Non podiamos deixar escapar a ocasión de pintar ao enominado D10S do fútbol. Un superclase que hoxe non pasa polo seu mellor momento, Maradona. Un xogador que fixo auténticas maravillas sobre un campo de fútbol, coma o gol que lle anotou a Inglaterra no mundial de México 86. Tamén fixo a pillería máis lembrada do fútbol mundial, a famosa "man de deus", tamén fronte Inglaterra no mundial do 86. Nese Mundial, viuse probablemente unha das mellores versións de Diego Armando Maradona e Arxentina acabou proclamándose campiona do mundo. Representámolo coa primeira equipación que a selección albiceleste vestiu no mundial de México 86. Totalmente pintado a man.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
xoves, 23 de xullo de 2020
Españeta, ídolo sen xogar
As veces, non tódolos ídolos dun equipo de fútbol son os xogadores. Hai casos coma o de Españeta, mítuco utillero do Valencia C.F., que ten o cariño de toda a afección valencianista. Se ven xa está retirado, é un emblema do clube, e ben merecia súa pequena homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo. Para iso, tivemos que transformar unha figuriña 2k4 e darlle a forma desexada usando masila. Totalmente modelado e pintado a man.
martes, 14 de xullo de 2020
Valencia C.F., campión da Liga 2001-02
Na tempada 2001-02, un gran Valencia C.F., fíxose co título de campión de Liga acadando os 75 puntos, 7 de diferencia co segundo clasificado, o Deportivo da Coruña, 9 co terceiro (Real Madrid) e 11 co cuarto (Barcelona). Só perdeu 5 partidos e encaixou 27 goles. Unha plantilla espectacular, nasque destacaban Cañizares, Ayala, Carboni, Djukic, Angloma, Kily, Aimar, Baraja... Deixámosvos a réplica en figuriñas de Subbuteo. Pintada totalmente a man.
Valencia C.F., campión da Copa do Rey de 1979
No ano 1979, o Valencia C.F., acadou o título de campión da Copa do Rei tras de derrotar ó Real Madrid por 2-0, con tantos do "Matador" Kempes. Para esa ocación, usaron equipación moi chamativa, coas cores da senyera. Dende aquí, a nosa homenaxe aquel Valencia dos Kempes, Arias, Manzanedo, Bonhof...
Totalmente pintado a man.
I Cavalli, equipo aficionado de Latisana (Udine, Italia)
Outra petición de equipo non profesional, pero que non deixa de ter o seu encanto. Neste caso, trátase de "I Cavalli", equipo aficionado de Latisana, poboacion da rexión italiana de Udine). Unha equipación complicada de pintar, pero cun resultado máis que satisfactorio. Pintada totalmente a man.
Iago Pérez, figuriña personalizada
Ás veces chegan peticións expresas de figuriñas personalizadas de equipos e xogadores non profesionais. Este é o caso de Iago Pérez, que xoga no equipo Bar Avelino, e que pediu a súa réplica. Totalmente pintada a man,
Santiago Formoso, "Alén do Cosmos"
Dende fai algún tempo, está dipoñible na web da TVG o documental feito por Pedro Pablo Alonso e Rubén Pardiñas, "Alén do Cosmos", que nos fala sobre un xogador do mítico New York Cosmos, que se enrolou no equipo da gran mazá alá polo ano 1977, chegando a xogar con grandes figuras de nivel mundial como Pelé, Beckenbauer ou Johan Cruyff. Ese xogador, non é outro que Santiago Formoso, nado en Vigo no ano 1953 e que emigrou xunto coa sua familia en 1969 ós Estados Unidos. Acadou o anel de campión da NASL no ano 1978, sendo.
Se queredes saber máis sobre este xogador, non dubidedes en clicar no enlace para ver o documental ALÉN DO COSMOS.
A súa historia deixounos fascinados e é por iso que decidimos facerlle unha merecida homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo. Totalmente pintada a man.
xoves, 4 de xuño de 2020
Stefan Klos, o muro do Borussia Dortmund
Stefan Klos, xogou ó longo da súa carreira en dous clubes, o Borussia Dortmund (Alemania) e o Rangers (Escocia). No equipo Alemán, foi quen de acadar unha Champions League e unha Copa Intercontinental. Precisamente a equipación do Borussia Dortmound foi a escollida para representalo. Totalmente pintado a man.
Roberto Baggio "il divino codino"
Roberto Baggio foi un xogador mítuco da liga italiana e un fixo da selección transalpina. Para España queda na lembranza polo gol nos derradeiros minutos de partido dos cuartos de final da Copa do Mundo de Futbol USA 94, que mandou para casa ó combinado español. Sen embargo, na final dese mundial, Roberto Baggio foi o triste protagonista tras errar na tanda de penaltis, o que supuxo a victoria para Brasil.
Fora destas lembranzas mundialistas, Roberto Baggio debutou no Vicenza Calcio na tempada 1982-83, da serie C italiana, comenzando a destacar como goleador, o que fixo que os equipos grandes de Italia puxeran os ollos nel e acabou sendo fichado pola ACF Fiorentina na tempada 1985-86. Tras unhas primeiras tempadas nas que case non tivo oportunidades, nas tempada 1988-89 e 1989-90, comezou a demostrar o por qué da súa fichaxe.
O Juventus F.C. foi o seu seguinte equipo a partir da tempada 1990-91, chegando a acadar o balón de ouro en 1993. Despois da súa etapa no euipo turinésm chegou ó AC Milán, no que estivo duas tempadas.
Na tempada 1997-98, fichou polo Bologna F.C., anotando 22 goles en 30 partidos o que o levou a ir convocado con Italia para o Mundial de Francia 98.
Despois deste efímero paso por Bologna, fichou polo Inter de Milán, no que tivo unhas tempadas máis que distcretas.
O seu último clube, foi o Brescia Calcio, ó que se incorporoi na tempada 2000-01, retirándose na tempada 2003-04, despois de anotar 12 goles en 26 partidos.
Aquí o temos representado con varias das equipacións que vestiu ó longo da súa carreira.
VICENZA CALCIO 1984-85
A.C.F. FIORENTINA 1988-89
JUVENTUS 1992-93
BOLOGNA 1997-98
BRESCIA CALCIO 2001-02
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































