Visitas

mércores, 6 de marzo de 2019

O Subbuteo na mostra "Valor e mestría: Galicia como fútbol"

O pasado 15 de febreiro, inaugurouse en Santiago de Compostela e mais concretamente na Cidade da Cultura, a exposición "Valor e mestría: Galicia como fútbol", que recorre a historia do fútbol galego dende as súa chegada a fináis do século XIX ata a actualidade, a través de perto de 300 pezas aportadas tanto por distintos clubes de fútbol e institucións, como por particulares. Dentro da exposición, hai un pequeno apartado adicado ó futbol a través dos afeccionados, onde ten a súa representación o Subbuteo, a través das distintas pezas aportadas:

- 1 equipo do Racing de Ferrol
- 1 equipo da Seleccion Gallega
- 1 equipo do Celta de Vigo
- 1 cadro de equipacións históricas do Celta de Vigo
- 1 figuriña de Iago Aspas (mundial 2018)
- 1 figuriña del CD Lugo 2016-17
- 1 figuriña de Fran (Deportivo 1995)
- 1 figuriña de Nacho (Compostela 1996)
- 1 campo de Subbuteo








Unha exposición que vale moito a pena visitar, na que hai pezas incribles, como a primeira camisola que vestiu un porteiro do Deportivo, o balon de ouro do coruñes Luis Suarez, camisetas do Pontevedra da época do "hai que roelo", pezas do Celta de Vigo, do Racing de Ferrol, do Ourense, do C.D. Lugo... Unha montaxe moi visual, perfectamente organizada da man dos comisarios da mesma, Xosé Antón Castro Fernéndez e Rubén Ventureira Novo.

Aproveitando a inauguración da mostra, puidemos entregarlle a Vero Boquete a súa réplica de Subbuteo.


É unha honra poder colaborar con esta ambiciosa exposición e darlle visibilidade o noso pequeno deporte.

Vero Boquete, unha futbolista dos pes á cabeza

Cando falamos de fútbol, sempre se nos vai a cabeza ó fútbol das grandes ligas: a primeira división, a premier league, a bundesliga, a serie "A"... Pero o fútbol é moito máis que unhas cantas ligas de máximo nivel. O fútbol é paixón, é sentimento, é corazón, son unhas cores que vestir... O fútbol de verdade vívese nos campos "pequenos", nas ligas "inferiores", nas que o diñeiro deixa de ser o gran dono deste apaixoante deporte. Hoxe en día, estamos a ver como hai "outro fútbol" que chama á porta con forza para tirar con ela (emulando as verbas do Toto Berizzo) e ven para quedarse: o fútbol feminino.
O fútbol feminino está a colleitar éxitos ata fai uns anos impensables, e a máxima expoñente non pode ser outra que a santiaguesa Vero Boquete. A xogadora galega, conta con grandes éxitos ó longo da súa extensa carreira: 2 Copas da Raíña co Espanyol, 1 Liga Sueca co Tyresö FF, unha Champions League co FFC Frankfurt, unha Bundesliga co Bayern... Unha trotamundos do fútbol que acaba de incorporarse ás filas do Utah Royals FC estadounidense.
É por isto, que non podiamos deixar pasar por alto ó fútbol feminino, e por iso decidimos facerlle unha pequena homenaxe a modo de réplica en figuriña de Subbuteo coa equipación do Espanyol do 2010, tarefa complicada xa que non hai no mercado figuriñas femininas, co que houbo que adaptar unha masculina. Aquí o resultado, agardando que vos guste.