Visitas

sábado, 24 de abril de 2010

Resultados do I Torneo Nacional cidade de Llucmajor (Mallorca)

O Real Murcia proclamouse campión na categoria por equipos, sendo o subcampión o AFT Turia 1981. A final foi moi disputada, e só a diferencia de goles, decantou o torneo para o equipo murciano, xa que ó final do partido o resultado foi 1-1 (os murcianos marcaron un gol mais que os valencianos no cómputo global).
Na categoróa veteranos, a final entre os catalans Arturo Martinez (Perugia) e Vicenç Prats (Warriors Torino), decantouse para o "guerrero" Prats (4-2).
A categoría Open, foi para o de sempre, Carlos Flores (Reggiana), que gañou na final (que se leva repetindo nos últimos torneos) a Angel Valverde (Real Murcia) na prórroga (2-1).
Na categoria Sub-15, o vencedor foi Miguel López (Mallorca Aguilas FM), que derrotou na final a Sergio Fernandez (Mallorca Aguilas FM) por 2-0.

Aspecto das instalacións onde se celebrou o torneo (Foto: Mallorca Aguilas FM)

Foto de familia dos participantes do torneo (Foto: Mallorca Aguilas FM)

mércores, 14 de abril de 2010

"Escolinha de Futebol de Mesa" en Portugal

Da man de Luis Filipe Horta, chegan o blog "A Tribo do Pirapote" e a web "Escolinha de Futebol de Mesa". Nestas dúas páxinas, foméntase o Fútbol de Mesa no pais luso, e ademáis, unha delas está especialmente feita para promocionar as demostracións de "Subbuteo" que se faran periódicamente. Bravo por esta iniciativa!!

http://tribodopiparote.blogs.sapo.pt/

http://apsubbuteo.home.sapo.pt/EFM/home.html

Mallorca quenta motores



Xa queda menos para o esperaísimo torneo nas Illas Baleares, en concreto na localidade mallorquí de Llucmajor, os días 24 e 25 deAbril. O pavillón da citada localidade, acollerá o torneo, o cal será organizado polo clube local, o Mallorca Aguilas, ó que lle desexamos a maior das sortes.
Podedes obter toda a información sobre o mesmo en http://mallorcaaguilasfutbolmesa.blogspot.com/.

sábado, 10 de abril de 2010

O Mundial da FIFA chega no Total Soccer


Déixovos un enlace, no que poderedes ver os himnos dos distintos países que participarán no vindeiro Mundial da FIFA, representado coas figuriñas de Total Soccer. Agora so falta que os distintos packs i equipos invadan as estanterías das xogueterías para poder facer o noso mini-mundial!!

venres, 9 de abril de 2010

A FISTF troca a competición europea de clubes


A FISTF acaba de modificar a competiciaón europea de Clubes. Ata este ano, a Copa de Europa de CLubes, era o máximo trofeo co que se podia facer un club a nivel internacional. A partires da vindeira tempada, as cousas van trocar un pouco: créanse a Champions League e a Europa League. Os criterios para clasificarse para as mesmas, son similares os da UEFA Europa League e da UEFA Champions League, ainda que con algunha variación lóxica. Con isto, ábrense as portas da competición europea, a moitos equipos que polo de agora non tiñan opcións de acudir. Máis información en http://www.fistf.info/?q=node/139.

martes, 6 de abril de 2010

O xornal "La Voz de Galicia" faise eco da actividade de Ourense

Eiqui tendes o pequeno recorte de prensa que se publicou o día 30 de Marzo no xornal "La Voz de Galicia", e no que se fai referencia á actividade de Fútbol Chapas e Fútbol de Mesa, na sua edición en Ourense. A nova ten un erro, xa que Santi R. Escudero non é campión galego nin moito menos, simplemente é o único galego inscrito na AFM.


martes, 30 de marzo de 2010

Boa acollida do Fútbol de Mesa e do Fútbol Chapas en Ourense

As mellores expectativas cumpríronse na actividade conxunta entre o Fútbol Chapas e o Fútbol de Mesa que se celebrou en Ourense estes días (29 e 30 de Marzo). Como representante do Fútbol Chapas, estivo Millán Brea, organizador da actividade, e polo Fútbol de Mesa, estivo Santi R. Escudero (AFT Turia 1981).

Na primeira xornada, foron perto de 10 os nenos que se acecaron ata as instalacións da Casa da Xuventude da cidade de Ourense para disfrutar de ámbolos dous xogos.
O día seguinte, a sorpresa foi maiúscula, cando apareceron perto de 20 nenos, e o mellor de todo, e que algún chegaba para repetir a experiencia que xa vivira o día anterior. O interese mostrado polos dous xogos foi enorme, e as gañas e a emoción coa que cantaban os goles, era sinal de que estaban a pasalo en grande.
O local da Casa da Xuventude ateigado de nenos

Os nenos atendendo as explicacións de Santi R. Escudero

A Asociación Xuvenil "Amencer", foi a encargada de achegar a tódolos nenos ata a actividade, e foi agasallada, gracias a Total Soccer (o que novamente lle agradecemos a sua colaboración na actividade), cuns sets de xogo e uns equipos, para que os nenos podan seguir disfrutando do Fútbol de Mesa.

Os nenos e os monitores de "Amencer" con Santi R. Escudero e os agasallos de Total Soccer

NOTA: Por razóns de tipo legal, e tendo en conta como está o tema dos menores, este blog decidiu tapar, na medida do posible, as caras dos nenos.

domingo, 28 de marzo de 2010

Novo presidente da AFM

Aproveitando a celebración da primeira xornada da LEFM, celebrouse o Congreso Extraordinario da AFM, donde foi confirmado como presidente da mesma Piero Capponi, o único candidato oficial á mesma. Desexámoslle a maior das sortes nesta andaina.

Clasificación despois da primeira xornada da LEFM


Acaba de rematar a xornada de ida da LEFM, e salvo algunha sorpresa, os resultados e a clasificación foron os agardados. Así, o Real Murcia gañou tódoo seus partidos, sendo o AFT Turia 1981 o único que lle puido plantar cara, e o Barcelona FT, non foi que de sumar ningún punto no seu casilleiro. O equipo revelación, foi o Mallorca Aguilas, que foi quen de colocarse cuarto na clasificación, despois de derrotar contra todo pronóstico ó S.C. Madrid Total Soccer, que acusou a baixa de Maxim Aguirregabiria. Con todo, eiqui está a clasificación xeral:

1- Real Murcia....................................18 ptos
2- AFT Turia 1981...............................15 ptos
3- Tirubones FM..................................12 ptos
4- Mallorca Aguilas.............................. 7 ptos
5- S.C. Madrid Total Soccer................. 6 ptos
6- Gibraltar AST.................................. 4 ptos
7- Barcelona FT................................... 0 ptos

A xornada de volta, disputarase en Madrid os días 15 e 16 de Maio, pero despois do visto na primeira xornada, o Real Murcia ten a liga no peto, xa que o AFT Turia 1981, deberia derrotalo por 3-0 coma mínimo, para igualar o resultado da ida, sempre e cando, este partido sexa o decisivo para decidi-lo campionato.

venres, 26 de marzo de 2010

Chega a Liga!!



Xa era hora. Un dos grandes pasos para consolida-lo Fútbol de Mesa no estado, xa está dado. A creación da Liga Española de Futbol de Mesa (LEFM), supón un salto de calidade, que de seguro vaille dar a este "deporte" a categoría que se merece.
Mañá sábado, arrancará en Murcia esta primeira edición da LEFM (na sua primeira volta, xa que a segunda volta celebrarase en Madrid no mes de Maio), na que participarán un total de sete equipos na Primeira División, e cinco na Segunda División (Liga de Filiais). Os participantes na categoria de "ouro" serán o Real Murcia, o AFT Turia 1981 (Valencia), o S.C. Madrid Total Soccer, o Tiburones FM (Málaga), o Barcelona FT, o Mallorca Águilas e o convidado Gibraltar TSA. Hai que lamentar as ausencias do Catalunya FT (Barcelona), La Flota S.C. (Málaga) e o Madrid 1980 S.C.. Na "Liga de Filiais", tomarán parte o Real Murcia "B", o AFT Turia 1981 "B", o S.C. Madrid Total Soccer "B", o Tiburones FM "B" e o Gibraltar TSA "B".
A priori, os favoritismo  da LEFM recae sobre o Real Murcia, auténticos dominadores dos torneos nacionais nos últimos anos, ainda que o AFT Turia 1981, pode ser outro gran candidato ó título, xa que o plantel é moi competitivo, e o reforzo portugués Jaime Silva, pode ser un revulsivo no equipo. O outro requipo a ter en conta, é o Tiburones FM, un equipo moi ben reforzado co portugués Nuno Noronha , José León e Ferrán Coll (dous xogadores que volven a xogar nun equipo español depois da sua andaina en italia). Ainda así, pese a que estes equipos poden ser os que copen as primeira posicións, non hai que descartar ó S.C.Madrid Total Soccer, a priori o cuarto equipo na loita polo título, pero que últimamente están a dar máis guerra da prevista. O Barcelona FT e o Mallorca Águilas, son a priori os equipos máis frouxos da liga (sempre dende o respeto e a lóxica da clasificación da AFM), e o tapado pode ser o Gibraltar TSA, un equipo prácticamente descoñecido que pode sacarlle as cores a máis de un.
Na "Liga de Filiais", o favorito claro é o Real Murcia "B", e os demáis equipos pelexaran por non ser o último clasificado, xa que andan todos nun nivel moi semellante.
A atención dos galegos, debe estar no AFT Turia 1981, xa que é o equipo que conta con representación galega (Dani Soto e Santi R. Escudero). Hai que lamentar que ningún dos xogadores galegos estará presente nesta primeira volta da liga, pero ainda así, estaremos moi pendentes do que faga o seu equipo.
Toda a información sobre a LEFM a podedes atopar en http://lefm2010.blogspot.com/.