Visitas

mércores, 17 de abril de 2013

Michel Salgado nova fichaxe?

Imaxe do diario MARCA

Seica o Subbuteo ten moitos admiradores en todo o mundo, pero cando estes admiradores, son xogadores de renombre, como pode ser o caso do gran lateral dereito do Real Club Celta de Vigo de mediados dos anos 90, e posteriormente do Real Madrid, Michel Salgado, a cousa xa é máis seria. Ogallá estas aparicións axuden a fomenta-lo noso deporte.

Tiburones FM campións da LEFM


O pasado mes de marzo, disputouse a LEFM, cunha participación moi reducida, pero non exenta de calidade. Notáronse as ausencias do AFT Turia 1981, Madrid SC ou Ayerbe FM, sendo catro equipos participantes: Tiburones FM, Real Murcia, Mallorca Águilas e Gibraltar TSA.
O campión, foi o Tiburones FM, claro favorito xa que o Real Murcia, o subcampión, notou as baixas dos xogadores que mudaron cara italia no mercado de fichaxes. Gibraltar TSA e Mallorca Áquilas foron 3º e 4º respectivamente.
Noraboa os campións!!

sábado, 9 de marzo de 2013

O Mundial 2013 ten sede: MADRID!!


A FISTF, acaba de anunciar que o vindeiro mundial de Fútbol de Mesa, que se disputará no mes de setembro, disputarase este ano en Madrid, co cal, poderase dar unha gran publicidade ó noso deporte.

Chega a LEFM 2013!!


Outro ano máis, a LEFM volve ó calendario nacional, e so queda unha semana (disputarase os vindeiros 16 e 17 de marzo en Estepa, Sevilla) para saber quen é o novo campión. Repetirá o Real Murcia? Nunca se sabe, xa que coa perda de xogadores importantes como Alberto Mateos ou Angel Valverde, pode ser que non sexa un claro favorito este ano. Ainda así, xa se sabe quen é o Real Murcia, e o que pode facer e máis tendo en conta, que o seu rival nos últimos anos, o AFT Turia 1981, non participará este ano. Ollo co equipo malagueño Tiburones FM, que pode ser quen de dar moita guerra. 

Polo de agora, os equipos inscritos son:

- Real Murcia
- Águilas Mallorca
- Tiburones FM
- Gibraltar TSA
- Subbuteo Madrid

Máis información na web da AFM.

domingo, 17 de febreiro de 2013

20 anos de Subbuteo en Portugal


A Asociación Portuguesa de Subbuteo (APS), ven de cumplir 20 anos adicada totalmente á práctica e ó fomento do noso deporte. 


Con tal motivo, celebrouse un torneo conmemorativo, sendo os finalistas do mesmo Sergio Ramos e Rubén Portugués. Mási información sobre o mesmo no Facebook.
Parabéns, e que sexan moitos máis!!

Resultados do Campionato de España (Estepa - Sevilla)



Esta fin de semana, se disputou o Campionato de España de Fútbol de Mesa na localidade sevillana de Estepa, como xa ven sendo habitual.
Na categoría Open, o vencedor foi Ángel Valverde, despois de derrotar ó seu "maestro", Juan Carlos Granados, por 1-0.
Na categoría Veteráns, o vencedor foi Juan Carlos Granados, que derrotou 4-1 a Luis D. López.
En Sub-15, Antonio Casín desfíxose na final de Jesus Moreno.
No que se refire á IV Copa de España, o campión foi Antonio Casín, que derrotou a todo un veterán deste deporte como é Vicenç Prats.
Máis información e actualización de resultados no Facebook da AFM ou na web da AFM.

sábado, 16 de febreiro de 2013

Nova directiva na FISTF

A FISTF, ten unha nova directiva, encabezada polo portugués Luis Filipe Horta. Desexámoslles un mandato tranquilo e sobre todo, cheo de boas intencións para o noso querido deporte.


venres, 14 de decembro de 2012

Nicetrip, guiño ó Subbuteo


A firma coruñesa Nicetrip, capitaneada por Antón Lezcano, ven de facer un guiño máis que interesante ó Subbuteo. O motivo do mesmo, non é outro que homenaxear ó primeiro galego nado no 2012, Xián Rodríguez Viñas, que se da a casualidade, de que é o fillo do que escribe... cousas da natureza.
Agardamos que vos guste a imaxe que vos presentamos, e que Nicetrip inclúa nos seus deseños de camisetas algún deseño semellante para disfrute de todos. Ademáis, poderíamos proporlle que faga este deseño extensible a calqueira que o desexe... seica a algún aficcionado ó Subbuteo faríalle verdadeira ilusión (ainda que igual con outro equipo, non?).

O deseño co Celta de Vigo


Caixa e autocolante para caixa dos equipos galegos de primeira división

O subbuteo galego está de noraboa... Xa podedes adquirir artigos personalizados cos deseños dos equipos galegos de fútbol da primeira división, como son o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. En concreto, trátase dunha caixa para gardar as figuriñas de subbuteo, así como autcolantes para poder facer a túa propia caixa na casa. A tenda que os vende, é Subbuteo World. Estamos á espera de que fagan a reproducción das figuriñas de ámbolos dous equipos, como fixeron en tempadas anteriores. Déixovos a imaxes:

Caixa do Celta de Vigo

Autocolantes para caixa do Celta de Vigo

Caixa do Deportivo da Coruña

Autocolantes para caixa do Deportivo da Coruña