Eduardo "Toto" Berizzo, chegou ó Real Club Celta de Vigo en decembro do ano 2000, para axudar ó equipo vigués nas tarefas defensivas. Dende o primeiro intre asumiu o papel que tiña que desenrolar e convertiuse no xefe da defensa celeste e rendindo de maneira excepcional no equipo vigués, chegando a disputar unha final da Copa do Rey e a Champions League. O seu sentimento polas cores celestes, desbordou no fatídico encontro de Riazor na que o Celta caeu derrotado por 3-0 e prácticamente certificaba o seu descenso a segunda división, e que lle supuxo un enfrontamento dialectico coa grada rival. Certo é que uns anos antes, na tempada 2001-02, nese mesmo estadio foi o autor dun dos goles do equipo vigués e que axudou para sacar un punto da cidade herculina. Esa foi a camiseta escollida para facerlle a nosa pequena homenaxe. Totalmente pintada a man.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
venres, 22 de maio de 2020
Otero, o lateral da casa
Jorge Otero, é un dos xogadores de peso do Real Club Cetla de Vigo ó longo da sua historia. Debutou no primeiro equipo no ano 1987, vinvindo grandes momentos coa elástica celeste: ascenso na tempada 1991-92 e a final de Copa do Rey de 1994. As súas actuacións como xogador do Celta, valéronlle para chegar á seleccion española e xogar o Mundial de Fúlbol 1994 e posteriormente fichar polo Valencia C.F. Un lateral dos de antaño, loitador e correoso, que non daba un balón por perdido e con gran recorrido pola banda dereita. Dende aquí, a nosa pequena homenaxe coa equipación da tempada 1992-93 da primeira división. Totalmente pintado a man.
sábado, 16 de maio de 2020
"Matador" Kempes
A fináis dos anos 70, o Valencia C.F. fichou a un rapaz arxentino de 22 anos que viña de marcar 110 goles en 120 partidos na liga arxentina. Ese rapaz, non era outro que Mario Alberto Kempes, apodado "O Matador".
Na sua primeria tempada (1976-77) no clube "Ché", xa deixou claro o porqué da súa fichaxe: 24 goles en 34 partidos. Pero na seguinte ainda mellorou os números, facendo un total de 39 goles entre liga e Copa. Xogou o Mundial de 1978 coa súa selección, Arxentina, coa que acadou o título.
Na tempada 1978-79, o Valencia C.F. proclamouse campión da Copa do Rey, sendo o artífice do triunfo na final fronte o Real Madrid, "Matador" Kempes, que anotou os dous goles para os valeciáns. A icónica camiseta coa "senyera" utilizada na final de Copa, servíunos como modelo para representar a este gran xogador. Totalmente pintada a man.
xoves, 14 de maio de 2020
Michael Robinson, o fútbol perde a súa esencia
O pasado 27 e abril, anunciouse a morte dun dos homes de fútbol máis queridos neste país, Michael Robinson. O ex-futbolista británico, chegou a España na tempada 1987-88 para fichar polo Club Atlético Osasuna, despois de xogar en clubes históricos do fúbol inglés coma o Manchester City, Liverpool ou Queens Park Rangers. Unha vez colgou ás botas, comezou a súa carreira de comentarista en Euresport e no mundial de fútbol de 1990 para TVE. Posteriormente chegou a "Canal +", onde se convertiu na voz do fútbol, facendo de comentarista do partido da xornada e sobre todo, co programa "El día después", posteriormente en "Movistar +". Foise por tanto, un dos persoeiros do fútbol.
Quixemos representalo coa equipación do C.A. Osasuna 1987-88. Vai por ti, Michael.
Gudelj, o comezo dunha lenda celeste
O xogador bosnio Vlado Gudelj, cheou as fulas do clube vigués na tempada 1991-92. Un xogador desconocido, do que pouco se sabía, ademáis do seu clube de procedencia, o Velez Mostar. Toda unha incógnica que dende o primeiro partido foi deixando a súa carta de presentación. 2 goles ó Lleida na primeira xornada, 2 goles ó Castellón na segunda xornada , 2 goles ó Las Palmas na terceira xornada, 1 gol en Copa ó Tomelloso, 1 gol ó Barcelona "B" e outor 2 goles ó Palamós deixaron claro que a fichaxe era todo un acerto, xa que en apenas 6 partidos, anotou 10 goles e encarrilaban ó Celta cara o ascenso. E os goles seguiron caendo, ata un total de 27 goles (26 en liga e 1 en copa), anotando 8 dobletes e un hat-trick, acadando o pichichi da segunda división e o ascenso.
Quixemos facerlle unha pequena homenaxe, representándoo coa primeira equipación desa tempada do ascenso.
David Seaman, un clásico do Arsenal dos 90
Cando falamos de David Seaman e do Arsenal, sempre nos lembramos do gol que lle marcou o zaragocista Nayim na final da Recopa de Europa da tempada 1994-95. Sen embargo, foi un xogador que deu un resultado excepcional en tódalas tempadas que disputou cos "gunners". O seu bigote e a súa coleta (no final da sua carreira), foron un rasgo característico que o facían inconfundible. Neste caso, fixemos unha mistura, xa que o vestimos coa equipación do Arsenal da tempada 1991-92 e pu´xemoslle o pelo do ano 2001.
Canobbio, o xogador pausado
Fabián Canobbio, chegou ó Real Clube Celta de Vigo polo Valencia C.F. na tempada 2004-05, coa idea de ascender ó equipo vigués á primeira división. A pesar de que parecía que xogaba andando, amosou moita calidade e foi un dos artífices do ascenso do clube vigués á primeira division. Quixemos representalo coa segunda equipación que usou o Celta nesa tempada.
Cabral, o guerreiro da defensa
Gustavo Cabral, chegou ó Real Clube Celta de Vigo na tempada 2012-13, na que o Celta buscaba manterse na primeira categoría do fútbol español. Nesa complicada tempada, cabral foi o autor dun dos goles que facilitou a permanencia do Celta na derradeira xornada de liga, xa que na xornada anterior, no campo de Zorrilla, anotou un dos dous goles da victoria celeste fronte ó Valladolid. Quixemos rememorar ese momento, representando a figuriña de Cabral coa euipacion que vestiu ese día.
martes, 28 de abril de 2020
Juan Curz Sol, o ano que deixou o Valencia C.F.
O final da tempada 1974-75, Juan Cruz Sol deixou o Valencia C.F. para fichar polo Real Madrid. Despois de convertirse nun ídolo para moitos valencianistas, decidiu trocar de aires, se ben regresou novamente ó clube "Che" na tempada 1979-80, para retirarse do fútbol no ano 1981 vestindo a camiseta do clube que o viu medrar futbolísticamente. Nesa tempada (1974-75), o Valencia C.F. vestiu unha terceira equipación realmente chamativa e é por iso que decidimos representala. Pintada a man.
Juan Cruz Sol, Valencia C.F. 1972-73
Nova figuriña de Juan Cruz Sol. Desta vez, o quixemos representar coa segunda equipación do Valencia C.F. da tempada 1972-73. Non foi unha das mellores tempadas do clube valenciá, pero esta equipación ben merecía unha réplica. Coma sempre, pintada a man.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































