Visitas

domingo, 27 de outubro de 2013

Resultados Champions e Europa League 2013 - Nápoles (Italia)



Xa temos os resultados da Champions e Europa League disputada esta fin de semana en Nápoles (Italia).
O vencedor da Champions, foi o equipo italiano Reggio Emilia, que se impuso na final a outro equipo italiano,o Black & Blue Pisa, gracias ó gol do español Carlos Flores na morte súbita (3-2 resultado final).
Por outra banda, a Europa League, marchou para Grecia, xa que o TSC Falcons Athens, derrotaron na final o Avenir Subbuteo Hennuyer, de Bélxica, por 2-0.

Podedes consulta-los resultados completos aquí.

Novo Celta de Vigo en proceso


De mans de My Subbuteo, está a puntiño de sair á luz un novo Celta de Vigo, desta vez, coa equipación desta mesma temporada, a equipación Adidas 2013-14.
Ainda que só son as calcas, vale a pena ir amosando o estupendo traballo que están a facer:


Adhesivo para o disco (Foto: My Subbuteo)

Imaxe da primeira equipación de porteiros, neste caso Yoel (Foto:My Subbuteo)

Imaxe da segunda equipación de porteiros, neste caso Sergio A. (Foto: My Subbuteo)

Imaxe da equipación do Celta de Vigo, neste caso Nolito (Foto: My Subbuteo)

xoves, 24 de outubro de 2013

Champions e Europa League 2013 - Nápoles (Italia)



Esta fin de semana (do 25 ó 27 de outubro), vaise celebrar en Nápoles (Italia), unha nova edición da Champions League e da Europa League de Fútbol de Mesa. A participación española, desta vez vai estar casi deserta, xa que non vai participar ningún equipo, ainda que varios equipos italianos, contan con xogadores españois nas suas filas (Raúl Benita, Vicenç Prats, Alberto Mateos, Juan Noguera, Arturo Martínez ou Carlos Flores). Agardemos que algún dos equipos con presenza española se faga con algún dos títulos en xogo.
Toda a información a poderedes atopar na web oficial do torneo.

xoves, 17 de outubro de 2013

O Celta de Vigo, fonte de inspiración

O Celta de Vigo da moito xogo. E non so por terras galegas. Dende Madrid, chéganos esta imaxe, na que podemos ver representado o plantel do Celta da temporada 1976-77, con xogadores míticos como Fenoy, Manolo, Santomé, Félix Carnero, Sanromán, etc. Esta "obra de arte", foi feita por Luis Rodríguez, totalmente pintado a man, e con moita paciencia. Ainda que non o temos no noso poder, sería unha falta de rigor, non dar a coñecer esta maravilla.


Plantel do Celta de Vigo 1976-77 (Foto: Veteranos del Celta) 

Réplica do plantel do Celta de Vigo 1976-77 (Foto: Luis Rodríguez)

martes, 15 de outubro de 2013

Open Internacional de Estepa (Sevilla)


Esta fin de semana disputouse en Estepa (Sevilla) o Open Internacional de Estepa de Fútbol de Mesa. Contou cun gran número de participantes, e os campións nas distintas categorias foron os seguintes:

Open

Carlos Flores 1 - Alberto Mateos 0

Veteráns

Daniel Scheen 1 - Vicenç Prats 5

Equipos

Real Murcia (ESP) 1 - Fiammne Azurre (ITA) 3

Un instante da final de veteráns (Imaxe do Subbuteo Club Stembert)


Todos os resultados os podedes consultar aquí.

domingo, 13 de outubro de 2013

O Subbuteo chega ó DxT



O DxT, xornal do Real Clube Deportivo da Coruña, publica nas súas páxinas de hoxe unha viñeta adicada ó partido que se disputa esta mañá no Mini Estadi (Barcelona) entre o Barça "B" e o Deportivo. Un guiño moi especial ó Subbuteo da man de Antón Lezcano. Parabéns polo seu deseño 

mércores, 9 de outubro de 2013

Celta de Vigo 5

Estas semanas a cousa vai do Celta de Vigo. Non podo agochar a miña devoción polo equipo da miña cidade. É por iso, que trato de obter tódolo que teña que ver co Celta e o Subbuteo.
Nesta ocasión, o Celta deVigo que vos presento, é da casa Zeugo. Se non me falla a memoria, a equipación é a de fináis da década dos 90, pero acepto suxerencias ó respecto. Outra peza máis para a colección, que de seguro, aumentará en breve.


venres, 4 de outubro de 2013

Celta de Vigo 4

Retomamos a sección adicada a presentar as distintas figuriñas de Subbuteo que representan ós equipos galegos e que van chegando ata as nosas mans.
Desta volta presentamos o Celta de Vigo feito pola mítica casa Borrás nos anos 80. Se ven a pintura dos xogadores non é a orixinal (a camiseta e o pantalón foron repintados para paliar o efecto do paso dos anos), non cabe dúbida de que é unha xoia moi difícil de atopar hoxe en día. Agardamos que vos guste.