O coleccionable de "Subbuteo, seleccións de lenda", ven de ser retirada do mercado e probablemente saia á venda en tódolos quioscos no mes de Xaneiro. No envío que facían por suscribirse, enviavan dous dos 3 primeiros fascóiculos, e a verdade é que a cousa ten moi boa pinta. Ogallá non caia no olvido, e Salvat relance esta apaixoante colección.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
xoves, 20 de xuño de 2013
Subbuteo Indoor
Xa chegou o Subbuteo Indoor. Unha modalidade de xogo moi sinxela, e o que é máis destacable, non necesita unha mesa específica para xogar, xa que ven prácticamente montado nunha plancha feita dun material parecido ó polyspan e simplemente hai que encaixar as porterías. Unha pasada para xogar cos máis peques!!
Só falta que Subbuteo tome nota da liga Fertiberia de Fútbol Indoor, e recree ós equipos participantes.
domingo, 19 de maio de 2013
O Subbuteo asalta os quioscos
A Editorial Salvat, ven de lanzar, nuns poucos quioscos do territorio nacional, e a modo de test de mercado, unha colección adicada ó Subbuteo. A mesma, saiu á venda a principios de mes baixo o nome "Subbuteo, seleccións de lenda", ainda que por Galicia non hai rastro dela. Se estades interesados en adquirila, contactade coa Editorial Salvat para tratar de suscribiros telefónicamente e non perder esta xoia de coleccioninstas. Se non, teredes que agardar uns meses ata atopala en tódolos quioscos.
mércores, 17 de abril de 2013
Michel Salgado nova fichaxe?
Imaxe do diario MARCA
Seica o Subbuteo ten moitos admiradores en todo o mundo, pero cando estes admiradores, son xogadores de renombre, como pode ser o caso do gran lateral dereito do Real Club Celta de Vigo de mediados dos anos 90, e posteriormente do Real Madrid, Michel Salgado, a cousa xa é máis seria. Ogallá estas aparicións axuden a fomenta-lo noso deporte.
Tiburones FM campións da LEFM
O pasado mes de marzo, disputouse a LEFM, cunha participación moi reducida, pero non exenta de calidade. Notáronse as ausencias do AFT Turia 1981, Madrid SC ou Ayerbe FM, sendo catro equipos participantes: Tiburones FM, Real Murcia, Mallorca Águilas e Gibraltar TSA.
O campión, foi o Tiburones FM, claro favorito xa que o Real Murcia, o subcampión, notou as baixas dos xogadores que mudaron cara italia no mercado de fichaxes. Gibraltar TSA e Mallorca Áquilas foron 3º e 4º respectivamente.
Noraboa os campións!!
sábado, 9 de marzo de 2013
O Mundial 2013 ten sede: MADRID!!
A FISTF, acaba de anunciar que o vindeiro mundial de Fútbol de Mesa, que se disputará no mes de setembro, disputarase este ano en Madrid, co cal, poderase dar unha gran publicidade ó noso deporte.
Chega a LEFM 2013!!
Outro ano máis, a LEFM volve ó calendario nacional, e so queda unha semana (disputarase os vindeiros 16 e 17 de marzo en Estepa, Sevilla) para saber quen é o novo campión. Repetirá o Real Murcia? Nunca se sabe, xa que coa perda de xogadores importantes como Alberto Mateos ou Angel Valverde, pode ser que non sexa un claro favorito este ano. Ainda así, xa se sabe quen é o Real Murcia, e o que pode facer e máis tendo en conta, que o seu rival nos últimos anos, o AFT Turia 1981, non participará este ano. Ollo co equipo malagueño Tiburones FM, que pode ser quen de dar moita guerra.
Polo de agora, os equipos inscritos son:
- Real Murcia
- Águilas Mallorca
- Tiburones FM
- Gibraltar TSA
- Subbuteo Madrid
Máis información na web da AFM.
domingo, 17 de febreiro de 2013
20 anos de Subbuteo en Portugal
A Asociación Portuguesa de Subbuteo (APS), ven de cumplir 20 anos adicada totalmente á práctica e ó fomento do noso deporte.
Con tal motivo, celebrouse un torneo conmemorativo, sendo os finalistas do mesmo Sergio Ramos e Rubén Portugués. Mási información sobre o mesmo no Facebook.
Parabéns, e que sexan moitos máis!!
Resultados do Campionato de España (Estepa - Sevilla)
Esta fin de semana, se disputou o Campionato de España de Fútbol de Mesa na localidade sevillana de Estepa, como xa ven sendo habitual.
Na categoría Open, o vencedor foi Ángel Valverde, despois de derrotar ó seu "maestro", Juan Carlos Granados, por 1-0.
Na categoría Veteráns, o vencedor foi Juan Carlos Granados, que derrotou 4-1 a Luis D. López.
En Sub-15, Antonio Casín desfíxose na final de Jesus Moreno.
No que se refire á IV Copa de España, o campión foi Antonio Casín, que derrotou a todo un veterán deste deporte como é Vicenç Prats.
En Sub-15, Antonio Casín desfíxose na final de Jesus Moreno.
No que se refire á IV Copa de España, o campión foi Antonio Casín, que derrotou a todo un veterán deste deporte como é Vicenç Prats.
Máis información e actualización de resultados no Facebook da AFM ou na web da AFM.
sábado, 16 de febreiro de 2013
Nova directiva na FISTF
A FISTF, ten unha nova directiva, encabezada polo portugués Luis Filipe Horta. Desexámoslles un mandato tranquilo e sobre todo, cheo de boas intencións para o noso querido deporte.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






