O pasado xoves 9 de xuño, Subbuteo Galicia, Santi R. Escudero (S.C. Móstoles) e por Olalla V.R., tivo a oportunidade de estar presente no colexio Compañía de María de Cangas do Morrazo (Pontevedra), para dar unha charla sobre o Fútbol de Mesa (Subbuteo).
Foi unha charla de perto de unha hora, a perto de 40 nenos de entre 4 e 7 anos, que non perderon nota das explicacións que se foron dando. Mostrouse diverso material, entre os que estaban un mini-campo, un Astropitch, equipos personalizados, equipos Total Soccer, equipos Subbuteo, gradas, etc...
Os pequenos puideron dar uns toques no mini-campo despois de aprender unhas normas básicas de como darlle co dedo ás figuriñas, e sentir de primeira man, a paixón do Subbuteo.
Santi R. Escudero amosando o Subbuteo ós cativos (Foto: Subbuteo Galicia)
Agardemos que a charla, sexa o inicio de algo máis, xa que o interese mostrado polo colexio foi moi grande.
Queremos agradecer dende aquí, á colaboración das mestras dos pequenos, sen a cal, esta actividade non habería sido posible.