Visitas

mércores, 22 de febreiro de 2017

Outra oportunidade para o Fútbol de Mesa en Galicia


Coa entrada de Subbuteo Galicia na asociación de animación sociocultural e turística A Ila dos Ratos de Cangas do Morrazo, ábrese unha nova etapa para o Fútbol de Mesa en Galicia, xa que o Subbuteo, pasará a ser unha das actividades ofertadas pola asociación. Próximamente comezarán as actividades, das cales manterémosvos informados.

Resultados XXXIV Campionato de España de Fútbol de Mesa

A pasada fin de semana, disputouse en Haro (La Rioja), unha nova edición do Campionato de España de Fútbol de Mesa, e xa van 34.
Nun marco incomparable, o campionato estivo á altura, e non decepcionou a ninguén.
O sábado disputáronse as categorías individuais, siendo os triunfadores Raul Benita (Bologna Tigers) en categoría Open, Juan Carlos Granados (CAP Murcia) en categoría veteráns e Carlos Pinto (SC Móstoles) en categoría Sub-12.
O domingo tivo lugar a competición por equipos, onde unha vez máis, o Tiburones FM, fíxose con triunfo.
Mais información na web da AEFM.

sábado, 18 de febreiro de 2017

XXXIV Campionato de España de Fútbol de Mesa


Esta fin de semana, disputase en Haro (La Rioja), o 34° Campionato de España de Fútbol de Meda. Sorte a tódolos participantes!!