Visitas

domingo, 6 de setembro de 2015

Mundial FISTF 2015


Chega setembro, e chega o inicio con maiúsculas da tempada subbuteística coa celebración do Mundial FISTF 2015. 
Os vindeiros 11, 12 e 13 de setembro, terá lugar, na localidade italiana de San Benedetto del Tronto, unha nova edición do mundial de fútbol de mesa, no que a selección española, agarda obter uns bos resultados, como xa ven sendo habitual. Os convocados para tentar lograr o título na categoría Open son so seguintes:

Carlos Flores
Juan Noguera
Ángel Valverde
Miguel Ángel López
Alberto Mateos
David González
Luis Mateos

Tosa a información do mesmo, a poderedes atopar na web oficial.

domingo, 23 de agosto de 2015

"Brico Subbuteo": Constrúe o teu mini-campo de Subbuteo na casa

Aproveitando o parón veraniego, e para ter ocupado o tempo libre nas nosas vacacións, imos facer o noso propio mini-campo de Subbuteo na casa. Necesitaremos:

1 taboleiro de 90x50 cm
2 listóns de 90x4 cm para os lateráis do campo
2 listóns de 17x4 cm para os fondos do campo
1 rotulador "Edding" branco
1 tapete autocolante "Alkor Venilia" 100x45 cm (véndese nas papelerías por metro, sendo o ancho de 45cm)
1 bote pequeno de pintura plástica
2 porterías (as que cada un teña dispoñibles)

Os pasos a seguir son os seguintes (algúns son demasiado obvios, pero os poñemos igual)

1- Ensamblar os listóns e o taboleiro (eu utilicei únicamente puntas, pero recomendo utilizar como reforzo algo de cola). Os listóns de 90x4, irán nos lateráis do campo, e os de 17x4 nos fondos, deixando un espazo detrás das porterías. Se quederes, podedes aproveitar pintar o taboleiro e os listóns antes de poñer o tapete (eu o fixen no paso 5).


2- Pegar o tapete autocolante no taboleiro. Debido ó ancho do tapete, a mellor opción é cortalo á metade, e facer dous trozos de 50x45, quedando a unión xusto na metade do campo.


3- Pintar as liñas de campo co rotulador Edding. Deixa 4cm de marxe con respecto ós laterais e 7,5cm con respecto ós fondos. Para o círculo central, eu usei un CD como plantilla.



4- Fai os buracos para fixar ás porterías no caso de que sexa preciso (podes facelo unha vez ensamblado o campo, tendo moito ollo coas medidas).



5- Pintade as partes visibles do taboleiro e os listóns, tendo coidado de protexer o tapete.


6- Podedes añadir algún detalle para darlle máis realismo. No meu caso, eu optei por adhesivos que imitan a publicidade dun campo de fútbol.



Non agardedes un resultado de campo profesional, pero si un resultado óptimo para adestrar na casa e aprenderlles ós máis pequenos.

sábado, 16 de maio de 2015

IV Copa de España - Talavera


A IV Copa de España, tivo lugar o pasado mes de abril, en concreto os días 25 e 26. O evento non pasou desapercivido por terras talaveranas, e contou coa presenza do alcalde e carios membros da corporación municipal.
Os resultados foron os seguintes:

OPEN: Miguel Angel López do Cap Ciudad de Murcia (reaparecía despoiss de 4 anos afastado da competición), vencendo na final a David González.

VETERÁNS: Antonio Montaño (Tiburones FM) que derrotou a Juan C. Granados.

SUB-15: Antonio García (Tiburones FM) venceu a Jorge Pinero.

SUB-12: Kristian Sylagiev fronte ol tiburón Fernando González.

CONSOLACIÓN: Antonio J. Casín (categoría SENIOR) e Sergio García (categoría INFANTIL)

EQUIPOS: CAP CIUDAD DE MURCIA derrotando a Tiburones FM

Máis información na web da AEFM.

GP España 2015 - Mallorca


Os pasados - e 10 de Maio, disputouse en Mallorca o GP de España de Fútbol de Mesa. Os resultados foron os seguintes:


CAMPIÓN OPEN: CHRISTIAN HAAS
SUBCAMPIÓN: JUSTYN LEROY

CAMPIÓN VETERANOS: ANTONIO MOMTAÑO
SUBCAMPIÓN: VICENÇ PRATS

CAMPIÓN SUB 19: ANTONIO GARCIA
SUBCAMPIÓN SUB 19: ESTEBAN GONZALEZ

CAMPIÓN CONSOLACIÓN: DANIEL SHEEN
SUBCAMPIÓN CONSOLACIÓN: LUIS F MENDEZ

CAMPIÓN EQUIPOS : TIBURONES FM
SUBCAMPIÓN EQUIPOS: C.A.P. CIUDAD DE MURCIA

Honorífico premio Siurell : TONI VIDAL

Mais información na web do torneo.

xoves, 19 de marzo de 2015

A plantilla do Real Club Celta de Vigo, asina a súa réplica

A plantilla do Real Club Celta de Vigo, asinou a réplica feita por MySubbuteo por encargo de un que escribe.
Teño que agradecer a colaboración desinteresada do xogador da primeira plantilla, David Costas, sen o cal non sería posible conseguir de novo este reto.




luns, 9 de febreiro de 2015

Real Club Celta de Vigo 2014-15, 2ª equipación

O que levamos meses agardando, por fin é unha realidade. A réplica do Real Club Celta de Vigo 2014-15 coa segunda equipación, xa está listo para chegar ás nosas mans. Un excelente traballo, coma sempre de MySubbuteo. Agardemos telo canto antes para levarllo ós xogadores e que poidan asinalo.








Celta de Vigo 6

Últimamente, a busca de equipos de Subbuteo que leven as cores e o nome do R.C. Celta de Vigo, é unha das nosas ocupacións.
Atopamos por casualidade, unha reproducción do R. C. Celta de Vigo, da casa Borras, de finais dos 80 ou principios dos 90. Agardemos que vos guste.



Voltamos a carga

Despois dun tempo sen actividade por diversos motivos, Subbuteo Galicia volta a carga. Lamentamos a falta de publicacións, pero non sempre se pode estar a todo o que un quere.
Nestes meses pasaron moitas cousas tanto a nivel nacional como internacional, xa que se disputaron diversos torneos pola xeografía española, así como as citas clave do panorama internacional: o mundial e as competicións europeas de clubes (Champions League e Europa League).
Para informaros de todos os acontecementos pasados, remítovos á web da AEFM.

sábado, 6 de setembro de 2014

Fichaxes 2014-15

Como tódolos anos, unha vez chegadas estas datas, o mercado de fichaxes está repleto de movementos. Destacamos entre outras, a fichaxe do galego Santi R. Escudero polo novo clube madrileño, o Subbuteo Fútbol Chapas Store Móstoles.
Ademáis, destaca a fichaxe estrela dos Tiburones FM, Vicenç Prats, que retorna a un esquipo español despóis do seu periplo por terras italianas, e o retorno de Ángel Valverde a Murcia, incorporándose o CAP Ciudad de Murcia (antigo Real Murcia FM).
Os movementos dos que temos información ata agora son:

Vicenç Prats de Warriors Torino a TIBURONES FM
Luis Felipe Méndez de Warriors Torino a TIBURONES FM
Emilio Murciano de Tiburones a MALLORCA AGUILAS FM
Xavier Vallvé de Axente Libre a MALLORCA AGUILAS FM
Ángel Valverde de Pisa a CAP CIUDAD DE MURCIA
Luis Cano de SC Madrid a a CAP CIUDAD DE MURCIA
Pedro Peinado de SC Madrid a CAP CIUDAD DE MURCIA
Daniel Calzado de SC Madrid a AC LOS REMEDIOS FM
Álvaro Sánchez de SC Moralzarzal a SC UD SANTA MARIA
Santi R. Escudero de Axente Libre a SUBBUTEO FÚTBOL CHAPAS STORE MÓSTOLES
Varios compoñentes de Tiburones FM pasarán a formar parte do AC LOS REMEDIOS:
Javier Ríos
Manuel Romero
Antonio Gª Fernández
Fernando González
Ana Jiménez
Hugo González
Samuel Calzado

(Fonte: AEFM)

Mundial FISTF 2014 - Rochefort (Bélxica)



Esta fin de semana, dispútase en Rochefort (Bélxica), o Mundial de Fútbol de Mesa organizado pola FISTF.
A "armada española", tentará acadar os éxitos das pasadas edicións, ainda que non será nada fácil tendo en conta o potencial dos riváis. A temida Italia, seguirá a ser un ano máis, a favorita en case tódalas categorías.
Máis información na web do Mundial.