Visitas

sábado, 5 de maio de 2018

Homenaxe ó EuroCelta do Toto Berizzo

A última adquisición de Subbuteo Galicia non é outra, que unha homenaxe a un dos adestradores máis carismáticos e queridos polo celtismo, o Toto Berizzo. Que mellor maneira, que con esta réplica do banquiño do Real Club Celta de Vigo na Europa League na tempada 2016-17. Traballo espectacular de Subbuteo Next.






As figuriñas chegan ós protagonistas

Gracias á inestimable colaboración de "celtavigocollector", que encargou dúas das figuriñas a un servidor, podemos ver como esas pequenas obras chegaron ós seus protagonistas, concretamente Lobotka e Andreu Fontás. Para min, é un orgullo ver como o meu traballo é valorado e ainda máis, cando os propios xogadores o reciben como agasallo. Con estes dous, xa van catro xogadores do Real Club Celta de Vigo que teñen en propiedade algunha das miñas figuriñas (anteriormente xa lle chegou a Borja Iglesias e a Javier Maté), co que un dos obxetivos deste blog, dar a coñecer o Subbuteo, vaise conseguindo pouco a pouco. Un pracer compartir as imaxes dos xogadores coa súa réplica.

Fontás coa sua réplica (Foto: Andreu Fontás) 

Lobotka coa súa réplica (Foto: celtavigocollector)

Michael Jordan, o rei da NBA

Michael Jordan é un dos xogadores máis carismáticos que pisaron as canchas da NBA. Debutou cos Chicago Bulls en 1985, onde xogou ata 1998. Retirouse fefinitivamente en 2003, despois de xogar duas tempadas nos Washington Wizards. Sempe será lembrado polos seus espectaculares mates e a súa capacidade anotadora, promediando aproximadamente 30 puntos por partido en tódalas tempadas. Dende aquí, queremos facerlle unha minúscula homenaxe, e lembrar que non só pensamos no fútbol, tame´n teñen cabidas outros deportes, neste caso, o baloncesto. Pintada totalmente a man.





Lobotka, o pequeno gran home

Stanislav Lobotka, fichou polo Real Club Celta de Vigo despois de facer un gran europeo Sub-21 coa selección eslovaca. Chegou sen facer ruido, coa idea de que fora un ano de adaptación, para explotar na temporada seguinte. Pero non sucederon as cousas como se plantexaron, xa que Lobotka demostrou con creces o por qué da súa fichaxe e amosou unha calidade e saber estar no terreo de xogo equiparable á dos grandes xogadores. Agardemos que permaneza no equipo por moitos anos, e dende aquí, facemos a nosa pequena homenaxe coa equipación do Celta da tempada 2017-18. Pintada totalmente a man.






Pazzini, debut e gol

Novamente, facemos unha figuriña dun xogador da seleccion italiana, neste caso a de Giampaolo Pazzini. Xogou en equipos da talla da Fiorentina, AC Milan, Inter de Milan ou Sampdoria e actualmente limita no Levante UD de Valencia. Debutou coa selección italiana en 2009, no partido de clasificación para o mundial de Sudáfrica 2010 que enfrontou a Montenegro e Italia, co resultado final de 0-2 para os italianos, a marcando o segundo tanto. Poucos xogadores poden ter o privilexio de marcar no seu debut coa selección nacional, pero aquí temos un exemplo claro. Coma sempre, pintada totalmente a man.