Visitas

luns, 30 de decembro de 2019

Sergio Álvarez, o "gato de Catoira"

Unha das figuras do Real Club Celta de Vigo das últimas tempadas non é outra que o porteiro Sergio Álvarez. Canteirán sen moita sorte ata que acadou o seu sitio no primeiro equipo, facendo grandes tempadas e partidos memorables, coma o da victoria por 0-1 no Camp Nou. Ainda que este ano estase a ver eclipsado por Rubén Blanco, hai que dicir que Sergio Álvarez é un exemplo para tódolos canteiráns do Celta. Paciencia, perseverancia e traballo para acadar o seu sono, pódese dicir que son as súas señas de identidade. Pensamos que por todo iso e máis, merecía esta pequena homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo. Totalmente pintada a man.





sábado, 7 de decembro de 2019

Ajax de Amsterdam, campión da Recopa de Europa 1986-87

Esta vez presentamos un equipo completo, o Ajax de Amsterdam que foi quen de gañar a Recopa de Europa na tempada 1986-87, da man de Johan Cruyff. Comezaban a destacar xogadores como Marco Van Basten, Denis Bergkamp, Frank Rijkaard ou Richard Witschge.
Equip pintado e personalizado totalmente a man. Agardemos que vos guste.



mércores, 25 de setembro de 2019

Rafihna, o re-retorno

Outro dos xogadores máis queridos polos siareiros celestes, non é outro que Rafniha Alcántara, o fillo dun do mellores xogadores que vestiron a celeste, Mazinho. Despois da tempada que xogou no Celta as ordes de Luis Enrique, deixou unha pegada moi grande nos corazóns celestes. Inesperadamente, o Celta conseguiu a súa fichase para esta tempada, aumentando as esperanzas dos siareiros de facer algo grande. Ainda que so puido xogar un partido fronte o Atlático de Madrid, quedou claro que o seu papel vai ser moi imprtante, e vai aportar grandes cousas ó euipo vigués.
Tamén quixemos facer unha homenaxe deste retorno, facendo a réplica de Rafinha en figuriña de subbuteo. Coma sempre, pintada totalmente a man.




Denis Suárez, un soño feito realidade

Cando Denis Suárez deixou ó Celta para fichar polo Manchester City, ainda era un rapaz de 17 anos. A crisis económica do equipo vigués, obligaron a vender aunha das perlas de A Madroa, coa intención de que algún día regresara. 8 anos mais tarde, e despois de pasar polo Barcelona, Villarreal, Sevilla e Arsenal, o Real Club Celta de Vigo cumpriu un dos soños que levaba perseguindo dende que Denis abandonou o Celta: o seu ansiado regreso.
A pesar de levar simplemente 5 partidos co equipo vigués, claro está que é un xogador que vai dar moitas alegrías e que desprende unha calidade inmensa.
Dende aquí, a nosa homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo, coa segunda equipación do Celta para esta tempada 2019-20.



(Foto: Faro de Vigo)

Jimmy Hagan, o norirlandés con sangue celeste

Jimmy Hagan chegou ó R. C. Celta de Vigo na tempada 86-87 procedento do Birminghan City (Inglaterra), permanecendo no equipo ata a tempada 88-89, fichando polo Larne (Irlanda do Norte) o equipo que o viu nacer futbolísticaente. Nese pequeno período de tempo, deixou os destellos da súa calidade e converteuse nun xogador moi carismático e moi querido polos siareiros do Celta.






Un gran coleccionista de equipacións do celta, encargoume esta figuriña para que lle chegara como agasallo ó protagonista, e vaia se lle chegou...


xoves, 22 de agosto de 2019

Pape Cheikh recibe a sua figuriña

O novo xogador do Real Club Celta de Vigo, Pape Cheikh, recibiu a réplica de Subbuteo gacias a un dos maiores coleccionistas de camisetas do Celta. A pesar de que a figuriña foi pintada fai máis dun ano, non se ll puido entrgar ata agora por mor da súa marcha ó Lyon. Co seu regreso acadouse o obxetivo. Un orgullo ver as nosas creacións nas mans dos protagonistas.


sábado, 8 de xuño de 2019

Carlos Pita e Iriome (C.D. Lugo) reciben a súa réplica

Os xogadores do Club Deportivo Lugo, recibiron como agasallo pola permanencia na Liga 123, unha réplica de Subbuteo totalmente pintada aman. É un placer poder entregarlle ós xogadores as súas figuriñas e seguir fomentando o noso pequeno deporte.





Figuriñas personalizadas

Como agasallo de cumpreanos para unha parella de amigos, decidin facer unhas figuriñas personalizadas. Para el unha figuriña dun dos seus equipos de fútbol favoritos, o St Patrick (Alemaña), co seu nome e os anos a cumprir, e para ela unha figuriña facendo o seu deporte favorito, crossfit. 
Seguimos abrindo novas posibilidades para as figuriñas personalizadas. Agardemos que vos gusten. Coma sempre, totalmente pintadas a man.





domingo, 21 de abril de 2019

Carlos Pita, un incombustible do Club Deportivo Lugo

Carlos Pita chegou ó Club Deportivo Lugo no 2010, para xogar en 2ªB. Dende a súa chegada, o Lugo está a pasar pola súa época dourada, co ascenso á Liga 123 na tempada 2011-12, ainda que esta tempada está a tocar sufrir para manter a categoría, despois dunhas tempadas anteriores nas que houbo bastante máis tranquilidade. A pesar de todo, Carlos Pita é un dos pilares deste clube, o capitán e un incombustible dentro do campo.
Tivemos a sorte de que puidera asinar a súa réplica, o que fai que estemos moi orgullosos do traballo feito. Coma sempre, totalmente pintado a man.





(Imaxe collida da web do C.D. Lugo)

Iriome, Club Deportivo Lugo 2018-19

Novamente quixemos representar a Iriome, xogador do Clube Deportivo Lugo, desta vez coa equipación da tempada 2018-19. Deixamos a proba de que o xogador quedou contento co noso traballo, según nos comentou en Twitter. Coma sempre totalmente pintada a man.





(Imaxe collida da web do C.D. Lugo)