Visitas

sábado, 16 de abril de 2016

Selección Galega de Fútbol


A Selección Galega de Fútbol volta á competición "amistosa", nun partido frente á selección de Venezuela no estadio de Riazor (A Coruña) o vindeiro 20 de maio.
Dende Subbuteo Galicia, queremos facer a nosa pequena homenaxe a esta gran nova para o fútbol galego, cunha réplica subbuteística da "Irmandiña". Agardemos que vos guste.

Réplica de Subbuteo da Selección Galega

VII Copa de España de Fútbol de Mesa


Os vindeiros 23 e 24 de abril, celebrarase na localidade madrileña de Moaralzarzal, a VII Copa de Eapaña de Fútbol de Mesa.
Está aberto o prazo de inscripción dende o pasado 14 de abril, e disputaranse tódalas categorías que reúnan os participantes necesarios. Polo de agora son perto de 30 xogadores e 3 equipos, os inscritos nas distincas categorías.

Máis información na web do torneo e na web da AEFM.

Tiburones FM reconquista o titulo da LEFM

Os equipos participandes facendo gala do bo ambente (Foto: web AEFM)

O equipo malagueño Tiburóns FM, proclamouse campión da LEFM celabrada os pasados 2 e 3 de abril en Talavera de la Reina.
O campionato decidiuse no derradeiro partido frente o CAP Ciudad de Murcia, un partido o que ámbolos dous chegaban empatados a puntos, e somentes cunha victoria máis a favor dos malagueños no cómputo global. O partido non puido concluir doutra maneira, empate 2-2, e victoria final para o Tiburones FM gracias a esa victoria de diferencia.

Os campións recollendo o trofeo (Foto: web AEFM)

A clasificación final foi a seguinte:

1º Tiburones FM
2º CAP Ciudad de Murcia
3º Gibraltar TSA
4º Mallorca Águilas FM
5º AFT Turia 1981
6º SC Madrid
7º SC Moralzarzal
8º UD SC Santa Maria
9º SC Móstoles

Ademáis, aproveitouse para homenaxear a unha das figuras máis importantes do fútbol de mesa nacional, o murciano Juan Carlos Granados, pola sua traxectoria e o seu traballo diario pola difusión do fútbol de mesa.

Juan Carlos Grandados, recibindo a homenaxe  (Foto: web AEFM)

Máis información na web da AEFM.

venres, 25 de marzo de 2016

LEFM 2016: Talavera de la Reina


O vindeiro fin de semana, 2 e 3 de abril, disputarase en Talavara de la Reina unha nova edición da LEFM, a cal foi presentada oficialmente o pasado 19 de Marzo, no Jadobisa Stadium Park, e foi seguida por diversos medios de comunicación locais, o que pode dar unha imaxe da repercusión que pode ter este evento na promoción do Fútbol de Mesa no noso país.
Polo de agora, seraá nove os equipos participantes, salvo modificación de última hora, sendo os mesmos os seguintes:

Tiburones FM (Málaga)
CAP Ciudad de Murcia (Murcia)
Moralzarzal SC (Madrid)
SC Móstoles (Madrid)
SC Madrid (Madrid)
Mallorca Águilas (Mallorca)
U.D. Santa María (Talavera)
AFT Turia 1981 (Valencia)
Gibraltar TSA (Xibraltar) - equipo invitado

Artigo obtido do diario La Tribuna de Talavera (imaxe da web da AEFM)

Máis información na web da AEFM.

Resultados Campionato de España


Os campións nas distintas categorías do Campionato de España celebrado en Haro (A Rioxa), 
disputado os pasados 20 e 21 de febreiro, foron os seguintes:


Open: Luis Mateos
Veteráns: Antonio Montaño
Sub-12: Carlos Pinto Gurdiel
Consolación: José Manzanero
Féminas: Paula Maireles María Muñoz 1ª 2ª
Equipos: TIBURONES FM


Luis Mateos e Antonio Montaño (imaxe da web da AEFM)

J.C. Granados, Antonio Montaño, Vicecç Prats e Luis D. López (imaxe da web da AEFM)

Máis información na web da AEFM.

sábado, 20 de febreiro de 2016

Campionato de España 2016 - Haro (La Rioja)


Esta fin de semana disputase en Haro, La Rioja, o Campionato de España de Fútbol de Mesa, sendo a sede elixida, o espectacular Hotel Los Agustinos.


Contará coa participación de máis de 40 xogadores de tódalas categorías, e 6 equipos diferentes (S.C. Madrid, S.C. Móstoles, Moralzarzal S.C., CAP Ciudad de Murcia, Tiburones FM e AC Los Remedios FM).
Agardemos a mellor das sortes para tódolos participantes e que sexa, coma ven sendo habitual, un gran campionato.
Máis información na web oficial.

sábado, 28 de novembro de 2015

Resultados II Torneo Manolo Preciado (Cantabria)



Os pasados 7 e 8 de novembro, celebrouse en Pélagos (Cantabria), o II Tornao Manolo Preciado. O torneo dividiuse en dúas competicións, unha para o día 7 e outra para o día 8.
O día 7 disputáronse as categorías Open, Veteráns e Sub-12, que dando para o día 8 a categoría Open absoluta e Sub-12.

O plantel do S.C. Mótoles presente na xornada do sábado

Despois de dous anos, un torneo nacional volveu ter participación galega, xa que na xornada do sábado, o vigués Santi R. Escudero (Subbuteo Club Móstoles), participou na categoría Open. Non obtivo os resultados agardados, xa que foi eliminado na fase de grupos, despois de empatar 0-0 contra Jaime Junquera (Subbuteo Club Manolo Preciado) e perder 3-0 contra Julio Candelas (Moralzarzal S.C.). Jaime Junquera tamén perdeu 3-0 contra Julio candelas, polo que o pase á seguinte rolda, tivo que xogarse nos penaltis entre o galego e o asturiano, tendo máis acerto o asturiano. Santi R. Escudero pasou entón á fase de consolación, donde despois de empatar 0-0 con Javier Junquera (S.C. Manolo Preciado), volveu caer na tanda de penaltis, o que puxo fin a unha pobre participación do galego.

 
 Santi R. Escudero defendendo o ataque de Jaime Junquera

Polo se se refire ó resto de resultados, o campión Open foi Alberto Villalobos (S.C. Móstoles), que derrotou a Nacho Martínez (Subbuteo Club Madrid). Na categoría Veteráns, Vicenç Prats (Tiburóns FM), despois de derrotar a Antonio Montaño (Tiburóns FM) e na categoróa Sub-12, o triunfo foi para Javier Junquera Junior (S.C. Manolo Preciado), que derrotou nos penaltis a María Muñoz (S.C. Móstoles).


Os triunfadores do torneo, Vicenç Prats (esquerda) e Alberto Villalobos (dereita)

Na xornada do domingo, o triunfo na categoría Open foi para Vicenç Prats (Tiburones FM), que derrotou na final a Antonio Montaño (Tiburones FM) despois da tanda de penaltis. Na categoría Sub -12, desta vez, foi María Muñoz (S.C. Móstoles), que derrotou a Mario del Rio nos penaltis.

Máis información na web da AEFM.

sábado, 31 de outubro de 2015

II Campeonato de Subbuteo Manolo Preciado - Cantabria

 
O vindeiro fin de semana (7 e 8 de novembro), celébrase en Piélagos (Cantabria), o II Campeonato de Subbuteo Manolo Preciado, organizago polo clube local, o Club de Fúbol de Mesa Manolo Preciado.


 
O sábado día 7 de novembro, celebrarase un torneo individual en categorías Open, Veteráns, Sub-12, Sub-15 e Sub-19, quedando para o domingo 8 de novembro, outro torneo individual de categorías Open e Sub-12.
Desta vez, o Fútbol de Mesa galego está de noraboa, xa que contará coa participación do xogador galego do Subbuteo Club Móstoles, Santiago R. Escudero, que reaparece depois de casi dous anos ausente da competición. Agardémoslle a mellor das sortes.

 

Máis información na web do torneo.

xoves, 22 de outubro de 2015

Champions & Europa Leagues 2015


Esta fin de semana, chegan a competicións de clubes europeas, tanto a Champions League, coma a Europa League. A competición, dispútase na localidade blega de Frameries.
Os representantes españois serán Tiburones FM e CAP Ciudad de Murcia FM. Desexámoslles a mellor das sortes.
Toda a información na web oficial.