Visitas

luns, 7 de xaneiro de 2019

Nacho, un grande da S.D. Compostela

Houbo un tempo no que a S.D. Compostela xogou na primeira división española, codeándose cos grandes da categoría e collendo o liderato da táboa clasificadora nalgunha ocasión. Un dos xogadores emblemáticos daquel equipo, era Jose Ignacio Fernández "Nacho". Chegou ó Compos despois de deixar ó Celta, e viviu o ascenso a primeira división do equipo santiagués así como a época dourada do clube, incluso o descensos a segunda e segunda B que remataron coa desaparición do clube tal e como se coñecía. Nacho foi un dos xogadores chave daquel equipo, incluso estivo a piques de ser chamado pola selección española, feito que non se produciu aparentemente depois dunhas declaracións nas que afirmaba que non era a súa motivación principal xogar no equipo nacional (sempre según o que se indica nos recortes de prensa). 
Con esta figuriña, facemos unha merecidísima homenaxe a aquel equipo e a un xogador cos pes na terra, cousa que non se ve moito hoxe en día. Representámolo coa equipación da tempada 1995-96. Totalmente pintado a man.




Hugo Mallo, o capitán

Cando falamos dun xogador con galóns no banquiño celeste, non podemos esquencer a Hugo Mallo. Formado na canteira do celta, é unha das pezas chave do equipo celeste. O de Marín, acadou a capitanía celeste, e xa van en torno a unha centena de partidos disputados con esta "distinción". Un xogador moi regular, e con clase suficiente para chegar á selección española. Pintado totalmente a man.




Brais Méndez, a perla celeste

Brais Mendez, está a ser un dos xogadores revelación desta tempada no Real Club Celta de Vigo. Un xogador da canteira celeste, que debutou con gol na Selección Española e está a facer unha campaña digna dun s"úper-crack". Foi representado coa segunda equipación da presente tempada. Totalmente pintado a man.




Iriome, do C.D. Lugo, asina a figuriña

Unha nova figuriña da nosa "colleita", foi asinada polo xogador representado, neste caso, Iriome, do C. D. Lugo. Un placer ver as nosas figuriñas nas mans dos protagonistas.