Visitas

mércores, 21 de setembro de 2011

RESULTADOS DO TORNEO NACIONAL VILLA DE MISLATA

A pasada fin de semana, disputouse en Mislata (Valencia), o Torneo Nacional Villa de Mislata. Cunha participaciópn relativamente baixa en comparación a outros anos (quizáis polos prezos por disputar un torneo ou pola restricción de xogar só unha categoría), a calidade competitiva estivo a gran nivel.
Os resultados finais foron os seguintes:

Equipos: Real Murcia 4 - AFT Tueia 1981 0
Open: Vicente Benita (AFT Turia 1981) 2 - Máxim Aguirregabiria (Warriors Torino) 0
Veteráns: J.C. Granados (Real Murcia) 3 - Fernando Gómez (AFT Turia 1981) 2 (ms)
Sub-19: David González (Tiburones FM) 2 - Javi Moreno (Tiburones FM) 1
Consolación: Ángel Valverde (Real Murcia)

Noraboa a tódolos participantes, e agardemos que a participación sexa maior nos vindeiros torneos.

martes, 13 de setembro de 2011

Carta do presidente da AFM ós socios

"Estimado socio,
El nuevo curso que se avecina es un año más importantísimo para el devenir del futbol de mesa tanto a nivel nacional como internacional, por esta razón y debido a circunstancias personales y de trabajo, he realizado algunos cambios en el COMITÉ DIRECTOR de la AFM.
En primer lugar he decidido nombrar un nuevo Vicepresidente Deportivo, siendo elegido D. Angel Valverde Peralta, socio que ha demostrado durante estos años, una madurez propia para asumir éste cargo tan importante dentro de la AFM.
Agradezco públicamente a Fernando Gómez, que sido sustituido en su cargo, el trabajo realizado durante este tiempo en favor de todos los socios.
El otro "cambio" importante ha sido dotar de una mayor responsabilidad al vicepresidente D.José Carlos Guerrero, que hará funciones de Presidente de la AFM en mi ausencia.
También quiero agradecer el gran trabajo realizado por el secretario de la AFM, que ha asumido pacientemente todas aquellas tareas y funciones que quedaban huérfanas en la directiva y que ha sabido elevar el nivel de la secretaría tanto a nivel administrativo, tecnológico, y funcional fomentando las buenas relaciones entre los miembros de la AFM solventando y agilizando en todo momento las inquietudes de los socios. Este año la secretaría se verá reforzada con la incorporación de D. José David Somoza Roselló que a buen seguro dinamizará más si cabe la labor de la secretaría..
Agraceder a los demás componentes de la dirección de la AFM (Juan Carlos Granados como responsable de la promoción, Antonio Montaño como responsable de la sección juvenil, Santiago Escudero como responsable de comunicación y Luis Felipe al frente de la comisión de disciplina) su trabajo, dedicación y apoyo al Comité Director de la AFM, que seguirán ostentando durante el presente mandato.
Y como última consideración reseñar que en el pasado Mundial la Selección Española ha presentado por primera vez en su historia 3 equipos jueveniles, Sub19, sub15, sub12, ésta participación no hubiera sido posible desde el punto de vista logístico y económico sin la aportación desinteresada del socio D. Luis Felipe Méndez que ha patrocinado dichos equipos ofreciendo así la posibilidad del costoso viaje inviable para las arcas de la AFM. Desde aquí quiero dar las gracias por este esfuerzo que ha hecho posible la ilusión de tantos niños y mayores.
Por último Felicitar a D. Vicenç Prats por su victoria en el Mundial, y os deseo a todos una nueva temporada deportiva y llena de éxitos.
Saludos,
Piero Capponi
Presidente de la AFM"

venres, 9 de setembro de 2011

Comeza a tempada de Fútbol de Mesa


Esta fin de semana, disputarase en Mislata (Valencia), o primeiro torneo da tempada, o "Torneo Villa de Mislata", organizado polo clube local, o AFT Turia 1981. Moita sorte a todos!!

venres, 12 de agosto de 2011

Mercado de fichaxes

Os rumores van facéndose realidade, a pouco menos dun mes do inicio da nova tempada de Fútbol de Mesa.
José Ros, abandona o equipo que o viu nacer como xogador, para fichar polo Madrid Total Soccer.
Así mesmo, Maxim Aguirregabiria, deixa o Madrid Total Soccer para emigrar a terras italianas e reunirse con xogador español Vicenç Prats, nos Warriors de Torino.
Por outra banda, o xoven e bo xogador, Rubén Portugués, chega ás filas do Tiburones FM, despois de abandonar o Mattersburg (Austria).
En canto teñamos máis novas, as faremos saber.

mércores, 27 de xullo de 2011

Prats e os Sub-12, ouro e prata de España no Mundial de Palermo


Vicenç Prats ven de proclamarse campión do mundo en categoría de veteráns no Mundial de Fútbol de Mesa disputado a pasada fin de semana en Palermo (Italia). Foi a nota sobresainte da selección española, a "vermelliña", que se desplazou con toda a ilusión a terras italianas.

O notable foi para os cativos, os Sub-12, que acadaron o subcampionato, na competición por equipos, ante os todopoderosos italianos. O resto de categorías tiveron un papel máis que discreto, sendo, por desgracia, un dos peores mundiais dos últimos anos, nos que estabamos acostumados a algún título máis por parte dos nosos.
A selección italiana, foi a gran triunfadora destes mundiais, xa que copou o primeiro posto na competición por equipos en tódalas categorías: Open, Veteráns, Sub-19, Sub-15 e Sub-12.
En individuais, Nastasi (Italia) foi campión en categoría Open, Lo Cascio (Italia) en Femias, Di Vito (Italia) en Sub-12, Colangelo (Italia) en Sub-15 e Kegenbein (Alemaña) en Sub-19.

venres, 1 de xullo de 2011

Grand Prix de España (Barcelona)



Esta fin de semana, é o peche oficial da tempada de Fútbol de Mesa no circuito da AFM e que mellor xeito para facelo que o Grand Prix de España, que este ano múdase a Barcelona, máis concretamente ó estadio do Espanyol, en Cornellá.
Toda a información do mesmo a podedes atopar en: http://www.grandprixspain.blogspot.com/

mércores, 22 de xuño de 2011

O Real Murcia faise coa LEFM


O Real Murcia fixo valer a súa veteranía para impoñerse na xornada de volta da LEFM. Os dous puntos de desventaxa que tiña co Tiburones FM e o AFT Turia 1981, quedáron pulverizados sen oposición por parte dos seus rivais. O Tirubones FM alcanzou a segunda praza, despois de derrotar ó AFT Turia 1981, que perdeu os tres partidos claves (Real Murcia, Tiburones FM e Madrid Total Soccer) por idéntico resultado. O cuarto clasificado foi o Madrid Total Soccer, mentres que Xibraltar TSA en Mallorca Águilas pecharon a clasificación.

A nota positiva para os galegos, foi a reaparición de Santi R. Escudero (AFT Turia 1981) en competición oficial. Aínda que os seus resultados non foron nada bos (colleitou un empate 0-0 e tres derrotas por un claro 3-1), sempre é unha boa nova ver un xogador galego nos torneos de Fútbol de Mesa. A cadena de radio, Radio Vigo (Cadena SER), fíxose eco da presenza do xogador vigués na LEFM, e incluíron unha pequena entrevista co xogador no programa de onte.

mércores, 15 de xuño de 2011

Xornada de volta da LEFM (Málaga)


Málaga acollerá esta fin de semana, a xornada de volta da LEFM. Non está nada decidido, e a emoción está garantida. Catro equipos optan o título final, pero dous parten con ventaxa, o Tiburones FM (Málaga) e o AFT Turia 1981 (Valencia), deberán manter o ritmo da primeira volta para non perder as opción de gañar esta competición, mentres que o Real Murcia terá que estar no seu mellor nivel para revalidar a liga conquistada o ano pasado. O Madrid Total Soccer é o tapado deste grupo de cabeza, e pode dar máis dun disgusto. Mallorca Águilas e  Xibraltar TSA teñen poucas opcións, pero intentarán loitar por unha praza europea.
Máis información en http://lefm2011.blogspot.com/.

venres, 10 de xuño de 2011

Grand Prix de Portugal (Lisboa)


A pasada fin de semana, disputouse en Lisboa (Portugal), o Grand Prix de Protugal, onde houbo unha nutrida represetnación española. Cabe destacar o triunfo do Madrid Total Soccer na categoria de Equipos, e os subcampionatos de Luis D. López (Madrid Total Soccer) en categorías Open e Veteráns. O cadro de honor do torneo foi o seguinte:

Equipos: Madrid Total Soccer 2-2 Orfeao da Foz do Douro (12-7)

Veteráns: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Joao Rodriguez (Orfeao da Foz do Douro)

Open: Luis D. López (Madrid Total Soccer) 1-2 Ruben Portugues (Matersburg)

xoves, 2 de xuño de 2011

Carlos Flores é "Major" de Bologna


O español Carlos Flores ve de proclamarse campión do Major de Bologna, que se disputou a pasada fin de semana na localidade italiana. Na final derrotou a Valéry Dejardin por una axustado 2-1, que non reflicte a súa superioridade ó longo do torneo. Ademáis do título individual, tamén se adxudicou o título por equipos, xa que a súa escuadra, o Reggio Emilia (Italia), derrotou ó Matersburg (Austria) por 3-0.