel Valverde, Alberto Mateos e Raúl Benita (todos xogan na liga italiana), foron os que acadaron as semifinais.
Carlos Flores desfíxose de Raúl Benita cun claro 6-1, e Ángel Valverde, desfíxose do campión do mundo Alberto Mateos por 2-0, o que fala da igualdade que hai entre ambos. Xa na final, Carlos Flores fixo valer a súa veteranía, e na prórroga, foi quen de anotar o gol de ouro que lle deu a victoria final sobre Ángel Valverde por 2-1.

Imaxe da final entre álgel Valverde (esquerda) e Carlos Flores (dereita) (Facebook da AFM)

O resto de resultados foron os seguintes:

Final Consolación: Juan Carlos Granados - Jesús Moreno 3-1

Final VETERÁNS: Antonio Montaño - Juan Carlos Granados 2-0

Final SUB19: Antonio Jesús Casín - David González 5-4 (Prórroga)

Descarga os resultados completos aquí.

jueves, 12 de septiembre de 2013

A imaxe dun campión do mundo: Alberto Mateos



Esta é a imaxe do campión do mundo en categoría individual Open, o español Alberto Mateos, instantes despois de acada-lo seu título. Penso que unha imaxe vale máis que mil palabras. 

Moitos parabéns Alberto!!

domingo, 8 de septiembre de 2013

Resultados Mundial de Fútbol de Mesa - Madrid 2013


Xa rematou o que se daba. O Mundial chegou á súa fin, e os grandes vencedores foron, coma case sempre, os italianos. Ainda así, os nosos fixeron un papel tremendamente bó, xa que despois dos resultados indivivuais, a selección obtivo 4 subcampionatos nas catgorías Open, Sub-15, Sub-12 e féminas.

Open

Italia 2 - España 1



Imaxes de Riccardo Marinucci

Veteráns

Bélxica 1 - Italia 3

Sub-19

Italia 4 - Bélxica 0

Sub-15

Italia 4 - España 0

Sub-12

Italia 4 - España 0

Féminas

Bélxica 4 - España 0

Só queda darlle a noraboa á tódolos organizadores polo gran campionato organizado en Madrid, e agardemos que os seguintes sexan, como mínimo, coma este.

sábado, 7 de septiembre de 2013

Avance resultados Campionato do Mundo de Fútbol de Mesa - Madrid 2013


Final Open

Bari - Mateos (ESP) 1-2

Final Veteráns

Bolognino - Bambersky 2-0

Final Sub-15

C. Panebianco - Hagekotter 2-1

Final Sub-19

L. Di Vito - D. Gonzalez (ESP) 3-1

Final Sub-12

M. Strommer - C. La Torre 1-4

Final Féminas

Dieudonne - C. Gerosa (ESP) 4-2


O español Alberto Mateos, sucede a Carlos Flores como campión do mundo e os españois David González e Carmela Gerosa, acadan o subcampionato. Noraboa!!

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Mundial de Fútbol de Mesa: Madrid 2013

O ansiado Mundial de Fútbol de Mesa, chega a Madrid, e disputarase esta fin de semana no Hotel Auditorium.
Despois de 31 anos, España acolle o Mundial, sendo no ano 1982 celebrado en Bracelona, coincidindo coa Copa Mundial da FIFA.
España é se cadra, unha das grandes favoritas, xa que parte como actual campiona en categoría Open, tanto por equipos como individual, e ademáis, hai potencial suficiente nas categorías inferiores para acadar otro título e resarcirse dos subcampionatos en anos anteriores.


A importancia do evento é tal, que o diario deportivo Marca, adícalle no xornal de hoxe, duas páxinas completas a toda cor.


Os que teñades a oportunidade de estar en Madrid, non dubidedes en disfrutar dunha gran xornada de Fútbol de Mesa.
Toda a información xobre o Mundial, podedes atopala na web oficial.