Coa entrada de Subbuteo Galicia na asociación de animación sociocultural e turística A Ila dos Ratos de Cangas do Morrazo, ábrese unha nova etapa para o Fútbol de Mesa en Galicia, xa que o Subbuteo, pasará a ser unha das actividades ofertadas pola asociación. Próximamente comezarán as actividades, das cales manterémosvos informados.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
mércores, 22 de febreiro de 2017
Resultados XXXIV Campionato de España de Fútbol de Mesa
A pasada fin de semana, disputouse en Haro (La Rioja), unha nova edición do Campionato de España de Fútbol de Mesa, e xa van 34.
Nun marco incomparable, o campionato estivo á altura, e non decepcionou a ninguén.
O sábado disputáronse as categorías individuais, siendo os triunfadores Raul Benita (Bologna Tigers) en categoría Open, Juan Carlos Granados (CAP Murcia) en categoría veteráns e Carlos Pinto (SC Móstoles) en categoría Sub-12.
O domingo tivo lugar a competición por equipos, onde unha vez máis, o Tiburones FM, fíxose con triunfo.
Mais información na web da AEFM.
Nun marco incomparable, o campionato estivo á altura, e non decepcionou a ninguén.
O sábado disputáronse as categorías individuais, siendo os triunfadores Raul Benita (Bologna Tigers) en categoría Open, Juan Carlos Granados (CAP Murcia) en categoría veteráns e Carlos Pinto (SC Móstoles) en categoría Sub-12.
O domingo tivo lugar a competición por equipos, onde unha vez máis, o Tiburones FM, fíxose con triunfo.
Mais información na web da AEFM.
sábado, 18 de febreiro de 2017
XXXIV Campionato de España de Fútbol de Mesa
Esta fin de semana, disputase en Haro (La Rioja), o 34° Campionato de España de Fútbol de Meda. Sorte a tódolos participantes!!
venres, 6 de xaneiro de 2017
O Fútbol de Mesa no xornal La Voz de Galicia
Unha vez mais, o xornal La Voz de Galicia, fíxose eco do Fútbol de Mesa. A reportaxe feita por Miriam Vazquez Fraga, fala sobre a condición de siareiro e de coleccionista de réplicas de Subbuteo do Real Club Celta de Vigo, de Santi R. Escudero. Poderes ver a reportaxe completa na web adicada ó R.C. Celta de Vigo, no mencionado xornal, Grada de Rio. Así mesmo, na edición impresa do xornal do día de hoxe, tamén se publicou un resumo desta reportaxe:
Aguardemos que vos guste, e como non podería ser doutro xeito, queremos agradecer a predisposición de La Voz de Galicia para falar do noso querido deporte.
mércores, 28 de decembro de 2016
Equipaxes históricos do Celta
Temos a honra de presentarvos unha nova réplica do Real Club Celta de Vigo.
Nesta ocasión, decidimos encargar un cadro coas equipaxes que vestiu o Celta ó longo da sua historia, dende os seus pais, o Real Fortuna Foot-ball Club e o Real Vigo Sporting Club, ata hoxe en día. Un resultado espectacular que nas fotos non se aprecia ben.
Todo o noso agradecemento ó autor desta "obra de arte", Westwood Table Soccer.
De esquerda a dereita e de arriba a a abaixo:
1- Real Fortuna Foot-ball Club
2- Real Vigo Sporting Club
3- R.C. Celta de Vigo (1923)
4- R.C. Celta de Vigo (1924)
5- R.C. Celta de Vigo (1933)
6- R.C. Celta de Vigo (1944)
7- R.C. Celta de Vigo (1951)
8- R.C. Celta de Vigo (1965)
9- R.C. Celta de Vigo (1972)
10- R.C. Celta de Vigo (1983)
11- R.C. Celta de Vigo (1992)
12- R.C. Celta de Vigo (1995)
13- R.C. Celta de Vigo (2001)
14- R.C. Celta de Vigo - Champions League (2003)
15- R.C. Celta de Vigo (2009)
16- R.C. Celta de Vigo (2013)
17- R.C. Celta de Vigo (2014)
18- R.C. Celta de Vigo (2015)
19- R.C. Celta de Vigo (2016)
20- R.C. Celta de Vigo - Europa League (2016)
domingo, 25 de decembro de 2016
sábado, 22 de outubro de 2016
I Satélite de Moralzarzal (Madrid)
A localidade madrileña de Moralzarzal, acolleu o fin de semana pasado (15 e 16 de outubro), o seu primeiro torneo internacional, un torneo Satélite, valedeiro para a clasificación da FISTF.
Na xornada do sábado, disputouse a categoría de Veteráns, resultando vencedor o grego Ioannis Kakavas (GRD Tires). Tamén se disputou a categoría Open, na que Luis López (Tiburones FM) non deu opción ós seus rivais. No torneo de consolación José María Feijoo (Moralzarzal SC), foi que se levou o gato á auga.
O domingo, tivo lugar un novo torneo na categoría open, volvendo Luis López (Tiburones FM) a acadar o triunfo. Na consolación, Isaac García (Moralzarzal SC) foi o vencedor.
Máis información na web da AEFM.
V Open Internacional de Estepa (Sevilla)
Os pasados 1 e 2 de outubro, celebrouse unha nova edición do Open Internacional de Estepa (Sevilla), nas instalacións do Centro de Interpretación Los Tajillos de Estepa. Perto de 100 xogadores y 18 equipos de parte de Europa e de varios lugares de España, fixeron que a participación fora todo un éxito. Os resultados foron os seguintes:
Open: O italiano Gerardo Patruno (Bologna Tigers) derrotou o español David González ( Eagles Napoli)
Veteráns: O austríaco Günther Bamberzky fíxose coa victoria ante o belga Pascal Scheen (Stembert)
Sub 19: Antonio Jesus Casín (Tiburones FM) derrotou ó portugués Afonso Pereira (GRD Tires - Lisboa)
Sub 15: Vasco Henriques (JCS Castanheria) derrotou ó gibraltareño Niall Dean (Gibraltar TFA)
Equipos: O Tuburones FM (españa) derrotou por 2-1 o Wiener Neudstat (Austria)
Máis información na web da AEFM
Resultados Mundial 2016
Os pasados 3 e 4 de setembro, celebrouse en Frameries (Bélxica), unha nova edición do mundial de Fútbol de Mesa. Como ven sendo habitual, a "vermelliña" obtivo uns bos resultado, con varios postos de semifinalistas e dous subcampionatos.
Os resultados nas distintas categorías foron os seguintes:
INDIVIDUAIS:
Open: Wolfrang Leitner (Austria) 2 - Luca Colangelo (Italia) 1
Veteráns: Massimo Cremona (Malta) 2 - Gianfranco Calonico (Italia) 6
Feminina: Victoria Büsing (Alemania) 0 - Carolina Villarigues (Portugal) 3
Sub 19: Matteo Ciccarelli (Italia) 3 - Nicola Borgo (Italia) 0
Sub 15: Leonardo Guidice (Italia) 3 - Claudio La Torre (Italia) 2
Sub 12: Kristian Silagiev (España) 2 - Giorgio Giudice (Italia) 3
EQUIPOS:
Open: España 0 - Italia 4
Veteráns: Bélxica 1 - Italia 3
Feminina: Bélxica 2 - Italia 2 (campión Bélxica por diferencia de goles)
Sub 19: Alemania 1- Bélxica 2
Sub 15: Italia 3 - Austria 0
Sub 12: Italia 3 - Bélxica 0
Podedes ver os resultados completos na web oficial
sábado, 3 de setembro de 2016
Mundial de Fútbol de Mesa 2016: Frameries (Bélxica)
Un ano mais, chega o Mundial de Fútbol de Mesa, que esta vez, celébrase na localidade belga de Frameries. A selección española, tentará acadar os éxitos aos que nos teñen acostumados.
Máis información na web oficial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





