Visitas

domingo, 20 de setembro de 2020

Joaquin Fernandez, sangue almeriense no Real Valladolid

 Joaquin Fernandez, formouse na U.D. Almería, onde debutou no fútbol profesional na tempada 2016-17 en segunda división. N seguinte tempada no equipo almeriense, faise cun posto no equipo titular e isto fai que o Real Valladolid bote as súas redes sobre o xogador almeriense, que acaba fichando polo equipo pucelano na tempada 2018-19. O encargo que nos fixeron, consistiu en duas figuriñas, unha coa equipación da U.D. Almería 2017-18 e outra coa equipación do Real Valladolid 2019-20- Totlamente pintadas a man.











Giancarlo Antognoni, el eterno 10

Giancarlo Antognoni é toda unha lenda do fútbol italiano e máis concretamente da Fiorentina, onde xogou durante 15 anos, durante toda a súa carreira profesional en Italia, ainda que rematou xogando no Lausana suizo, onde se retirou do fútbol. No ano 1981, a piques estivo de perder a vida nun partido contra o Genoa, no que un choque fortuito co porteiro do equipó xenovés, provocoulle unha fractura craneal que o mantivo en coma durante dous días,pero por fortuna recuperouse sen problemas. Anotou un total de 61 goles en 341 partidos coa Fiorentina. O encargo que nos fixeron foi da equipación da Fiorentina da tempada 1983-84. Coma sempre, pintado totalmente a man.






Bruno Giordano, manchado por el "Totonero"

 Bruno Giordano é un ex-futbolisa italiano, que xogou principalmente na S.S. Lazio, dende 1975 ata 1985, ano en que ficha polo Nápoles de Maradona. Durante a súa estadía na Lazio, en 1980 estivo implicado nun escándalo de apostas deportivas (o "Totonero") e foi suspendido para xogar ó futbol durante 3 anos e medio, anda que en 1982 puido voltar a xogar na Lazio despois de que Italia gañara o Mundial de España. Na Lazio anotou 86 goles e acadou o titulo de máximo goleador da serie A na tempada 1978-79. Fixemos a súa representación coa equipación da S.S. Lazio da tempada 1982-83. Totalmente pintado a man.







sábado, 19 de setembro de 2020

Albelda, 15 anos no Valencia

David Albelda enrolouse na canteira do Valencia C.F. no ano 1995, sendo cedido ó Villarreal C.F. na tempada 1996-97. Na seguinte tempada, volotou para o Valencia C.F., para posteriormente voltar a sair novamente cedido ó submarino amarelo xa na primeira división, collendo a experiencia necesaria para voltar ó Valencia C.F. na tempada 1999-2000 e a partir de ahi, comezou a formar a súa lenda ata a tempada 2012-13, na que se retira do fútbol profesional. O longo da súa carreira no Valencia, xogou dúas finais da Champions League e acadou as ligas 2001-02 e 2003-04, UEFA 2003-04, Supercopa de Europa 2004 e a Copa do Rey 2008. Quedou representado coa equipación que luciu durante o "partido das lendas" con motivo do centenario do clube "ché". Pintado totalmente a man.







xoves, 23 de xullo de 2020

Roberto Baggio, o villano de Italia no mundial de USA 94

Novamente traemos unha figuriña de Roberto Baggio ó noso blog. Desta vez, quixemos representalo coa equipación que vestiu a selección italiana no mundial de USA 94. Un mundial lembrado en España precisamente por un gol que nos eliminou nos cuartos de final do mundial. Pero a alegría italiana dese gol, convertiuse en tristeza polo fallo de Roberto Baggio no derradeiro penalti na final frente a Brasil e que supuxo a derrota de Italia. O día máis triste para un dos grandes xogadores italianos da historia, que deixou marcada a súa carreira. Ainda así, sempre será un dos mellores, e merece outra homenaxe. Pintada totalmente a man.





Maradona no mundial de México 86

Non podiamos deixar escapar a ocasión de pintar ao enominado D10S do fútbol. Un superclase que hoxe non pasa polo seu mellor momento, Maradona. Un xogador que fixo auténticas maravillas sobre un campo de fútbol, coma o gol que lle anotou a Inglaterra no mundial de México 86. Tamén fixo a pillería máis lembrada do fútbol mundial, a famosa "man de deus", tamén fronte Inglaterra no mundial do 86. Nese Mundial, viuse probablemente unha das mellores versións de Diego Armando Maradona e Arxentina acabou proclamándose campiona do mundo. Representámolo coa primeira equipación que a selección albiceleste vestiu no mundial de México 86. Totalmente pintado a man.





Españeta, ídolo sen xogar

As veces, non tódolos ídolos dun equipo de fútbol son os xogadores. Hai casos coma o de Españeta, mítuco utillero do Valencia C.F., que ten o cariño de toda a afección valencianista. Se ven xa está retirado, é un emblema do clube, e ben merecia  súa pequena homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo. Para iso, tivemos que transformar unha figuriña 2k4 e darlle a forma desexada usando masila. Totalmente modelado e pintado a man.





martes, 14 de xullo de 2020

Valencia C.F., campión da Liga 2001-02

Na tempada 2001-02, un gran Valencia C.F., fíxose co título de campión de Liga acadando os 75 puntos, 7 de diferencia co segundo clasificado, o Deportivo da Coruña, 9 co terceiro (Real Madrid) e 11 co cuarto (Barcelona). Só perdeu 5 partidos e encaixou 27 goles. Unha plantilla espectacular, nasque destacaban Cañizares, Ayala, Carboni, Djukic, Angloma, Kily, Aimar, Baraja... Deixámosvos a réplica en figuriñas de Subbuteo. Pintada totalmente a man.



Valencia C.F., campión da Copa do Rey de 1979

No ano 1979, o Valencia C.F., acadou o título de campión da Copa do Rei tras de derrotar ó Real Madrid por 2-0, con tantos do "Matador" Kempes. Para esa ocación, usaron equipación moi chamativa, coas cores da senyera. Dende aquí, a nosa homenaxe aquel Valencia dos Kempes, Arias, Manzanedo, Bonhof...
Totalmente pintado a man.





I Cavalli, equipo aficionado de Latisana (Udine, Italia)

Outra petición de equipo non profesional, pero que non deixa de ter o seu encanto. Neste caso, trátase de "I Cavalli", equipo aficionado de Latisana, poboacion da rexión italiana de Udine). Unha equipación complicada de pintar, pero cun resultado máis que satisfactorio. Pintada totalmente a man.