O Subbuteo move pasións e traspasa fronteiras. Coma exemplo, o seguinte video.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
sábado, 19 de maio de 2012
venres, 18 de maio de 2012
Campionato Galego de Fútbol de Mesa
O vindeiro 17 de xuño, celebrarase no Liceo Mutante de Pontevedra, o Campionato Galego de Fútbol de Mesa 2012. Toda a información a poderedes atopar na web dos Falcóns.
xoves, 3 de maio de 2012
Obradoiro subbuteístico en Pontevedra
Da man do clube vigués, Falcóns Vigo F.M.C., e a inestimable colaboración e organización do Liceo Mutante de Pontevedra, a cidade do Lérez, será o escenario dun obradoiro de Subbuteo, que terá unha duración de 5 domingos, e comezará o vindeiro 13 de maio. Así mesmo, coma colofón, terá lugar o Campionato Galego de Fútbol de Mesa, no propio Liceo. Está todo o mundo convidado, previo pago de 5€ en concepto de matrícula, o que da dereito ós 5 días de "clases" e a participar no torneo. Máis información en Obradoiro Subbuteo Liceo Mutante.
domingo, 29 de abril de 2012
Os Falcóns xa están na rede
O clube vigués, xa ten unha web na que se dan a coñecer tódalas actividades que se fan ou van facer. Non deixedes de visitala e sobre todo, animádevos a xogar a este apaixoante deporte! Contactade na prpia web ou no correo de Subbuteo Galicia.
xoves, 5 de abril de 2012
FALCÓNS VIGO F.M.C.
Por fin!! O que estivemos tanto tempo agardando e desexando, hoxe é unha realidade: nace o primerio clube galego de Fútbol de Mesa.
Da man de "Les", Rubén, David, Javi, Gonzalo, Santi, etc, xurde o Vigo Falcóns Fútbol Mesa Clube. A idea é participar a vindeira tempada como clube oficial da AFM, e ata entón, organizar distintos torneos a nivel local, provincial e se cadra autonómico, así como facer exhibicións onde sexa de interés.
mércores, 4 de abril de 2012
IV Campionato de Vigo de Fútbol de Mesa
O vindeiro 7 de abril, disputarase un novo torneo amigable na cidade de Vigo. O escenario de celebración será o habitual, o "Fontiñas Stadium" de Cabral. O número de participantes será o habitual (entre 5 e 8) e o comezo do mesmo será ás 12:00 da mañá.
O Real Murcia acada a triple coroa da LEFM
Os días 24 e 25 de marzo, disputouse en Xibraltar unha nova edición da LEFM. O Real Murcia volve impoñerse na LEFM, e acada así o seu 3º título consecutivo.
A clasificación final foi a seguinte:
1.-Real Murcia........... 26
2.-AFT Turia 1981.... 25
3.-Tirubones FM....... 19
4.-Mallorca Aguilas... 7
5.-Gibraltar TSA....... 7
6.-Madrid S.C............ 3
3.-Tirubones FM....... 19
4.-Mallorca Aguilas... 7
5.-Gibraltar TSA....... 7
6.-Madrid S.C............ 3
xoves, 22 de marzo de 2012
LEFM 2012
Esta fin de semana dispútase unha nova edición da LEFM. Xibraltar é o lugar escollido para a celebración desta competición. Os equipos participantes serán o Real Murcia, AFT Turia 1981, Tiburones FM, S.C. Madrid, Mallorca Aguilas e os anfitrións, o Gibraltar TSA.
Máis información en http://subbuteospain.mforos.com/1506986/10533458-liga-espanola-1-division-equipos-24-25-marzo-2012/.
Máis información en http://subbuteospain.mforos.com/1506986/10533458-liga-espanola-1-division-equipos-24-25-marzo-2012/.
mércores, 22 de febreiro de 2012
Novo presidente da AFM
A pasada fin de semana, celebrouse o Congreso Extraordinario da AFM, e como resultado do mesmo, resultou elixido coma novo presidente da AFM, Antonio Montaño.
Resultados do XXIX Campionato de España
A pasada fin de semana, disputouse en Robledo de Chavela (Madrid), o XXIX Campionato de España de Fútbol de Mesa. A ausencia de grandes favoritos, e a pobrísima participación en categoría Open, descafeinaron un chisco a festa do Fútbol de Mesa nacional.
Os resultados das distintas categorías foron os seguintes:
Categoría Veteráns: J. C. Granados, finalista: Arturo Martinez, semifinalistas: Fernando Gómez y Ferrán Coll.
Categoría S15: David Gonzalez, finalista: Antonio J. Casín, semifinalistas: Javier Moreno y Carmelo Blanco.
Categoría S12: Raul Casin, finalista: Luis Haro, semifinalistas: Manuel Perea y Antonio G. Fernandez.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


