Xa está dispoñible o blog da Liga Española de Fútbol de Mesa. Neste blog, poderemos atopar tódala información sobre os clubes participantes, asi como o desarrollo da competición.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
xoves, 18 de marzo de 2010
venres, 12 de marzo de 2010
Universal Bases
Unha gran gama de cores a escoller (Giuliano Gazzoldi)
Aparecen a escena unhas novas bases para o Fútbol de Mesa. Cunha estética realmente fantástica, non só polas cores (unha gran variedade e totalmente distintas as que ata agora estabamos afeitos), se non pola forma (moi semellante as ¿EW?), de seguro que poden dar moita guerra nos vindeiros torneos. Para máis información entrar no grupo do Facebook: http://www.facebook.com/group.php?v=info&gid=397022157424.
Así quedan coas figuriñas nunha réplica do Alessandria (Luca Rajna)
xoves, 11 de marzo de 2010
"Exhibición" de Fútbol de Mesa en Ourense
O que anunciabamos hai uns días, hoxe xa está máis que concretado e preparado. Os vindeiros 29 e 30 de Marzo, celebrarase na Casa da Xuventude da cidade das Burgas (Ourense), o "Campionato Semana Santa 2010" de Fútbol Chapas. O horario será de 16:30 a 19:30 ámbolos dous días. Así mesmo, haberá unha "exhibición" de Fútbol de Mesa (Subbuteo), para que todos aqueles interesados poidan ver e aprender como se xoga.
Ademáis, podemos confirmar tamén, a colaboración de Total Soccer, a quen lle agradecemos a súa implicación coa actividade.
Agardamos a vosa asistencia!!
Ademáis, podemos confirmar tamén, a colaboración de Total Soccer, a quen lle agradecemos a súa implicación coa actividade.
Agardamos a vosa asistencia!!
sábado, 6 de marzo de 2010
Major de Mons 2010
Un instante do torneo (Vincent Coppellone)
Estase a disputar na localidade belga de Mons, o torneo internacional Major de Mons, coa participación dos equipos españois Real Murcia e Tiburones FM. Os primeiros foron elimninados nos barrages polo SC Stembert "B", mentres que o Tiburones foi derrotado polo CCT Eagles Napoli "A", nos cuartos de final. O vencedor final por equipos foi o CCT Eagles Napoli "A", que derrotou na final ó TFC Mattersburg por diferencia de goles (8-6), despois de que o partido remataran cun empate 2-2.
Noraboa o equipo malagueño por esta gran actuación nun dos torneos de máis solera no panorama internacional.
Na categoría OPEN, o vencedor foi o murciano Carlos Flores (Reggio Emilia), tras derrotar na final ó italiano Massimo Bolognino (Eagles Napoli) por 4-2. Noraboa ó xogador español polo seu éxito.
Outro xogador murciano, Ivan Romera, alzouse co título na categoría SUB-19, despois de gañar a final 1-0 ó holandés Van Os (MVV Rijnmond). Parabéns rapaz!
Outro xogador murciano, Ivan Romera, alzouse co título na categoría SUB-19, despois de gañar a final 1-0 ó holandés Van Os (MVV Rijnmond). Parabéns rapaz!
venres, 5 de marzo de 2010
1ª Liga Española de Fútbol de Mesa A.F.M.
Os días 27 e 28 de Marzo, celebrarase cidade de Murcia, no Pazo dos Deportes, a primeira volta da "1ª Liga Española de Fútbol de Mesa A.F.M.". Os equipos participantes serán sete: Real Murcia, AFT Turia 1981, S.C. Madrid Total Soccer, Tiburones FM, Mallorca Aguilas FM, Barcelona FT e Gibraltar TSA. Os ollos dos galegos, estarán postos no equipo valenciano AFT Turia 1981, que conta con dous xogadores da nosa terra nas súas filas, e tratarán de facerlle oposición o todopoderoso Real Murcia, a priori o favorito para o titulo. Tódala informaciñon sobre a competición, asi como o calendario, pode consultarse na web da AFM no seguinte enlace: http://www.futboldemesa.com/index.php?option=com_content&view=article&id=238:calendario-ida-liga-espanola-de-futbol-de-mesa-por-equipos-afm.
Colaboración Fútbol Chapas - Fútbol de Mesa
O que se estaba a fraguar nas últimas semanas xa se pode confirmar. O Fútbol de Mesa, foi convidado a participar no "1º Torneo de Fúbol Chapas - Semana Santa", coa intención de poder promocionase, os días 29 e 30 de Marzo, na cidade de Ourense. Agardemos que sexa todo un éxito e os dous xogos saian favorecidos desta colaboración. Máis información en http://chapasourense.blogspot.com/.
venres, 26 de febreiro de 2010
Subbuteo Galicia xa ten "logo"
O subbuteo galego xa ten un "logo" co que poder identificarse. Presentámosvos o "logo" de Subbuteo Calicia a partir de agora. Queremos agradecer a Milo a súa gran aportación e o seu traballo.
Agardamos que vos guste!! Opinade!!
sábado, 13 de febreiro de 2010
Resultados do Campionato de España
Xa temos tódolos resultados do Campionato de España de Fútbol de Mesa que se disputou esta fin de semana na localidade malagueña de Fuente de Piedra.
Un intre da final de veteráns entre Fernando Gómez (dereita) e Arturo Martínez (esquerda)
Na categoría de Veteráns, o vencedor foi Arturo Martínez (Perugia), despois de derrotar na final a Fernando Gómez (AFT Turia 1981) cun gol de ouro na prórroga.
Na categoría Open, non houbo sorpresas, e o vencedor foi o de sempre, Carlos Flores (Reggio Emilia), que derrotou na final a Ángel Valverde (Real Murcia), po un axustado 3-2.
Na categoría Sub-19, o vencedor foi Juan A.Moreno (Tiburones FM), mentres que o subcampeón foi Marcos Alvarez (Tiburones FM).
Na categoría Sub-15, o vencedor foi David González (Tiburones FM), sendo subcampión Javier Moreno (Tiburones FM).
Na categoría Sub-12 o campión foi Jesus Moreno (Tiburones FM), e o subcampión foi Kiko Gamito (Tiburones FM).
Arturo Martínez (esquerda) e Carlos Flores (dereita) co seu trofeo de campións
Máis información en http://www.futboldemesa.com/.
luns, 8 de febreiro de 2010
XXVII Campionato de España - Fuente de Piedra (Málaga)
Xa chega o gran día. O XXVII Campionato de España de Fútbol de Mesa vaise celebrar o vindeiro fin de semana (14 e 15 de Febreiro) na localidade malagueña de Fuente de Piedra. O Pavillón Municipal, será o recinto que acolla a proba.
A lista definitiva de participantes das distintas categorías é a seguinte:
Open: Carlos Flores (Reggio Emilia), Alberto Mateos (Real Murcia), Ángel Valverde (Real Murcia), Emilio Murciano (Real Murcia), M.A. Heredia (Real Murcia), Piero Capponi (S.C: Madrid Total Soccer), Antonio Montaño (Tiburones FM), Abraham G. Pacheco (La Flota), Francisco Javier Marcos (La Flota).
Veteráns: J.C. Granados (Real Murcia), Ferrán Coll (Tiburones FM), Arturo Martínez (Perugia), Manuel Clemares (AFT Turia 1981), Fernando Gómez (AFT Turia 1981), Luis F. Méndez (Tiburones FM), Luis D. López (S.C. Madrid Total Soccer), Paco Molina (S.C. Madris Total Soccer), Vicenç Prats (Warriors Torino), M. Aguirregabiria (S.C. Madrid Total Soccer), José Manzanero (S.C. Madrid Total Soccer).
Sub-19: Marcos Álvarez (Tiburones FM), Juan A. Moreno Pérez (Tiburones FM), Juan Mendoza Soto (Tiburones FM)
Sub-15: David González, Alvaro Torres, José Javier Torres, Miguel Reyes, Sergio Borrego, Francisco Amador, "Migue" Tejada, Javier Moreno, Juanjo González, Sebastián Martín, Ana Jiménez, Carlos Rodríguez (tódolos xogadores son do Tiburones FM).
_
_
Sub-12: Raúl Jiménez, Manuel Fernández, Fernando Aguilar, Antonio Jesús Ruiz, Antonio Olmedo, José Carlos González, José Antonio Mateos, José Antonio Muñoz, Kiko Gamito, Jesús Rodríguez, Antonio Manuel Caro, Alejandro Portillo, Jesús Moreno, Hilario Jiménez, José Borrego, Alberto Martín, Emilio Borrego, Jorge Jiménez (tódolos xogadores son do Tiburones FM).
Lamentablemente, outro ano máis, quedaremos sen a participación de xogadores galegos, algo que ven sendo habitual nos últimos torneos da AFM.
Moita sorte a todos.
mércores, 3 de febreiro de 2010
A web Vieiros faise eco do subbuteo
Eiqui tendes o enlace á páxina web de Vieiros, na que recentemente se fixo unha mención ó "Subbuteo", e en concreto a Subbuteo Galicia, o cal é un paso máis de cara a promoción do "Fútbol de Mesa" no noso país:
Gracias a Vieiros por lembrarse de nos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







