Visitas

sábado, 7 de novembro de 2009

Sorteo dos grupos da FISTF Europa Cup 2009

Xa temos os emparellamentos da fase de grupos da FISTF Europa Cup 2009 de Tournai (Bélxica):

Grupo A
TFC Mattersburg (Austria), North East TFA (Inglaterra), Eagles Napoli (Italia), ACS Perugia 1973 (Italia), SC Stembert (Bélxixa), SC Charleroi (Béxica), SC Madrid Total Soccer (España), FTC Issy-les-Moulineaux (Francia).
Grupo B
Stella Artois Milano (Italia), Bologna Tigers Subbuteo (Italia), Brussels SC (Bélxica), AS Hennuyer (Bélxica), TSC Falcons Athens (Grecia), TFC Wiener Neustadt (Austria), TSG Rain (Alemaña), TSPA White Star (Inglaterra).
Grupo C
CCT Black & Blue Pisa (Italia), Pireas Lions (Grecia), SC Verviers Herve (Bélxica), SC Temploux (Bélxica), TSC Royal 78 Kaisermühlen (Austria), TSL Dortmund 61 (Alemaña), English Premier League (Inglaterra), Real Murcia (España).
Grupo D
ASD Reggio Emilia (Italia), Olympia CS (Grecia), Sparta Spreeathen 74/82 (Alemaña), JSC Rochefort (Bélxica), Cardiff Bluebirds San Siro (Gales), Hamrun TFC (Malta), FTC Le Raincy (Francia), SMV Delft (Holanda).

Difícil papeleta para os dous equipos españois, pero seguro que daran todo o posible para acadar uns bos resultados.

Déixovos tamén o enlace ó video promocional do evento:

xoves, 5 de novembro de 2009

SUBBUTEO GALICIA: UN ANO INFORMANDO

Xa vai un ano dende que iniciamos a andaina deste blog. Esto non poderia ser posible sen todos os que estades detrás, seguindo tódolos días as novas que se publican sobre o Fútbol de Mesa. Agardamos que esta aventura dure moito máis, co soño de, algún día non moi lonxano, contar que temos na terra un clube que nos represente en competicións nacionais e internacionais.

mércores, 4 de novembro de 2009

Chega a Champions!!


¡Xa era hora! Esta fin de semana, días 7 e 8 de novembro, celebrarase na localidade belga de Tournai, a FISTF European Cup, a Champions League do Fútbol de Mesa. É sen lugar a dúbidas, o torneo máis importante a nivel de clubes. A lista definitiva de clubes participantes é a seguinte:

TFC Mattersburg (Austria)
TFC Wiener Neustadt (Austria)
TSC Royal 78 Kaisermühlen(Austria)
SC Stembert (Bélxica)
AS Hennuyer (Bélxica)
SC Charleroi (Bélxica)
JSC Rochefort (Bélxica)
SC Temploux (Bélxica)
Brussels SC (Bélxica)
English Premier League (Inglaterra)
North East Table Football Alliance (Inglaterra)
TSPA White Star (Inglaterra)
Sparta Spreeathen 74/82 (Alemaña)
TSL Dortmund 61 (Alemaña)
TSG Rain (ALemaña)
Stella Artois Milano (Italia)
ASD Reggio Emilia (Italia)
CCT Black & Blue Pisa (Italia)
Bologna Tigers Subbuteo (Italia)
ACS Peruggia 1973 (Italia)
Eagles Napoli (Italia)
Cardiff Bluebirds San Siro (Gales)
Real Murcia (España)
Subbuteo Club Madrid Total Soccer (España)

SMV Delft (Holanda)
TSC Falcons Athens (Grecia)
Pireas Lions (Grecia)
Olympia SC (Grecia)
FTC Issy-Les-Moulineaux (Francia)
FTC Le Raincy (Francia)
Hamrun TFC (Malta)

Como xa dixéramos noutra ocasión, este ano só representaran a España dous equipos, o Real Murcia e o SC Madrid Total Soccer, tra-la renuncia do AFT Turia 1981 (Valencia). O Real Murcia partirá entre o grupo de favoritos despois da gran actuación do ano pasado, onde acadou a final. O SC Madrid Total Soccer, tentará mellorar o papel do ano pasado e seguir collendo rodaxe no panorama internacional, e coido que coas fichases desta tempada, pode conseguilo.

Aparentemente os equipos favoritos son coma sempre os italianos, xa que calquera deles ten equipo suficiente como para dar un disgusto a máis de un. Sen embargo, non podemos descartar grandes equipos coma o TFC Mattersburg (Austria) ou o TSC Falcons Athens (Grecia). Ollo tamén os equipos belgas, xa que xogar na casa pode darlles folgos e algún deles pode convertirse na revelación do torneo.

Manterémosvos informados de tódolo que suceda no campionato. Máis información en http://tournai2009.blogspot.com.

sábado, 31 de outubro de 2009

Subbuteo Galicia no Facebook

Dende hoxe, está disponible no Facebook o grupo de Subbuteo Galicia. O gupo é aberto a todo o mundo e a súa función é a mesma que a deste blog, e dicir, fomenta-lo Fútbol de Mesa en Galicia. Espero que sexa do voso agrado. Unha aperta.

venres, 30 de outubro de 2009

Unha modalidade curiosa: Fútbol Praia de Mesa

Unha himaxe do terreo de xogo con tódolos detalles ( Foto: Felix Ball)

O Fútbol de Mesa non ten límite. A mostra é esta nova modalidade: o Fútbol Praia de Mesa. Si, como estades a ler, o dinámico e complicado Fútbol Praia, xa se pode xogar en miniatura. Para obter máis información sobre esta modalidade, visitade http://www.tablebeachsoccer.org/, ou tamén no Facebook podedes unirvos ó grupo que se creou no mesmo.

xoves, 29 de outubro de 2009

Faleceu o pai de Juan Carlos Granados

Lamentamos dar estas novas, pero é o que toca no día de hoxe. Faleceu o pai do xogador do Real Murcia, Juan Carlos Granados. Dende Subbuteo Galicia, queremos expresar o noso máis sincero pésame e darlle todos os ánimos posibles a Juan Carlos e tódala súa familia.

luns, 26 de outubro de 2009

1ª Liga Galega de Fútbol Chapas - Ourense 2009-2010


Esta noticia é do máis interesante que aconteceu na nosa comunidade no que ó fútbol en miniatura se refire, onns últimos anos. Ainda que o Fútbol Chapas, pouco ten que ver con Fútbol de Mesa (en canto a material utilizado, reglas de xogo, etc...), a verdade e que é unha gran noticia que aparezan, no panorama galego este tipo de movementos. Pode ser sen dúbida, unha gran axuda para o Fútbol de Mesa na nosa comunidade, porque ó fin o cabo, as dúas actividades poden ir da man, e máis se temos en conta o escaso número de xogadores que hai en ámbalas dúas disciplinas. Dende aquí, queremos mostrar o noso apoio a esta "1ª Liga Galega de Fútbol Chapas" e agardar, que, por que non, algún se interese polo Fútbol de Mesa. Máis información en http://chapasourense.blogspot.com.

Real Soccer xa ten páxina web


Real Soccer, o novo producto que vai sair ó mercado oficialmente na FISTF Europa Cup 2009, xa ten sitio web no que poder obter máis información: http://www.realsoccer.be/.

FISTF Europa Cup 2009


Xa estamos moi perto da disputa da FISTF Europa Cup, que este ano se celebrará na localidade belga de Tournai, os días 7 e 8 de novembro. A so dúas semanas do comezo da competición, o cadro de equipos españois a participar non está moi claro. Segura é a participación do S.C. Madrid Total Soccer, asi como do Real Murcia. O Tirurones FM parece que finalmente non participará, e nos queda a dúbida do AFT Turia 1981, que de asistir, poderia contar coa participación do galego Santi R. Escudero. Veremos o que pasa nos próximos días, xa que o prazo para a inscripción de equipos e xogadores remata o vindeiro 2 de novembro.
ULTIMA HORA: Confírmase a NON participación do equipo valenciano AFT Turia 1981,co cal non poderemos ver o xogador galego debutando na competición europea. Unha mágoa a ausencia do equipo valenciano, pero agardemos que os demáis representantes españois realicen un bo traballo. Atentos porque en canto esté publicada a lista definitiva de equipos participantes será colgada no blog.

mércores, 14 de outubro de 2009

Real Soccer: novas bases feitas en Bélxica

Unha boa nova para o Fútbol de Mesa, nesete caso da man de Real Soccer. Real Soccer, entra no mercado de material, apostando pola fabricación de bases profesionais para competición. Según as informacións obtidas, din que o "toque" é similar ó das EW e a un precio máis que asequible: 40 € por 12 bases. Agardemos as opinións de tódolos que consigan probar as novas bases, xa que se son coma prometen, poden dar moito xogo. Para tódolos interesados en preguntar ou adquirir este material poden dirixirse a titigiaux@yahoo.fr. Benvidos REAL SOCCER!!