Visitas

xoves, 29 de abril de 2010

O Subbuteo en videoxogo

Seguimos a facer un pouquiño de historia sobre o noso querido Subbuteo e, neste caso, falaremos das incursións do xogo tanto en PC como en consola (a NDS).
A primeira aparición do Subbuteo en forma de videoxogo, foi a principios dos anos 90, e podíase xogar nas distintas plataformas existentes na época (hoxe en día en desuso, ainda que no "mundillo" retro son moi apreciadas e poden emularse nun PC por medio dos emuladores correspondentes), como eran o Spectrum, o Commodore 64, Amstrad o Amiga, e tamén en PC. O xogo facíase moi lento e incluso pesado, pero estaba bastante ben logrado.

Portada do xogo para a plataforma Amiga

Contra-portada do xogo

Algúns pantallazos do xogo

A seguinte incursión en video xogo, foi por medio das míticas "maquinitas" no ano 1994. Pouco podemos dicir sobre este xogo, xa que nunca chegou ás nosas mans.

Unha imaxe desta "xoia"

A incursión máis recente comercializada é a do xogo para a consola Nintendo DS, que saliu á venda no ano 2008. Uns gráficos interesantes, e unha sinxela forma de xogar, pero que ainda así non chega ó encanto que ten xogar unha boa partida de Subbuteo cos amigos nun "tapete" e con figuriñas en condicións.


Portada do xogo para a Nintendo DS

Pantallazo do xogo para Nintendo NDS

Dende fai alguns anos, pódese xogar na web a un xogo chamado "Superbúteo", basado no Subbuteo, ainda que con algunha diferencia. Gráficamente é o mellor de todos, ainda que nas reglas non se semella moito ó Subbuteo real. Pódese xogar a través do seguinte enlace: http://www.mundijuegos.com/multijugador/superbuteo/.


Un par de pantallazos do Superbúteo

Se tedes a oportunidade de xogar a algún deles, disfrutádeo, ainda que nunca vai ser o mesmo que xogar unha partida real.

Ningún comentario: