Visitas

venres, 26 de novembro de 2010

Esta fin de semana, II Torneo Nacional Cidade de Estepa (Sevilla)


Esta fin de semana (27 e 28 de Novembro), disputarase en Estepa (Sevilla), o II Torneo Nacional Cidade de Estepa. Na xornada do sábado, disputarase o torneo por equipos e categorías (feminina, Sub-19, Sub-15, Sub-12 e veteráns), e para a xornada do domingo terá lugar o torneo Open.
Máis información en http://www.tiburonesfm.com/.

xoves, 18 de novembro de 2010

O xogador da semana: Flavio Watzka

Nesta ocasión, o xogador elixido para esta sección, non é outro que un italiano afincado en barcelona, de apelido difícil. Este rapaz, que se reincorporou ó Fútbol de Mesa da man do Barcelona FT fai un par de anos, fundou un dos clubes que máis está a traballar polo fútbol de mesa nos últimos tempos, o Palomar FT. Ainda que con pouca intervención en competicións oficiais, o certo é que este clube, está a loitar moito por facer que o Fútbol de Mesa sexa coñecido por terras catalanas:


Nome: Flavio Watzka

Data de nacemento: 1966 (Trieste, Italia)

Ano de iniciación: 1972-1984, reenganchado en 2008

Clubes: Milan Club Subbuteo Trieste (1978-1981), Barcelona FT (2008-2009), Palomar FT (2009 ata agora)

Ranking nacional: 84

Ranking internacional: 364 (veteráns)

Palmarés: -

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

1º Torneo de Fútbol de Mesa en Sant Andreu, Barcelona


Ainda que nos queda un pouco lonxe, se alguén ten a oportunidade de pasarse por Barcelona o vindeiro 4 de Decembro, ten que saber que aproveitando as festas do barrio barcelonés de San Andreu, vaise celebrar un torneo de Fútbol de Mesa, organizado polo clube Palomar FT. Tódolos interesados que visiten a web do clube catalán http://palomarfutboltaula.com/.

xoves, 4 de novembro de 2010

O xogador da semana: Jose Carlos Guerrero

Despois dun pequeno parón, voltamos con esta sección, desta vez, cun maño afincado en Madrid, que se meteu de cheo nesta actividade hai uns tres anos, e que pouco a pouco está recollendo os frutos do seu esforzo:


Nome: José Carlos Guerrero Bernaldo de Quirós

Ano de nacemento: 1968 (Zaragoza)

Ano iniciación: 2007

Clubes: Club Ontario (2007), Madrid Total Soccer (2007-ata agora)

Ranking nacional: 22

Ranking internacional: 355

Palmarés individual: Subcampión do Mundo de Veteráns por equipos 2009, Campión Liga de Madrid 2009/2010

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

domingo, 31 de outubro de 2010

Resultados: Champions League


O Reggiana (Italia), ven de proclamarse campión da Champions League que se disputou esta fin de semana en Mattersburg (Austria). O equipo italiano, conta nas suas filas co xogador español Carlos Flores, e desfixéronse na final do equipo anfitrion, o Mattersburg. O Peruggia (Italia)e o Pisa (Italia) foron os semifinalistas.
O AFT Turia 1981, acadou un meritoria 11º posto, tendo en conta o potencial dos equipos participantes, mentres que o Real Murcia reamtou 5º.

sábado, 30 de outubro de 2010

Resultados: Europa League



Rematou a Europa League. Despois dun fin de semana moi intenso en Roma, por fin temos tódolos resultados dos equipos españois participantes, o Madrid Total Soccer e o Tiburones FM (Málaga).
O Madrid Total Soccer acadou un meritorio 7º posto, mentres que o Tiburones FM, tivo que conformarse coa 10ª praza.
O campión da Europa League 2010, foi o equipo Atlas (Grecia), que se desfixo na final do anfitrión C.C.T. Roma (Italia) por un axustado 2-1.

A continuación, podedes ver tódolos resultados con participación española:

Fase de Grupos

Bormla (Malta) 1- Madrid Total Soccer 2
Tiburones FM 1 - Atlas (Grecia) 2
Tiburones FM 1 - A.S.D. Bari (Italia) 2
Piraeus (Grecia) 2 - Madrid Total Soccer 2
Tiburones FM 2 - Valletta (Malta) 1
Madrid Total Soccer 1 - Sessana (Italia) 2
Tiburones FM 1 - Les Herbiers (Francia) 2
C.C.T. Roma (Italia) 3 - Madrid Total Soccer 0
Warriors (Italia) 2 - Madrid Total Soccer 0
Bologna Tigers (Italia) 1 - Tiburones FM 0
Madrid Total Soccer 4 - Teeside (Inglaterra) 0

1/4 de Final

Atlas (Grecia) 2 - Madrid Total Soccer 0

5º-8º posto

Madrid Total Soccer 1 - Sessana (Italia) 3


7º-8º posto

Les Herbiers (Francia) 0 - Madrid Total Soccer 3

9º-10º posto

Tiburones FM 2 - Bormla (Malta) 2 (venceron os malteses por diferencia de goles)

Toda a información do torneo en http://www.fistf-europa-league-roma-2010.com/.

Esta fin de semana: Champions League e Europa League

Esta fin de semana, dispútanse os dous torneos de clubes organizados pola FISTF: a Europa League e a Champions League.



A Europa League, vaise disputar en Roma (Italia), e contará coa participación dos equipos españois Madrid Total Soccer e Tiburones FM (Málaga). Para alcanzar o título, deberán loitar contra grandes equipos. O equipo malagueño, quedou grupo A:
Bologna Tigers (Italia), A.S.D. Bari (Italia), F.T.C. Les Herbiers (Francia), Valletta S.C. (Malta) e Atlas Athens (Grecia)
O equipo madrileño, vai xogar no grupo B:
Warriors Torino (Italia), Calcio Tavolo Sessana 1982 (Italia), C.C.T. Roma (Italia), NETFA Teeside (Inglaterra), Bormla S.C. (Malta) e Piraeus Lions TSC (Grecia).




Por outra banda, a Champions League, disputarase en Mattersburg (Austria), e contará coa participación dos equipos españois Real Murcia e AFT Turia 1981 (Valencia). Os rivais serán equipos de entidade, coma o Mattersburg (Austria), o Reggio Emilia (Italia) e o Perugia (Italia). Non dispoñemos de máis información, xa que non se facilita dende a web oficial da competición.

Agardemos que as cousas saian o mellor posible para os equipos españois.


domingo, 17 de outubro de 2010

Resultados do Torneo Cidade de Murcia

O Real Murcia "A", proclamouse vencedor do seu torneo, despois de derrotar na final, o Real Murcia "B"por 3-1. Para chegar ata aqui, o Real Murcia "A", desfíxose nas semifinais, do Total Soccer "A", mentres que o Real Murcia "B", fixo o propio cun AFT Turia 1981, que non da arrancado esta tempada.
Ademais da competicion por equipos, disputáronse as competicíóns por categorías, sendo os resultados os seguintes:

Veteráns: Vicenç Prats (Warriors Torino) 1 - Jose León (Tiburones FM) 0
Sub-19:  Pedro Ortín (Real Murcia) proclamouse vencedor despois de impoñerse na liguilla. David González (Tiburones FM), quedou segundo.

En categoría Open, volveu vencer, coma case sempre, Carlos Flores (Reggiana), despois de derrotar na final o tamén habitual finalista Angel Valverde (Real Murcia) por 5-4

venres, 15 de outubro de 2010

Esta fin de semana, torneo en Murcia


Esta fin de semana, vaise disputar en Murcia, no Palacio dos Deportes, o Torneo Cidade de Murcia 2010. Toda a información sobre o mesmo, está dispoñible en http://realmurcia-cf.blogspot.com/.

domingo, 10 de outubro de 2010

O xogador da semana: Vicenç Prats

Esta semana, temos a honra de presentarvos a un catalán todo-terreo, un "warrior" na cancha, na que ademáis de bo xogo, derrocha veteranía, simpatía e saber estar (o que lle serviu no 2009 para acadar o premio Fair Play da FISTF), cousa que moitos deberíamos aprender:




Nome: Vicenç Prats Salat

Data nacemento: 1970 (Barcelona)

Ano iniciación: 1984

Clubes: Sarrià CD (1984-1995), Catalunya F.T. (1996-2007), ASD Warriors Torino (2007 ata agora)

Ranking Nacional: 4

Ranking Internacional: 49

Palmarés: Campión de España Junior en 1987, Campión de España Open en 2006 e 2009, Campión de Veteranos IO de Palma de Mallorca 2010, Campión de Veteráns IO de Xibraltar 2009, Campión del GP de Corbera de Llobregat ano 1990

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.