Visitas

domingo, 25 de novembro de 2018

RADIO MARCA volve falar de Subbuteo



A emisora de radio a nivel nacional, Radio Marca, falou o pasado 21/11/2018 de Subbuteo co galego Santi R. Escudero. Novamente a emisora deportiva faise eco do noso deporte ainda que dando un paso máis, xa que o feito de que fora emitido a nivel nacional, dentro do programa Marcador, supón un impulso máis grande e unha gran publicidade.

Podedes escoitr a entrevista completa na web de Radio Marca.

venres, 16 de novembro de 2018

Real Club Celta de Vigo - UEFA 1971

Queremos amosarvos o equipo co que o galego Santi R. Escudero xogou os seus partidos na recente edición da Champions League de Fútbol de Mesa disputada en Mallorca o pasado mes de outubro. Non e outro que a réplica do primeira aliñaciñon do Real Club Celta de Vigo que xogou un partido de Copa da UEFA lonxe de Vigo, en concreto en Aberdeen (Escocia), na que foi derrotado por 1-0 polo equipo local.. A aliñación inicial dese partido foi a seguinte:

1- Alarcia
2- Pedrito
3- Navarro
4- Manolo
5- Rivas
6- Dominguez
7- Lezcano
8- Juan
9- Rodilla
10- Almagro
11- Suco

Agradecemos a @yojuguecelta e @celtahistoria a súa colaboración.