Sempre están os mesmos cobardes insultando e descalificando... De que equipo serán? Creo que hoxe non hai dúbidas... Seica non son todos iguais dentro de ese equipo, pero non deberian permitir ter a xente tan despreciable. Realmente non sei a que veñen os insultos desta vez, pero debe ser que a derrota do pasado fin de semana escoceu máis da conta a algún.
O blog galego de Fútbol de Mesa. Figuriñas personalizadas totalmente pintadas a man. Contáctanos en subbuteogalicia@gmail.com.
Visitas
martes, 30 de novembro de 2010
luns, 29 de novembro de 2010
David vence a Goliat en Estepa
Ainda non podo deixar de frotar os ollos cada vez que miro os resultados do torneo por equipos de Estepa. Non estou a ver un espellismo, é unha realidade. O "todo poderoso" Real Murcia, non foi quen de superar o Madrid Total Soccer na final do II Torneo Nacional Cidade de Estepa que se disputou a pasada fin de semana en Estepa (Sevilla). A final foi vencida polos madrileños, por un axustado 2-1, collendo por sorpresa a un equipo murciano que non está moi afeito as derrotas en España. O equipo madrileño, acada asi o seu primer triunfo nun torneo nacional, e as fichaxes está a dar os seus frutos.
Cuadro de campións do II Torneo Nacional Cidade de Estepa (nas distintas categorías):
Feminina Beatriz Percio
Sub12 Jesús Moreno
Sub15 David González
Sub19 Jonatan Caballero
Veteranos Nuno Noronha
Open Alberto Mateos
Equipos Madrid Total Soccer
venres, 26 de novembro de 2010
O xogador da semana: Abraham Garcia
Esta semana, traemos nesta sección, a un xogador malagueño que está a dar toda a guerra que pode nos Fútbol de Mesa. É un dos fundadores do clube La Flota S.C., e o seu traballo, de seguro que vai ser recompensado:
Nome: Abraham García Pacheco
Data de nacemento: 1979 (Málaga)
Ano de iniciación: 2009
Clubes: La Flota Soccer Club (2009 ata agora)
Ranking nacional: 39
Ranking internacional: 725
Palmarés: subcampeón do Campionato provincial de Málaga
Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.
Esta fin de semana, II Torneo Nacional Cidade de Estepa (Sevilla)
Esta fin de semana (27 e 28 de Novembro), disputarase en Estepa (Sevilla), o II Torneo Nacional Cidade de Estepa. Na xornada do sábado, disputarase o torneo por equipos e categorías (feminina, Sub-19, Sub-15, Sub-12 e veteráns), e para a xornada do domingo terá lugar o torneo Open.
Máis información en http://www.tiburonesfm.com/.
xoves, 18 de novembro de 2010
O xogador da semana: Flavio Watzka
Nesta ocasión, o xogador elixido para esta sección, non é outro que un italiano afincado en barcelona, de apelido difícil. Este rapaz, que se reincorporou ó Fútbol de Mesa da man do Barcelona FT fai un par de anos, fundou un dos clubes que máis está a traballar polo fútbol de mesa nos últimos tempos, o Palomar FT. Ainda que con pouca intervención en competicións oficiais, o certo é que este clube, está a loitar moito por facer que o Fútbol de Mesa sexa coñecido por terras catalanas:
Nome: Flavio Watzka
Data de nacemento: 1966 (Trieste, Italia)
Ano de iniciación: 1972-1984, reenganchado en 2008
Clubes: Milan Club Subbuteo Trieste (1978-1981), Barcelona FT (2008-2009), Palomar FT (2009 ata agora)
Ranking nacional: 84
Ranking internacional: 364 (veteráns)
Palmarés: -
Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.
1º Torneo de Fútbol de Mesa en Sant Andreu, Barcelona
Ainda que nos queda un pouco lonxe, se alguén ten a oportunidade de pasarse por Barcelona o vindeiro 4 de Decembro, ten que saber que aproveitando as festas do barrio barcelonés de San Andreu, vaise celebrar un torneo de Fútbol de Mesa, organizado polo clube Palomar FT. Tódolos interesados que visiten a web do clube catalán http://palomarfutboltaula.com/.
xoves, 4 de novembro de 2010
O xogador da semana: Jose Carlos Guerrero
Despois dun pequeno parón, voltamos con esta sección, desta vez, cun maño afincado en Madrid, que se meteu de cheo nesta actividade hai uns tres anos, e que pouco a pouco está recollendo os frutos do seu esforzo:
Nome: José Carlos Guerrero Bernaldo de Quirós
Ano de nacemento: 1968 (Zaragoza)
Ano iniciación: 2007
Clubes: Club Ontario (2007), Madrid Total Soccer (2007-ata agora)
Ranking nacional: 22
Ranking internacional: 355
Palmarés individual: Subcampión do Mundo de Veteráns por equipos 2009, Campión Liga de Madrid 2009/2010
Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.
domingo, 31 de outubro de 2010
Resultados: Champions League
O Reggiana (Italia), ven de proclamarse campión da Champions League que se disputou esta fin de semana en Mattersburg (Austria). O equipo italiano, conta nas suas filas co xogador español Carlos Flores, e desfixéronse na final do equipo anfitrion, o Mattersburg. O Peruggia (Italia)e o Pisa (Italia) foron os semifinalistas.
O AFT Turia 1981, acadou un meritoria 11º posto, tendo en conta o potencial dos equipos participantes, mentres que o Real Murcia reamtou 5º.
O AFT Turia 1981, acadou un meritoria 11º posto, tendo en conta o potencial dos equipos participantes, mentres que o Real Murcia reamtou 5º.
sábado, 30 de outubro de 2010
Resultados: Europa League
Rematou a Europa League. Despois dun fin de semana moi intenso en Roma, por fin temos tódolos resultados dos equipos españois participantes, o Madrid Total Soccer e o Tiburones FM (Málaga).
O Madrid Total Soccer acadou un meritorio 7º posto, mentres que o Tiburones FM, tivo que conformarse coa 10ª praza.
O campión da Europa League 2010, foi o equipo Atlas (Grecia), que se desfixo na final do anfitrión C.C.T. Roma (Italia) por un axustado 2-1.
A continuación, podedes ver tódolos resultados con participación española:
O Madrid Total Soccer acadou un meritorio 7º posto, mentres que o Tiburones FM, tivo que conformarse coa 10ª praza.
O campión da Europa League 2010, foi o equipo Atlas (Grecia), que se desfixo na final do anfitrión C.C.T. Roma (Italia) por un axustado 2-1.
A continuación, podedes ver tódolos resultados con participación española:
Fase de Grupos
Bormla (Malta) 1- Madrid Total Soccer 2
Tiburones FM 1 - Atlas (Grecia) 2
Tiburones FM 1 - A.S.D. Bari (Italia) 2
Piraeus (Grecia) 2 - Madrid Total Soccer 2
Tiburones FM 2 - Valletta (Malta) 1
Madrid Total Soccer 1 - Sessana (Italia) 2
Tiburones FM 1 - Les Herbiers (Francia) 2
C.C.T. Roma (Italia) 3 - Madrid Total Soccer 0
Warriors (Italia) 2 - Madrid Total Soccer 0
Bologna Tigers (Italia) 1 - Tiburones FM 0
Madrid Total Soccer 4 - Teeside (Inglaterra) 0
1/4 de Final
Atlas (Grecia) 2 - Madrid Total Soccer 0
5º-8º posto
Madrid Total Soccer 1 - Sessana (Italia) 3
7º-8º posto
Les Herbiers (Francia) 0 - Madrid Total Soccer 3
9º-10º posto
Tiburones FM 2 - Bormla (Malta) 2 (venceron os malteses por diferencia de goles)
Toda a información do torneo en http://www.fistf-europa-league-roma-2010.com/.
Esta fin de semana: Champions League e Europa League
Esta fin de semana, dispútanse os dous torneos de clubes organizados pola FISTF: a Europa League e a Champions League.
A Europa League, vaise disputar en Roma (Italia), e contará coa participación dos equipos españois Madrid Total Soccer e Tiburones FM (Málaga). Para alcanzar o título, deberán loitar contra grandes equipos. O equipo malagueño, quedou grupo A:
Bologna Tigers (Italia), A.S.D. Bari (Italia), F.T.C. Les Herbiers (Francia), Valletta S.C. (Malta) e Atlas Athens (Grecia).
O equipo madrileño, vai xogar no grupo B:
Warriors Torino (Italia), Calcio Tavolo Sessana 1982 (Italia), C.C.T. Roma (Italia), NETFA Teeside (Inglaterra), Bormla S.C. (Malta) e Piraeus Lions TSC (Grecia).
Por outra banda, a Champions League, disputarase en Mattersburg (Austria), e contará coa participación dos equipos españois Real Murcia e AFT Turia 1981 (Valencia). Os rivais serán equipos de entidade, coma o Mattersburg (Austria), o Reggio Emilia (Italia) e o Perugia (Italia). Non dispoñemos de máis información, xa que non se facilita dende a web oficial da competición.
Agardemos que as cousas saian o mellor posible para os equipos españois.
Para máis información: http://www.champions-league2010.at/index.php?id=3&L=1 e http://www.fistf-europa-league-roma-2010.com/.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








