Visitas

xoves, 22 de outubro de 2015

Champions & Europa Leagues 2015


Esta fin de semana, chegan a competicións de clubes europeas, tanto a Champions League, coma a Europa League. A competición, dispútase na localidade blega de Frameries.
Os representantes españois serán Tiburones FM e CAP Ciudad de Murcia FM. Desexámoslles a mellor das sortes.
Toda a información na web oficial.

sábado, 3 de outubro de 2015

Celta de Vigo 8

Esta foi unha semana propicia para a adquisición de equipos de Subbuteo relacionados co Celta de Vigo. 
Nesta ocasión, o equipo que presentamos, corresponde a un coleccionable á venda en Italia, que se chama Subbuteo La Leggenda Vintage Edition, e reproduce a equipos de todo o mundo que marcaron unha época. No caso do Celta, refírese á época dourada do clube vigués, a tempada 2000/01 na que acadou o se único título, a Copa Intertoto, e o primeiro posto na clasificación da IFFHS. Agardemos que vos guste.




mércores, 30 de setembro de 2015

Celta de Vigo 7

Un novo equipo de Subbuteo co Celta de Vigo como protagonista, chegou ás nosas mans. Neste caso, trátase da caixa da marca Subbuteo Borrás dos anos 80 en perfecto estado de conservación e moi difícil de conseguir. Agardemos que sexa do voso agrado:



IV Open Internacional de Estepa


Esta fin de semana (3 e 4 de outubro), dispútase o IV Open internacional de Estepa (Sevilla). Agardemos que sexa un éxito tanto a nivel competitivo como organizativo.
Toda a información sobre o torneo na web oficial.

Mundial FISTF: España conquista Italia

A selección española de Fútbol de Mesa, ven de conquistar o campionato do Mundo a FISTF, disputado en San Benedetto del Tronto (Italia) os pasados 11, 12 e 13 de setembro.
A delegación española, conquistou o título de campiona do mundo por equipos tanto en categoría Open, como en categoría Veteráns, ademáis dos títulos individuais de Carlos Flores na categoría Open e de David González en categoría Sub-19. A actuación española pódese calificar de sobresaínte, con grandes actuacións a tódolos nivéis.
Parabéns a tódolos integrantes da selección española polos éxitos acadados.

Integrantes da selección española

David González e Carlos Flores posan cos seus trofeos de campións

A selección española posa cos seus trofeos

Final individual Open, co español Carlos Flores como protagonista


domingo, 6 de setembro de 2015

O Celta de Vigo protagonista no Subbuteo Blog



O blog italiano de Subbuteo, Subbuteo Blog, faise eco do Real Culb Celta de Vigo, nun artigo no que se fala un pouco sobre o clube referíndose á camisola, o escudo, etc. Faise referencia tamén ó equipo da tempada 2000/01, no que o Celta de Vigo acadou o posto número un da IFFHS.
Ademáis, tamén se poden ver imaxes de distintas re´plicas de Subbuteo do Real Club Celta de Vigo.
Podedes ler o artigo completo en Subbuteo Blog.

Mundial FISTF 2015


Chega setembro, e chega o inicio con maiúsculas da tempada subbuteística coa celebración do Mundial FISTF 2015. 
Os vindeiros 11, 12 e 13 de setembro, terá lugar, na localidade italiana de San Benedetto del Tronto, unha nova edición do mundial de fútbol de mesa, no que a selección española, agarda obter uns bos resultados, como xa ven sendo habitual. Os convocados para tentar lograr o título na categoría Open son so seguintes:

Carlos Flores
Juan Noguera
Ángel Valverde
Miguel Ángel López
Alberto Mateos
David González
Luis Mateos

Tosa a información do mesmo, a poderedes atopar na web oficial.

domingo, 23 de agosto de 2015

"Brico Subbuteo": Constrúe o teu mini-campo de Subbuteo na casa

Aproveitando o parón veraniego, e para ter ocupado o tempo libre nas nosas vacacións, imos facer o noso propio mini-campo de Subbuteo na casa. Necesitaremos:

1 taboleiro de 90x50 cm
2 listóns de 90x4 cm para os lateráis do campo
2 listóns de 17x4 cm para os fondos do campo
1 rotulador "Edding" branco
1 tapete autocolante "Alkor Venilia" 100x45 cm (véndese nas papelerías por metro, sendo o ancho de 45cm)
1 bote pequeno de pintura plástica
2 porterías (as que cada un teña dispoñibles)

Os pasos a seguir son os seguintes (algúns son demasiado obvios, pero os poñemos igual)

1- Ensamblar os listóns e o taboleiro (eu utilicei únicamente puntas, pero recomendo utilizar como reforzo algo de cola). Os listóns de 90x4, irán nos lateráis do campo, e os de 17x4 nos fondos, deixando un espazo detrás das porterías. Se quederes, podedes aproveitar pintar o taboleiro e os listóns antes de poñer o tapete (eu o fixen no paso 5).


2- Pegar o tapete autocolante no taboleiro. Debido ó ancho do tapete, a mellor opción é cortalo á metade, e facer dous trozos de 50x45, quedando a unión xusto na metade do campo.


3- Pintar as liñas de campo co rotulador Edding. Deixa 4cm de marxe con respecto ós laterais e 7,5cm con respecto ós fondos. Para o círculo central, eu usei un CD como plantilla.



4- Fai os buracos para fixar ás porterías no caso de que sexa preciso (podes facelo unha vez ensamblado o campo, tendo moito ollo coas medidas).



5- Pintade as partes visibles do taboleiro e os listóns, tendo coidado de protexer o tapete.


6- Podedes añadir algún detalle para darlle máis realismo. No meu caso, eu optei por adhesivos que imitan a publicidade dun campo de fútbol.



Non agardedes un resultado de campo profesional, pero si un resultado óptimo para adestrar na casa e aprenderlles ós máis pequenos.

sábado, 16 de maio de 2015

IV Copa de España - Talavera


A IV Copa de España, tivo lugar o pasado mes de abril, en concreto os días 25 e 26. O evento non pasou desapercivido por terras talaveranas, e contou coa presenza do alcalde e carios membros da corporación municipal.
Os resultados foron os seguintes:

OPEN: Miguel Angel López do Cap Ciudad de Murcia (reaparecía despoiss de 4 anos afastado da competición), vencendo na final a David González.

VETERÁNS: Antonio Montaño (Tiburones FM) que derrotou a Juan C. Granados.

SUB-15: Antonio García (Tiburones FM) venceu a Jorge Pinero.

SUB-12: Kristian Sylagiev fronte ol tiburón Fernando González.

CONSOLACIÓN: Antonio J. Casín (categoría SENIOR) e Sergio García (categoría INFANTIL)

EQUIPOS: CAP CIUDAD DE MURCIA derrotando a Tiburones FM

Máis información na web da AEFM.

GP España 2015 - Mallorca


Os pasados - e 10 de Maio, disputouse en Mallorca o GP de España de Fútbol de Mesa. Os resultados foron os seguintes:


CAMPIÓN OPEN: CHRISTIAN HAAS
SUBCAMPIÓN: JUSTYN LEROY

CAMPIÓN VETERANOS: ANTONIO MOMTAÑO
SUBCAMPIÓN: VICENÇ PRATS

CAMPIÓN SUB 19: ANTONIO GARCIA
SUBCAMPIÓN SUB 19: ESTEBAN GONZALEZ

CAMPIÓN CONSOLACIÓN: DANIEL SHEEN
SUBCAMPIÓN CONSOLACIÓN: LUIS F MENDEZ

CAMPIÓN EQUIPOS : TIBURONES FM
SUBCAMPIÓN EQUIPOS: C.A.P. CIUDAD DE MURCIA

Honorífico premio Siurell : TONI VIDAL

Mais información na web do torneo.