Visitas

mércores, 15 de xuño de 2011

Xornada de volta da LEFM (Málaga)


Málaga acollerá esta fin de semana, a xornada de volta da LEFM. Non está nada decidido, e a emoción está garantida. Catro equipos optan o título final, pero dous parten con ventaxa, o Tiburones FM (Málaga) e o AFT Turia 1981 (Valencia), deberán manter o ritmo da primeira volta para non perder as opción de gañar esta competición, mentres que o Real Murcia terá que estar no seu mellor nivel para revalidar a liga conquistada o ano pasado. O Madrid Total Soccer é o tapado deste grupo de cabeza, e pode dar máis dun disgusto. Mallorca Águilas e  Xibraltar TSA teñen poucas opcións, pero intentarán loitar por unha praza europea.
Máis información en http://lefm2011.blogspot.com/.

venres, 10 de xuño de 2011

Grand Prix de Portugal (Lisboa)


A pasada fin de semana, disputouse en Lisboa (Portugal), o Grand Prix de Protugal, onde houbo unha nutrida represetnación española. Cabe destacar o triunfo do Madrid Total Soccer na categoria de Equipos, e os subcampionatos de Luis D. López (Madrid Total Soccer) en categorías Open e Veteráns. O cadro de honor do torneo foi o seguinte:

Equipos: Madrid Total Soccer 2-2 Orfeao da Foz do Douro (12-7)

Veteráns: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Joao Rodriguez (Orfeao da Foz do Douro)

Open: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Ruben Portugues (Matersburg)

xoves, 2 de xuño de 2011

Carlos Flores é "Major" de Bologna


O español Carlos Flores ve de proclamarse campión do Major de Bologna, que se disputou a pasada fin de semana na localidade italiana. Na final derrotou a Valéry Dejardin por una axustado 2-1, que non reflicte a súa superioridade ó longo do torneo. Ademáis do título individual, tamén se adxudicou o título por equipos, xa que a súa escuadra, o Reggio Emilia (Italia), derrotou ó Matersburg (Austria) por 3-0.

venres, 13 de maio de 2011

Todos con Lorca

Nestes momneto tan complicados, dende Subbuteo Galicia, queremos mandar moitos ánimos, e moita forza, para a localidade murciana de Lorca. Agardemos que se recuperen canto antes deste duro golpe, e poidan sair adiante o mellor posible.
Pola parte que toca ó Fútbol de Mesa, desexamos, que ninguén dos integrantes murcianos da AFM se vira afectado por esta desgracia.

Resultados I Open Internacional de Mallorca

Exitazo de organización, participación, repercusión, infraestucturas, e un largo etc. de motivos, que califican ó I Open Internacional de Mallorca, como un torneo a ter en conta en vindeiras tempadas.

No plano deportivo, os campións e subcampións de cada categoría foron os seguintes:

Open: Carlos Flores(Rggio Emilia) Nuno Noronha(Tiburones FM)
Veteráns: Vicenç Prats(Warriors Torino) Titi Giaux(Rochefort Table Soccer)
Sub-19: Terry San(Rochefort Table Soccer) Jérôme Bertrand(Rochefort Table Soccer)
Sub-15: David González(Tibrones FM) Florian Giaux(Rochefort Table Soccer)
Consolación: Manolo Sánchez (Mallorca Águilas) Carlos Martínez (Madrid Total Soccer)
Equipos: Real Murcia (España) Rochefort Table Soccer "A" (Bélxica)


Foto de familia dos participantes (Foto: Madrid Total Soccer)

Aspecto que presentaban as instalacións (Foto: Madrid Total Soccer)

Máis información en http://mallorcaaguilasfutbolmesa.blogspot.com/.

mércores, 4 de maio de 2011

I Open Internacional de Mallorca



A vindeira fin de semana, vaise disputar o "I Open Interacional de Mallorca". O gran número de inscritos, garantirá, de seguro, o espectáculo. Ademáis, o traballo que están a facer os rapaces do Mallorca Águilas para organizar o torneo, de seguro que vai facer que este torneo, de consolidarse, sexa un novo referente internacional.
Toda a información sobre o mesmo en http://openinternacionalmallorca.blogspot.com/.

Resultados Open Internacional de Xibraltar


A pasada fin de semana, disputouse o 6º Open Internacional de Xibraltar, con éxito da "armada" española, cos títulos acadados por Vicenç Prats en categoría Open, J.C. Granados en Veteráns e David González en Sub-15. Na catgoría por equipos, o Tiburones FM acadou o subcampionato.

luns, 18 de abril de 2011

Resultados III Torneo Total Soccer

Xa temos os resultados do torneo disputado esta fin de semana en Madrid (en verde o campión, en vermello o subcampión):

Equipos: Real Murcia - Madrid Total Soccer "A"

Open: Sergio Ramos (Madrid Total Soccer) - Juan Noguera (Real Murcia)

Veteráns: Juan Carlos Granados (Real Murcia) - José León (Tiburones)

Sub-19: Antonio Casín (Tiburones) - Kiko Gamino (Tiburones)

Sub-12: Juanjo Núñez (Moralzarzal) - Iñaki Iriarte (Moralzarzal)

Féminas: Carmela Gerosa (Ayerbe FM10) - Caridad Vázquez (Moralzarzal)

Consolación: David González (Tiburones) - Paolo Gerosa (Ayerbe FM10)

martes, 5 de abril de 2011

III Torneo Total Soccer

O xogador da semana: Ferrán Coll

Desta vez, presentamos a un catalán, que dende a sua chegada á AFM, está a dar moita guerra e máis dun quebradeiro de cabeza ós seus rivais. No seu periplo italiano colleu unha experiencia, que agora está a facer valer nos Tiburones FM:




Nome: Ferran Coll Blanco

Ano de nacemiento: 1968 (Barcelona)

Ano de iniciación: 1982

Clubes: C.S.Valentino (1982), C.S. Praga (1983-1985), C.S. Mataro (1986), C.S. Barcelona (1987-1991), C.S. Gràcia (1991-1994), F.T. Barcelona (1994-2008), Real Maremma-Grosseto (2007-2008), Warriors Torino (2008-2010), Tiburones FM (2009 ata agora)

Ranking nacional: 9

Ranking internacional: 66

Palmarés: 49 Torneos Nacionis AEJFMS, Campión do Ranking AEJFMS (98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07 e 07/08), Campión de España AEJFMS (1997, 2006 e 2007), Campión da Supercopa de España AEJFMS (2002, 2003, 2004, 2006 e 2007), 1 Open Internacional FISFT (2008)

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.