Visitas

sábado, 22 de octubre de 2016

I Satélite de Moralzarzal (Madrid)


A localidade madrileña de Moralzarzal, acolleu o fin de semana pasado (15 e 16 de outubro), o seu primeiro torneo internacional, un torneo Satélite, valedeiro para a clasificación da FISTF.

Na xornada do sábado, disputouse a categoría de Veteráns, resultando vencedor o grego Ioannis Kakavas (GRD Tires). Tamén se disputou a categoría Open, na que Luis López (Tiburones FM) non deu opción ós seus rivais. No torneo de consolación José María Feijoo (Moralzarzal SC), foi que se levou o gato á auga.

O domingo, tivo lugar un novo torneo na categoría open, volvendo Luis López (Tiburones FM) a acadar o triunfo. Na consolación, Isaac García (Moralzarzal SC) foi o vencedor.

Máis información na web da AEFM.

V Open Internacional de Estepa (Sevilla)


Os pasados 1 e 2 de outubro, celebrouse unha nova edición do Open Internacional de Estepa (Sevilla), nas instalacións do Centro de Interpretación Los Tajillos de Estepa. Perto de 100 xogadores y 18 equipos de parte de Europa e de varios lugares de España, fixeron que a participación fora todo un éxito. Os resultados foron os seguintes:

Open: O italiano Gerardo Patruno (Bologna Tigers) derrotou o español David González ( Eagles Napoli)

Veteráns: O austríaco Günther Bamberzky fíxose coa victoria ante o belga Pascal Scheen (Stembert)

Sub 19: Antonio Jesus Casín (Tiburones FM) derrotou ó portugués Afonso Pereira (GRD Tires - Lisboa)

Sub 15: Vasco Henriques (JCS Castanheria) derrotou ó gibraltareño Niall Dean (Gibraltar TFA)

Equipos: O Tuburones FM (españa) derrotou por 2-1 o Wiener Neudstat (Austria)

Máis información na web da AEFM

Resultados Mundial 2016



Os pasados 3 e 4 de setembro, celebrouse en Frameries (Bélxica), unha nova edición do mundial de Fútbol de Mesa. Como ven sendo habitual, a "vermelliña" obtivo uns bos resultado, con varios postos de semifinalistas e dous subcampionatos.

Os resultados nas distintas categorías foron os seguintes:

INDIVIDUAIS:

Open: Wolfrang Leitner (Austria) 2 - Luca Colangelo (Italia) 1

Veteráns: Massimo Cremona (Malta) 2 - Gianfranco Calonico (Italia) 6

Feminina: Victoria Büsing (Alemania) 0 - Carolina Villarigues (Portugal) 3

Sub 19: Matteo Ciccarelli (Italia) 3 - Nicola Borgo (Italia) 0

Sub 15: Leonardo Guidice (Italia) 3 - Claudio La Torre (Italia) 2

Sub 12: Kristian Silagiev (España) 2 - Giorgio Giudice (Italia) 3


EQUIPOS:

Open: España 0 - Italia 4

Veteráns: Bélxica 1 - Italia 3

Feminina: Bélxica 2 - Italia 2 (campión Bélxica por diferencia de goles)

Sub 19: Alemania 1- Bélxica 2

Sub 15: Italia 3 - Austria 0

Sub 12: Italia 3 - Bélxica 0

Podedes ver os resultados completos na web oficial