Visitas

luns, 31 de agosto de 2009

O AFT Turia 1981 refórzase de cara a vindeira tempada

O AFT Turia 1981, ven de fichar dous novos xogadores. O primeiro, o portugés Jaime Silva, xogaba ata o de agora, no equipo grego Athens Kickers; o segundo xogador, é o catalán Marc Ligos, e procede do Catalunya FT. Con estas fichaxes, o AFT Turia 1981 de seguro que dará moita guerra a tódolos seus rivais.

Jaime Silva nun partido coa selección portuguesa

xoves, 27 de agosto de 2009

Mundial da FISTF 2009 en Rotterdam

Entre os días 4 e 6 de Setembro, celebrarase en Rotterdam (Holanda) o Mundial de Fútbol de Mesa organizado pola FISTF. A selección española, contará cunha nutrida representación, e presentará equipos nas categorías Open, Veteranos e Sub-19. Os convocados son:
Categoría Open: Carlos Flores (Reggiana), Vicenç Prats (Warriors Torino), Alberto Mateos (Real Murcia), Ángel Valverde (Real Murcia) e Emilio Murciano (Real Murcia).
Categoría Veteranos: J.C. Granados (Real Murcia), Fernando Gómez (AFT Turia 1981), José León (Tiburones FM), Ferrán Coll (Tiburones FM), Luis F. Méndez (Tiburones FM) e J.C. Guerrero (SC Madrid Total Soccer).
Categoría Sub-19: Juan Noguera (Real Murcia), José Ros (Real Murcia), Iván Romera (Real Murcia), Pedro Ortín (Real Murcia) e Jonatan Caballero (AFT Turia 1981).
Agardemos que obteñan uns bos resultados. Manterémosvos informados. Máis información en http://www.worldcup2009.eu/index.html.

mércores, 5 de agosto de 2009

Fichaxes do Madrid Total Soccer

O Madrid Total Soccer, atou para a vindeira temporada os irmáns Jaime e Jose Manzanero, procedentes do Madrid 1980. Así mesmo, conseguiu atar a un dos xogadores revelación da pasada temporada, Maxim Aguirregabiria (Barcelona FT). Ademáis, tamén fíxose cos servicios do xogador do Real Murcia, Paco Molina.

martes, 4 de agosto de 2009

O Tiburones FM pesca veteranía

O Tiburones FM (Málaga), refórzase de cara a vindeira temporada. Todo apunta a que os xogadores Ferran Coll (Warriors Torino), José León (ASD Bari), Jonh Field (Gibraltar) e o portugués Nuno Noronha (FTC Issy les Moulineaux), formarán parte das suas filas na temporada 2009/2010. De confirmarse estas fichaxes, o Tiburones FM, convertirase nun equipo competitivo que pode dar moita guerra e máis dunha sorpresa.

luns, 27 de xullo de 2009

Resultados do XXIV IGP de Corbera

O pasado fin de semana, disputouse o torneo máis prestixioso do panorama nacional, o XXIV IGP de Corbera. Como era de esperar, a participación foi moi elevada, e o espectáculo esvtivo asegurado en todo momento. Na xornada do sábado, celebrouse a categoría por equipos, resultando vencedor o Reggiana (Italia) do español Carlos Flores, despois de derrotar na final ó Mattersburg (Austria) por un axustado 2-1. Tamén se disputou a categoría de veteranos, na que resultou vencedor o italiano Emilio Richichi (ASD SC Palermo), despois de derrotar na final ó seu compatriota Paolo Finardi (Warrios Torino) por 2-0. A xornada do domingo quedou reservada para a categoría open, na que o vencedor foi, o número 1 mundial, Carlos Flores (Reggiana), que se desfixo na final do seu compañeiro de equipo, o italiano Saviero Bari (Reggiana), depois de derrotalo por un axustado 4-3. Noraboa a tódolos vencedores. Máis información en http://www.futboldemesa.com/ i en http://www.futboldetaula.cat/.

domingo, 19 de xullo de 2009

XXIV SPANISH IGP: Chega o clásico do verán


O vindeiro fin de semana (25 e 26 de Xullo), disputarase en Corbera de Llobregat (Barcelona), o "XXIV Spanish IGP". O lugar de celebración, será o habitual dos últimos anos, e dicir, o "Teatro Sociedade Cultural Diadema Corberenca". Este torneo de gran prestixio nacional e internacional, pechará a temporada de torneos da AFM. Agárdase como é habitual , unha gran participación en tódalas categorías, así como a chegada de xogadores e equipos de distintos países europeos (Italia, Grecia, Malta, Francia, Austria, Portugal, Holanda, ...). Moita sorte a tódolos participantes. Máis información en http://www.futboldetaula.net/ i en http://www.futboldemesa.com/.

luns, 13 de xullo de 2009

II Torneo FT Champs: O Real Murcia sentencia en Madrid

O pasado fin de semana, celebrouse en Madrid o II Torneo FT Champs. A gran participación (32 xogadores e 6 equipos), e a deportividade, volveron a ser as notas destacadas dun torneo, que ainda que ten apenas dous anos de historia, estase a facer un lugar nos torneos clásicos a nivel nacional.
Na competición Open, o vencedor foi Alberto Mateos (Real Murcia), que derrotou na final a Juan Noguera (Real Murcia) por 6-4. No torneo de consolación, Manolo Clemares (AFT Turia 1981), venceu a Julio Candelas (Madrid 1980 SC) 3-1 nos tiros directos.
Na categoria por equipos, o tiunfador foi o Real Murcia, despois de derrotar na final ó AFT Turia 1981 por 2-0. Con este resultado, o Real Murcia deixa sentenciado o título do Gran Prix da AFM. Destacar tamén, que o Tiburones FM, levouse o trofeo á deportividade.
Toda a información sobre o torneo, a podedes atopar en http://madridtotalsoccer.blogspot.com/ e en http://www.futboldemesa.com/.

luns, 6 de xullo de 2009

II Torneo FT Champs

O vindeiro sábado 11 de Xullo disputarase o II Trofeo FT Champs, no Centro Comercial Art Decó (Madrid). Agárdase unha gran participación tanto na categoría open (polo de agora hai 29 xogadores inscritos) como na categoría por equipos (6 equipos inscritos a día de hoxe).
Na categoría por equipos, haberá expectación por ver se o AFT Turia 1981 será quen de alzarse co título, e aumentar as súas posibilidades de alzarse co triunfo final do Gran Prix da AFM, ou pola contra, se será o Real Murcia (que se desplaza a Madrid con todo o seu potencial) quen se faga co triunfo e sentencie así o título do Gran Prix da AFM.
Na categoría open, agárdase tamén un torneo moi disputado, sendo favoritos xogadores como Carlos Flores (Reggiana), Vicenç Prats (Warriors Torino), Alberto Mateos (Real Murcia) e Ángel Valverde (Real Murcia), sen descartar a xogadores coma os irmáns Benita (AFT Turia 1981).

sábado, 27 de xuño de 2009

Machadas do AFT Turia 1981 e de Vicenç Prats

O AFT Turia 1981, proclamouse campeón do III Torneo Sant Jordi celebrado hoxe na localidade catalana de El Prat de Llobregat, despois de derrotar na final ó Rela Murcia. O AFT Turia 1981, alineou nesta ocasión a Fernando Gómez, Raúl Benita, Manolo Clemares e Vicente Benita (nesta ocasión non contou coa presencia de ningún dos seus xogadores galegos), mentres que o Real Murcia alineou a J.C. Granados, Alberto Mateos, Angel Valverde e Emilio Murciano. O resultado final foi de empate 1-1, pero o maior número de goles marcados polo AFT Turia 1981 (en concreto un máis) fixeron que o triunfo fora para os valencianos. Con este magnífico resultado, o equipo valenciano achégase na clasificación xeral ó seu máximo rival na loita polo título do Gran Prix da AFM, o Real Murcia. Noraboa por este triunfo e dende aqui desexamos que non sexa o último.
Por outra banda, na categoria Open, o vencedor foi o xogador catalán, e actual campión de España, Vicenç Prats (Warrios Torino), que derrotou na final ó murciano Alberto Mateos (Real Murcia) por un axustado 4-3. Na final de consolación, Ivan Romera (Real Murcia), derrotou con claridade a Julio Candelas (Madrid 1980 SC) con un contundente 5-1.
Máis información en http://www.futboldemesa.com.


O AFT Turia 1981 celebrando o seu triunfo

mércores, 24 de xuño de 2009

III Torneo Sant Jordi

O vindeiro sábado 27 de Xuño, celébrase na localidade catalana de El Prat de Llobregat o "III Torneo Sant Jordi". A proba disputarase no "Complexo deportivo Estruch", e o organizador é Francesc Alert (Barcelona FT): francesc@paviparket.com. O horario de inicio do torneo open será ás 8:45, e as 16:30, comezará o torneo por equipos. Máis información en http://www.futboldemesa.com.