Visitas

mércores, 15 de decembro de 2010

Real Vigo Sporting Club

Xa eran horas de presentarvos unha das últimas adquisicións, neste caso o Real Vigo Sporting Club, equipo de fútbol vigués fundado no ano 1905, que se fusionou no ano 1923 co Real Fortuna Foo-ball Club, para formar o Real Club Celta de Vigo.
Por desgracia, o traballo encargado a web francesa http://www.subbuteo66.com/, era mellorable. Ainda así, depois duns retoquiños caseiros (que foron feitos despois das fotos) e poñelos nas bases Extreme Works, as figuriñas lucen un pouquiño máis. Hai que resaltar, a presentación do equipiño en caixa personalizada, un dos atractivos que ten esta web. Tamén podemos resaltar, a elaboración do equipo con figuriñas "2K4 Vintage", o que lle da un aspecto máis realista de equipo de principios do século XX.
Déixovos as imaxes do equipo:

Detalle da tapa da caixa

O equipiño "acomodado" na caixa

Detalle dunha figuriña

Detalle do porteiro "saínte"

luns, 13 de decembro de 2010

Nova sorpresa no IO Comunidade de Madrid



Algo está a cambiar no Fútbol de Mesa. A exemonía dos dous equipos punteiros do país, coma eran o Real Murcia e o AFT Turia 1981 (este último, case sempre á sombra dos murcianos), está rematando. Hai dous equipos, Madrid Total Soccer e Tiburones FM, que co seu traballo, e os seus reforzos desta tempada, están a dar máis guerra da que en principio se agardaba.
O último golpe dos "pequenos", foi esta fin de semana en Madrid, no "I Open Internacional Comunidade de Madrid", e non so se atopaban equipos españois, xa que tamén había un par de equipos italianos (Fiamme Azzurre e Warriors Torino) e un equipo grego (Olympia ITEC). Tanto Madrid Total Soccer como Tiburones FM pasaron a ronda de grupos como primeiros. En cuartos de final, derrotaron a Madrid Total Soccer "C" e Fiamme Azzurre respectivamente, e nas semifinais fixeron o propio co AFT Turia 1981 e o Real Murcia. Os valencianos seguen co seu gafe cos madrileños, e caeron derrotado por un axustado 1-0. Os murcianos, foron sorprendidos polos malagueños, sendo derrotados por 2-0. Así, cheou a final, a final dos "pequenos", que xa se están a facer maiores. Un partido igualado, no que o resultado final fala por si so: Tiburones FM 2 Madrid Total Soccer 1.
En categoría Open, o triunfador foi Carlos Flores (Reggio Emilia), que derrotou na final a Aberto Mateos (Real Murcia).
En categoría veteránsPaolo Finardi (Warriors Torino), desfíxose do seu compañeiro de equipo Vicenç Prats (Warriors Torino).
O resto de categorías, disputáronse no formato de liguilla, sendo o campión e o subcampión das mesmas os seguintes:
Feminina: Carmela Gerosa (Ayerbe FM) - Caridad Morano (Moralzarzal SC)
Sub-12: Jesus Moreno (Tiburones FM) - Alvaro Fretes (Moralzarzal SC)
Sub-15: Javier Moreno (Tiburones FM) - David González (Tiburones FM)
Sub-19: Jonatan Caballero (AFT Turia 1981) - Bruno Gerosa (Ayerbe FM)

Máis información en http://afmmts.blogspot.com/.

P.D.: Agardemos que ninguén mire cousas raras onde non as hai...

xoves, 9 de decembro de 2010

Madrid quenta motores



A vindeira fin de semana, Madrid acollerá o "I Open Internacional Comunidade de Madrid" de Fútbol de Mesa. O nñumero de participantes, vai a ser moi elevado, cun total de 82 xogadores inscritos sumando tódalas categorías (45 Open, 15 Veteráns, 4 Sub-19, 4 Sub-15, 10 Sub-12 e 4 Feminina), de diversas nacionalidades (España, Italia, Malta, Portugal, Grecia...). Na competición por equipos, hai un total de 13 inscritos. Semella que o espectáculo está asegrado, asi que se tedes a oportunidade, non falledes a esta cita.
Toda a información sobre o torneo en http://afmmts.blogspot.com/.

martes, 30 de novembro de 2010

Derrota dolorosa?

Sempre están os mesmos cobardes insultando e descalificando... De que equipo serán? Creo que hoxe non hai dúbidas... Seica non son todos iguais dentro de ese equipo, pero non deberian permitir ter a xente tan despreciable. Realmente non sei a que veñen os insultos desta vez, pero debe ser que a derrota do pasado fin de semana escoceu máis da conta a algún.

luns, 29 de novembro de 2010

David vence a Goliat en Estepa

Ainda non podo deixar de frotar os ollos cada vez que miro os resultados do torneo por equipos de Estepa. Non estou a ver un espellismo, é unha realidade. O "todo poderoso" Real Murcia, non foi quen de superar o Madrid Total Soccer na final do II Torneo Nacional Cidade de Estepa que se disputou a pasada fin de semana en Estepa (Sevilla). A final foi vencida polos madrileños, por un axustado 2-1, collendo por sorpresa a un equipo murciano que non está moi afeito as derrotas en España. O equipo madrileño, acada asi o seu primer triunfo nun torneo nacional, e as fichaxes está a dar os seus frutos.

Cuadro de campións do II Torneo Nacional Cidade de Estepa (nas distintas categorías):

Feminina Beatriz Percio
Sub12 Jesús Moreno
Sub15 David González
Sub19 Jonatan Caballero
Veteranos Nuno Noronha
Open Alberto Mateos
Equipos Madrid Total Soccer

venres, 26 de novembro de 2010

O xogador da semana: Abraham Garcia

Esta semana, traemos nesta sección, a un xogador malagueño que está a dar toda a guerra que pode nos Fútbol de Mesa. É un dos fundadores do clube La Flota S.C., e o seu traballo, de seguro que vai ser recompensado:


Nome: Abraham García Pacheco

Data de nacemento: 1979 (Málaga)

Ano de iniciación: 2009

Clubes: La Flota Soccer Club (2009 ata agora)

Ranking nacional: 39

Ranking internacional: 725

Palmarés: subcampeón do Campionato provincial de Málaga

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

Esta fin de semana, II Torneo Nacional Cidade de Estepa (Sevilla)


Esta fin de semana (27 e 28 de Novembro), disputarase en Estepa (Sevilla), o II Torneo Nacional Cidade de Estepa. Na xornada do sábado, disputarase o torneo por equipos e categorías (feminina, Sub-19, Sub-15, Sub-12 e veteráns), e para a xornada do domingo terá lugar o torneo Open.
Máis información en http://www.tiburonesfm.com/.

xoves, 18 de novembro de 2010

O xogador da semana: Flavio Watzka

Nesta ocasión, o xogador elixido para esta sección, non é outro que un italiano afincado en barcelona, de apelido difícil. Este rapaz, que se reincorporou ó Fútbol de Mesa da man do Barcelona FT fai un par de anos, fundou un dos clubes que máis está a traballar polo fútbol de mesa nos últimos tempos, o Palomar FT. Ainda que con pouca intervención en competicións oficiais, o certo é que este clube, está a loitar moito por facer que o Fútbol de Mesa sexa coñecido por terras catalanas:


Nome: Flavio Watzka

Data de nacemento: 1966 (Trieste, Italia)

Ano de iniciación: 1972-1984, reenganchado en 2008

Clubes: Milan Club Subbuteo Trieste (1978-1981), Barcelona FT (2008-2009), Palomar FT (2009 ata agora)

Ranking nacional: 84

Ranking internacional: 364 (veteráns)

Palmarés: -

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

1º Torneo de Fútbol de Mesa en Sant Andreu, Barcelona


Ainda que nos queda un pouco lonxe, se alguén ten a oportunidade de pasarse por Barcelona o vindeiro 4 de Decembro, ten que saber que aproveitando as festas do barrio barcelonés de San Andreu, vaise celebrar un torneo de Fútbol de Mesa, organizado polo clube Palomar FT. Tódolos interesados que visiten a web do clube catalán http://palomarfutboltaula.com/.

xoves, 4 de novembro de 2010

O xogador da semana: Jose Carlos Guerrero

Despois dun pequeno parón, voltamos con esta sección, desta vez, cun maño afincado en Madrid, que se meteu de cheo nesta actividade hai uns tres anos, e que pouco a pouco está recollendo os frutos do seu esforzo:


Nome: José Carlos Guerrero Bernaldo de Quirós

Ano de nacemento: 1968 (Zaragoza)

Ano iniciación: 2007

Clubes: Club Ontario (2007), Madrid Total Soccer (2007-ata agora)

Ranking nacional: 22

Ranking internacional: 355

Palmarés individual: Subcampión do Mundo de Veteráns por equipos 2009, Campión Liga de Madrid 2009/2010

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.