Visitas

venres, 21 de xaneiro de 2011

Copa de España - II Memorial Diego Venegas (Barcelona)



Esta fin de semana, vaise disputar a Copa de España - II Memorial Diego Venegas. Según informa o blog do equipo organizador, o Palomar FM, o número de inscritos unha vez pechado o plazo de inscripción, é de 30 xogadores:


01- Julio Candelas (Moralzarzal)
02- José Carlos Guerrero (Madrid Total Soccer)
03- Piero Capponi (Madrid Total Soccer)
04- Luis López (Madrid Total Soccer)
05- José Manzanero (Madrid Total Soccer)
06- Carlos Martínez (Madrid Total Soccer)
07- Maxim Aguirregabiria (Madrid Total Soccer)
08- José David Somoza (Mallorca Aguilas FM)
09- Flavio Watzka (Palomar FT)
10- Joseph López (Palomar FT)
11- Isaac García (La FLota)
12- Carlos Flores (Reggio Emilia)
13 - Juan Carlos Granados (Real Murcia)
14 - Angel Valverde (Real Murcia)
15 - Arturo Martínez (Perugia)
16 - Artur Martínez (Cataluña FT)
17 - Xavier Vallvé (Cataluña FT)
18- Luis Felipe Méndez (Tiburones FM)
19- Antonio Montaño (Tiburones FM)
20- Ferràn Coll (Tiburones FM)
21 - José León (Tiburones FM)
22 - Emilio Murciano (Tiburones FM)
23 - Paolo Gerosa (Ayerbe FM10)
24 - Bruno Gerosa (Ayerbe FM10)
25- Marc Ligos (AFT Turia 1981)
26- Jose Luis Marquez (FT Barcelona)
27 - Aitor Marquez (FT Barcelona)
28 - Manolo Marquez (FT Barcelona)
29 - Carlos Gimenez (Palomar FT)
30 - Jordi Joan Lopez (AFT Turia 1981)


Desexámoslle moita sorte a tódolos participantes, e agardamos que sexa unha festa do Fútbol de Mesa, xa que a ocasión o merece. Sorte tamén para a organización, porque de boa fe sei que está a facer todo o posible para que as cousas saian perfectamente.

xoves, 13 de xaneiro de 2011

Resultados torneos provinciais

Avanzamos parte dos campións dos distintos torneos provinciais:

Huesca: Paolo Clerici - http://ayerbe2010fm.blogspot.com/

Barcelona: Vicenç Prats - http://www.futboldetaula.cat/

Mallorca: J.Mª Castellanos - http://mallorcaaguilasfutbolmesa.blogspot.com/

Valencia: Vicente Benita - http://turiafm.blogspot.com/

Murcia: J.C. Granados - http://realmurcia-cf.blogspot.com/

Sevilla: Antonio Montaño - http://www.tiburonesfm.com/

Málaga: Luis Felipe Méndez - http://www.tiburonesfm.com/

Madrid: Luis D. López - http://madridtotalsoccer.blogspot.com/

Almería: Juan Usero - http://subbuteospain.mforos.com/1506986/9803928-provincial-de-almeria-29-01-11/

En canto teñamos mais resultados, os faremos saber. Para máis información, podedes acudir a http://www.futboldemesa.com/.

luns, 10 de xaneiro de 2011

La Voz de Galicia leva o Fútbol de Mesa nas suas páxinas

Asombrado quedei cando botando unha ollada á edición impresa do xornal La Voz de Galicia, atopei a seguinte imaxe:


Non o podía crer... O Fútbol de Mesa, é levado as páxinas do xornal galego, para mostrar as alineacións dos partidos nos que están implicados os equipos galegos... Pode ser un paso para o avance do xogo na nosa comunidade? Ogallá!!

martes, 4 de xaneiro de 2011

luns, 3 de xaneiro de 2011

O xogador da semana: Alex Araujo

O primeiro xogador da semana deste novo ano que acaba de comezar, non podía ser outro que este catalán, que ainda que un pouco desaparecido últimamente dos "terreos" de xogo, é un dos históricos, e asi o fai ver o seu palmarés. Ademáis de ser un bo xogador, é unha gran persoa:


Nome: Alex Araujo i Batlle

Data de nacemento: 1977 (Mataró – Barcelona)

Ano de iniciación: 1990

Clubes: CS Iluro, FM Rocafonda, Catalunya FT (na actualidade)

Ranking nacional: -

Ranking internacional: -

Palmarés: Campión de España Sub-15 (1991 e 1993), Campión de España Sub-19 (1996), Campión de España OPEN (2001), Campión Grand Prix AFM Sub-15 (1991 e 1992), Campión Grand Prix AFM Sub-19 (1994, 1995, e 1996), Campión Provincial de Barcelona (2004 e 2007

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

luns, 20 de decembro de 2010

Salceda de Caselas: o venres calor, o sábado frío, moito frío

Pasou a fin de semana, e o Fútbol de Mesa pasou por Salceda de Caselas (Pontevedra), gracias ó Concello da localidade. A verdade é que a pesar do esforzo realizado por tódalas partes, as cousas non sairon como un esperaba, pero non deixaremos de tentar a sorte.
A xornada do venres realizouse no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias. Alí, coa axuda dos opearios do Concello, a Concelleira de Cultura (Tere) e dos profesores de Educación Física do instituto (Begoña e Luis), preparáronse os cinco campos cos que os rapaces do instituto ían poder disfrutar do Fútbol de Mesa. En total, foron catro as clases que pasaron polo Pavillón, perto de 80 rapaces, e dou fe de que disfrutaron coa actividade.

Aspecto que presentaba a montaxe no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias

Os rapaces escoitan atentamente as explicacións de Santi R. Escudero (Foto: Tere Pérez)

Santi R. Escudero ensinándolle as regras os rapaces (Foto: Tere Pérez)

As rapazas tamé disfrutaron do xogo (Foto: Tere Pérez)

Máxima tensión nos distintos enfrontamentos (Foto: Tere Pérez)

Sacando de centro despois dun gol (Foto: Tere Pérez)

O día seguinte, o sábado, a actividade desplazouse para o Centro Social A Devesa. Igualmente, montáronse cinco campos máis un pequeniño para os mais cativos, coa axuda da xente do Concello. Nada mais abrirse ó público a actividade, recibimos a primeira visita, un rapaz que o día anterior estivera no instituto e estaba moi interesado no xogo. Foi a única visita en toda a mañá... o frío debía ser a causa... Pola tarde máis do mesmo, nada máis abrir, o primeiro visitante, o mesmo rapaz. A verdade que iso foi moi ilusionante, ver alguén realmente interesado en coñecer todo sobre o Fútbol de Mesa. O resto do tempo, transcurriu entre partido e partido, aprendendolle as regras do xogo ó rapaz (levou coma premio un set Total Soccer), e agardando máis visitas... Algunha houbo, un familiar e un amigo que se achegaron ata ali para coñecer o xogo. A última visita do día, foi a do Alcalde de Salceda, Marcos, acompañado da su pequena. A verdade, é que fixo frío, moito frío...
Pero penso que podemos ter unha cousa positiva... igual temos un futurible novo xogador galego, xa que o rapaz, amosou maneiras... quen sabe.

Aspecto que presentaba o Centro Social A Devesa

As visitas, disfrutando do xogo

O alcalde de Salceda xogando cos máis cativos

Novamente, queremos agradecer dende aquí, a colaboración do Concello de Salceda de Caselas por darnos a oportunidade de facer esta actividade, e a Total Soccer, polo material que nos achegou.

xoves, 16 de decembro de 2010

Actividade en Salceda de Caselas

Para tódolos interesados, o venres 17 e o sábado 18 de Decembro, celebrarase en Salceda de Caselas unha actividade para promociona-lo Fútbol de Mesa.
A xornada do venres, realizarase no Pavillón do IES Pedras Rubias, en horario de 10:10 a 14:00, estando reservado, para os rapaces do instituto.
A xornada do Sábado, será unha xornada de portas abertas, e celebrarase no Centro de Servizos Sociais da Devesa , en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Agardamos a vosa visita e que disfrutedes co Fútbol de Mesa.
Agradecer ó Concello de Salceda de Caselas a oportunidade que nos brinda para poder dar a coñecer a noso "deporte", en concreto á Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, así como a Total Soccer pola aportación do material que será empregado na actividade.

Programación de Nadal de Salceda de Caselas onde se inclúe o Fútbol de Mesa

mércores, 15 de decembro de 2010

Real Fortuna Foot-ball Club

Como no podía ser menos, tamén vos presento ó Real Fortuna Football Club, outro equipo de fútbol vigués fundado no ano 1905, que se fusionou no ano 1923 co Real Vigo Sporting Club, para formar o Real Club Celta de Vigo (como xa comentei no anterior artigo).
O resto dos comentarios, igualiños que os que fixen para o Real Vigo Sporting Club.
Déixovos as imaxes do equipo:

Detalle da tapa da caixa

O equipiño "acomodado" na caixa

Detalle dunha figuriña

Detalle do porteiro "saínte"