Visitas

mércores, 28 de marzo de 2018

A "gaivota" que volou sobre Balaídos: Catanha

Houbo un xogador de principios do século XXI, que calou e moito no corazón dos seguidores celestes, un rapaz brasileiro, que xogou e destacou como dianteiro no Málaga; Catanha. Chegou ó Celta  na tempada 2000-01, sendo a fichaxe máis cara do momento do clube vigués. A súa carácterística celebración dos goles, movendo os brazos ao xeito dun paxaro, levou a que fora apodado como "A Gaivota".  Dende aquí, queremos facerlle unha pequeña homenaxe, vestindo a segunda equipación do R. C. Celta de Vigo da tempada 2001-02. Coma sempre, totalmente pintado a man.






Unha bufanda, duas pasións

Unha das cousas que veño buscando dende fai tempo, é unir as miñas dúas pasións: o Subbuteo e o Real Club Celta de Vigo. A través da rede e das propias figuras que vou creando, estou conseguindo pezas de Subbuteo relacionadas co Celta, pero quería algo máis., achegar ó Subbuteo ó Estadio de Balaídos. Qué mellor xeito de conseguilo, que cunha bufanda exclusiva que une a razón de ser deste blog, o Subbuteo, e unhas cores e un sentimeno, o R.C. Celta de Vigo. Agardemos que vos guste.



Chiellini, o guerreiro italiano

A primeira incursión en equipos extranxeiros, ten un por qué, e a ocasión o merecía. Subbuteo Galicia vai ser parte como modesto colaborador, do  "6ª Torneo Luci d'artista del Subbuteo", organizado polo Old Subbuteo Club Salerno Forever e que se celebrará na localidade italiana de Salerno no mes de decembro. A forma de colaborar, non podía ser outra que aportando unha figuriña, e que mellor xeito, que representando a un dos xogadores da selección italiana que formaron parte da Eurocopa de 2016, Giorgio Chiellini, vestindo a segunda equipación. Agardemos que guste por terras italianas. Totalmente pintado a man.



venres, 16 de marzo de 2018

A SD Bande e o Verin CF, volven ter cabida no Subbuteo

Novas figuriñas da SD Bande e do Verin CF. Parece que estes dous equipos da provincia de Ourense, están a coller forza no mundo do Subbuteo. Dende Subbuteo Galicia, apoiamos ó fútbol modesto. Totalmente pintadas a man.







Figuriña de Subbuteo do Pabellón CF Ourense

Outra figuriña recén saida do forno, deta vez, do Pabellón CF de Ourense, un clube modesto da cidade das Burgas, do que van saindo xogadores que van nutrindo o resto de clubes da provincia. Pintada totalmente a man.





Figuriña de Subbuteo ACD A Seca

Xa está lista unha nova figurña. Desta vez, outro equipo modesto, en concreto, o equipo ACD A Seca de Pontevedra infantil, un equipo que está dentro do convenio de colaboración do Atlético de Madrid. Pintado totalmente a man.



 

sábado, 3 de marzo de 2018

Ruben Blanco, futuro celeste

Outra nova figuriña do Real Club Celta de Vigo recén saída do forno. Desta vez, Ruben Blanco, presente e futuro da portería celeste, que está a coller o seu posto e agardemos que mostre todo o que se espera del. Un rapaz da canteira que xa debutou en Europa League, e prescisamente esa foi a euipación elexida para representalo, máis concretamente, coa equipación usada no partido fronte o Ajax no Amsterdam Arena, na fase de grupos da Europa League 2016-2017. Totalmente pintada a man.




Fernado Torres "el niño" (Atl. de Madrid)

Voltamos a presentar unha nova figuriña dun equipo de fora de Galicia, a non podia ser outro que Fernando Torres "el niño", xogador do Atlético de Madrid e que ten certo vencellamento con terras galegas. Un xogador carismático para o clube madrileño, que deu moito ós seus afeccionados. A equipación elexida para representalo, foi a do centenario do Atlético, da tempada 2003-2004. Podedes observala in situ, na cervecería The Clover, en Cangas do Morrazo. Coma sempre, pintada a man.