Visitas

xoves, 22 de maio de 2014

Grand Prix Internacional de España 2014 (Mallorca)


Os días 10 e 11 de maio, disputouse no Polideportivo de Son Veri de S'Arenal (Mallorca) o Grand Prix Internacional de España.
Os resultados foron os seguintes:

CAMPIÓN OPEN......................Alberto Mateos
CAMPIÓN VETERANOS..........Vicenç Prats
CAMPIÓN SUB/19.....................Antonio Casin 
CAMPIÓN EQUIPOS.................Rochefort TS
CAMPIÓN CONSOLACIÓN.....Pàolo Laranjeira


Tiburones FM campión da LEFM 2014

Os Tiburóns FM (Málaga), proclamáronse campións da última edición da LEFM, revalidando o título acadado a tempada pasada, nun torneo moi descafeinado polas baixas de última hora do Moralzarzal (Madrid) e do Xibraltar TSC (Xibraltar). O segundo clasificado foi o Real Murcia, e tercero e cuarto foron Mallorca Águilas e Madrid S.C. respectivamente.
Noraboa ós campións!!


venres, 14 de marzo de 2014

Chega a LEFM 2014


Murcia acollerá esta fin de semana unha nova edición da máxima competición nacional por equipos, a Liga Española de Fútbol de Mesa (LEFM). 
Cunha escasa participación, xa que so asistirán seis equipos, e a migración dalgunhas das estrelas do subbuteo nacional (Alberto Mateos, Angel Valverde e Juan Noguera) a competición non deixará de ser atractiva, xa que o actual campión, o Tiburones FM, tentará revalidar o título ante o anfitrión e a priori favorito Real Murcia.
O listado de equipos participantes é o seguinte:
Real Murcia (Murcia)
Tiburones FM (Málaga)
Moralzarzal SC (Madrid)
SC Madrid (Madrid)
Mallorca Águilas (Mallorca)
Gibraltar TSA (Xibraltar)
Agardemos que nas próximas edicións, aumente o número de equipos participantes, e volvan aparecer equipos coma o AFT Turia 1981, Catalunya FT, Barcelona FT ou Palomar FT (este último segue funcionando sen competir), que lamentablemente, desapareceron do panorama subbuteístico nacional.

mércores, 19 de febreiro de 2014

Comunicado do presidente da AFM - Copa de España 2014

"Se comunica a todos los socios que la COPA DE ESPAÑA 2014 se jugará el 5 y 6 de abril como estaba anteriormente previsto, pero con cambio de localidad. Se disputará en la sede de Tiburones FM en Estepa ( Sevilla). Como cambios importantes en la competición se incluye:

1. Habrá competición de equipos ( a la que se le invita al GTSA a participar). Será el segundo torneo puntuable para el ranking de esta categoría. Se realizará el sábado 5. 9:00 inscripción y 9:30 comienzo del torneo.

2. Categorías: veteranos, U19, U15 y U12 a partir de las 15:30. Podrán participar los jugadores invitados e incluidos en la categoría de equipos del GTSA.

3. El domingo 6 se jugará el Open, exclusivo para jugadores con licencia AEFM ( no se permite jugadores extranjeros). Se incluyen jugadores desde las categorías u19 y veteranos que deseen participar. Inscripción a las 9:30. Inicio a las 10:00 horas.

4. El precio de las inscripciones serán las siguientes:

EQUIPOS: 20 €
VETERANOS: 10€
Cat. INFERIORES: 5€
OPEN: 10€

Veteranos y niños si desean jugar Open pagarán 2 euros más, únicamente.

Para jugadores no federados/asociados habrá una competición paralela el mismo domingo: COPA DE ESPAÑA AMATEUR. Precio: 2 euros.

Inscripciones en:
amiguel28@hotmail.es"

Resultados XXXI Campionato de España de Fútbol de Mesa

O pasado 8 de febreiro, disputouse en Algámitas (Sevilla), o XXXI Campionato de España de Fútbol de Mesa.Os resultados foron os seguintes:

CATEGORÍA SUB19
David González 3-2 Javier Javier Moreno

CATEGORIA SUB15
Jesús Moreno 4-2 Antonio García

CATEGORÍA SUB12
Kristian Silagiev 1-0 Antonio López

CONSOLACIÓN
José Castellano 4-2 Luis Cano

CATEGORÍA VETERÁNS
Vicenç Prats 5-1 Antonio Montaño

CATEGORÍA OPEN
Juan Noguera 3-2 (ms) Alberto Mateos


Non houbo práticamente sorpresas en ningunha categoría, agás na categoría Open, na que un gran Juan Noguera, desfíxose do número 1 do ranking mundial nas semifinais (Carlos Flores) e do actual campión do mundo na final (Alberto Mateos) o que fala do potencial que este rapaz pode chegar a ter, e do gran nivel que hai na máxima competición individual a nivel nacional.
Noraboa a tódolos gañadores.

mércores, 22 de xaneiro de 2014

O diario vasco Gara, fala do Subbuteo

O diario vasco Gara, ven de publicar un artigo no que se fala do Subbuteo, ademáis do fútbol chapas e o futbolín. Agardemos que esta publicación, axude a fomenta-lo Subbuteo por terras vascas.


martes, 14 de xaneiro de 2014

XXXI Campionato de España de Fútbol de Mesa

Comunicado de Antonio Montaño, presidente da AEFM:

"A todos los socios:

Desde esta semana se ha abierto el plazo de inscripción para el XXXI Campeonato de España de fútbol de mesa ( sábado 8) y el Campeonato de España de Subbuteo (domingo 9) que sponsoriza dicha marca comercial.

Os animo a participar en los mismos que se celebrarán en el precioso Complejo Turístico El Peñón, en la localidad sevillana de Algámitas, punto más alto de la provincia. Las inscripciones y reservas os aparecen en la misma página web de la AEFM, así como toda la información que necesitéis. Aún así, y como es habitual, podéis tenerme a vuestra disposición para cualquier consulta. Es importante que observéis que si reserváis en un mayor grupo de personas, el precio se reduce bastante. Se mueve entre los 25€ y los 17€ con el desayuno incluido y es un lugar ideal en el que se pueden practicar más actividades una vez se termine de jugar el torneo o para venir acompañado de familias o amigos.

Tanto la AEFM como la marca Subbuteo han realizado un esfuerzo muy grande para hacer de este un gran torneo, tal y como se merece el Campeonato de España.

Os esperamos a todos y animad /avisad a los socios de vuestro entorno para que el número sea el que corresponde al mayor evento del año en España.

Aprovecho para felicitaros el 2014 y que nos sirva a todos para mejorar en todos los aspectos de nuestra vida.

Atte.

ANTONIO M. MONTAÑO
PRESIDENTE AEFM"

A plantilla do R.C. Celta de Vigo, asina a súa réplica

A plantilla do Real Club Celta de Vigo, tivo o detalle de asinar a réplica feita por MySubbuteo. So faltou o porteiro Rubén, que nese momento se atopaba disputando un encotro co equipo filial, pero agardemos obter a súa firma en breve.
Rafinha mostrou moito interés na súa réplica, e pediu ter a figuriña na súa man para poder mirala en detalle.
Dende Subbuteo Galicia, queremos agradecer a todo o plantel o tempo adicado na nosa pequena misión, e sobre todo ó empregado do clube que fixo de intermediaro.



mércores, 4 de decembro de 2013

Real Club Celta de Vigo 2013-14


Por fin temos nas nosas mans a fantástica reproducción do plantel do Real Club Celta de Vigo desta mesma tempada 2013-14. Os 25 xogadores do primeiro equipo, están fielmente reproducidos, e pódese observar o detalle en Yoel, Madinda, Rafinha, Nolito, Álex López, Krohn-Dehli, etc...
O autor desta maravillosa obra de arte, non é outro que MySubbuteo, e todos os que queirades, podedes facervos con unha réplica contactando con eles. Non cabe dúbida, de que poden facer calqueira equipo que vos guste, sen distinción.





domingo, 27 de outubro de 2013

Resultados Champions e Europa League 2013 - Nápoles (Italia)



Xa temos os resultados da Champions e Europa League disputada esta fin de semana en Nápoles (Italia).
O vencedor da Champions, foi o equipo italiano Reggio Emilia, que se impuso na final a outro equipo italiano,o Black & Blue Pisa, gracias ó gol do español Carlos Flores na morte súbita (3-2 resultado final).
Por outra banda, a Europa League, marchou para Grecia, xa que o TSC Falcons Athens, derrotaron na final o Avenir Subbuteo Hennuyer, de Bélxica, por 2-0.

Podedes consulta-los resultados completos aquí.