Visitas

martes, 30 de outubro de 2018

A Champions League de Subbuteo en Radio Marca Vigo


Novamente Radio Marca Vigo fíxose eco do Subbuteo con motivo da celebración da Champions League de Subbuteo en Mallorca, entrevistando ó xogador galego que participou na mesma. Podedes oir a entrevista no enlace de Radio Marca Vigo (a partir do 1:47:00).

Champions League 2018 - Mallorca



Esta fin de semana disputouse a Champions League de Subbuteo na localidade de Llucmajor (Mallorca). Participaron un total de 24 equipos, dos que 5 eran españois: AFT Turia 1981 (Valencia), Mostoles S.C., CAP Murcia, Tiburones FM (Málaga) e Mallorca Águilas. Ademáis, este ano, a Champios League tivo participación galega da man do AFT Turia 1981, que contou nas súas filas co vigués S.R. Escudero.
Na xornada do sábado disputouse a fase de grupos, mentras que o domingu disputouse a fase final do torneo. Os equipos españois correron diversa sorte. Mentres AFT Turia 1981, Mótoles S.C. e Mallorca Águilas non pasaron da fase de grupos, CAP Murcia e Tiburones FM deron un pouco máis de guerra.

Aspecto que presentaba o pabillón de Llucmajor

O equipo vencedor da Champios foi, como se prevía en tódalas quinielas, o Reggio Emilia (Italia), que derrotou na final ó Napoli Fighters (Italia), acadando así a súa cuarta Champions League consecutiva.

Reggio Emilia celebrando o título

Os españois quedaron nos seguintes postos:

8º - Tiburones FM
14º - CAP Murcia
18º - AFT Turia 1981
21º - Mallorca Águilas
24º - Mostoles S.C.

Equipo do AFT Turia 1981 co galego S.R. Escudero nas súas filas

S.R. Escudero nun lance do partido do AFT Turia 1981 vs CCT Black & Blue Pisa (Italia)


Máis información na web da FISTF.

xoves, 18 de outubro de 2018

IGP de España 2018 - Estepa


Os pasados 6 e 7 de outubro, celebrouse unha nova edición do IGP de España na localidade sevillana de Estepa. Os campións de cada categoría foron os seguintes:

OPEN

Juan Noguera ( FIAMME AZZURRE)

VETERÁNS

Vicenç Prats (TIBURONES FM)

U15

Carlos Pinto (SC MÓSTOLES)

U12

Alex Iliev (FT TURIA 1981)

FÉMINAS

Carolina Villarigues ( OS BELENENSES)

CONSOLACIÓN

Juan Carlos Granados ( CAP MURCIA) venció a Niall Dean del EUROPA FC

EQUIPOS

1º TIBURONES FM

Podedes obter máis información na web da AEFM.

martes, 16 de outubro de 2018

Radio Vigo (Cadena SER) fala de Subbuteo



Novamente tivemos a oportunidade de ver como o Subbuteo faise eco nos medios radiofónicos vigueses, despois de que Radio Vigo entrevistara a Santiago R. Escudero (AFT Turia 1981) con motivo da próxima edición da Champions League de Fútbol de Mesa. Sempre é un pracer dar voz ao noso pequeno deporte para darlle a maior difusión posible na nosa terra. Podedes escoitar a entrevista na web de Radio Vigo.

Vicente, un capitán eterno

Como resultado do intercambio de figuriñas cun artista italiano xa comentado, chegou as nosas mans unha auténtica xoia, a réplica de Vicente coa equipación do Real Club Celta da final de Copa de 1994 no Vicente Calderón. Un traballo espectacular que sirve coma homenaxe a ese equipo que nos fixo soñar co imposible. E si, está totlamente pintado a man.




Pape Cheikh, o canteirán emigrado

Fai un par de meses, tivemos a oportunidade de pintar a Pape Cheikh coa equipación do Real Clube Celta de Vigo 2015-16. Pape xogou no primeiro equipo do Celta cuallando unha tempada máis que notable tendo en conta os minutos dos que disfrutou, o qe ficho que a liga francesa se fixara en el, en concreto o Olympique de Lyonnais, equipo no que limita actualmente e co que xa debutou na Champions League. Pintado totalmente a man.




Os cachorros do Alondras dan vida ó pincel

Un novo "cachorro" do Alondras F.C. volve ser representado nunha figuriña de Subbuteo. Desta vez, un rapaz coa equipación da tempada 2018-19. Totalmente pintada a man.




Vidal, o rei da Juventus

Nun intercambio de figuriñas cun artista italiano, escollemos pintar a Vidal coa equipación da Juventus 2014-15, por ser o seu xogador favorito e o equipo dos seus amores. Un Vidal que destacou na Juventus e por iso acabou fichando posteriormente polo Bayern de Munich, sendo peza chave, e neste mercado veraniego chegou ó F.C. Barcelona. Unha figuriña totalmente pintada a man, que xa está no seu novo fogar en Italia...






Fran Beltrán, un "galego" máis

Presentámosvos a unha das novas fichaxes do Real Club Celta de Vigo de cara a tempada 2018-19, Fran Beltrán. Un rapaz que chegou sen facer ruido, pero que está a demostrar que ten unhas cualidades incribles para o fútbol. E non só se está a gañar ó cariño do público polo seu bo xogo, tamén por cousas tan sinxelas como adaptarse a onde vive e tratar de falar o noso idioma. Un pequeno xesto que fai a este rapaz ser moi grande. Representámolo coa segunda equipación da presente tempada. Coma sempre, pintado a man...