martes 7 de septiembre de 2010

O xogador da semana: Diego Tagliaferri

Esta semana presentámosvos a un verdadeiro crack. Con tan so 13 anos, este rapaz leva unha carreira subbuteística do mais envexable, e un palmarés dun autentico campión. Fillo de Stefano Tagliaferri, está a ser unha das sensacións nos terreos de xogo e co todo o percorrido que lle queda por diante, seguro que vai a dar moito que falar:




Nome: Diego Tagliaferri

Data de nacemento: 1997 (Italia)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 2006

Clubes: SS Lazio TFC (2006 ata agora)

Ranking nacional: - (Italia)

Ranking internacional: 3 (sub-15)

Palmarés: 2 veces campión do mundo Sub-12, 2 veces campión do mundo sub-12 coa selección italiana, 4 copas de Italia, 2 campiotaos de Italia, 3 veces campión do Major de Bologna Sub-12.

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

Fichaxe á vista?

A rumoroloxía das fichaxes fala dunha posible incorporación nun clube do levante... Quen pode ser este xogador? Será un xogador do nordeste da península? De ser, de seguro que vai ser unha gran fichaxe para ese clube...

domingo 5 de septiembre de 2010

Nova decepción da selección española Open no Mundial de Rain (Alemaña)


Se onte a vida era marabillosa, hoxe pode calificarse de desastrosa. Non todo era o que parecia na competición individual, e por equipos sairon á luz os "pecados" do combinado nacional.
Os únicos que se poden salvar son os compoñentes do equipo de Veteráns, que fixeron o de sempre, e o que puideron frente a todopoderosa selección italiana, que volveu derrotar os nosos na final (3-0) por enésima vez consecutiva. Un subcampionato que sabe a pouco por ser costume nos últimos anos.
O equipo Sub-19 sucumbiu na final (3-1) ante unha Holanda a priori asequible. Sorprendeu a incorporación no equipo titular do combinado nacional, do xogador Sub-15 David González, en detrimento do xogador que se gañara o posto por Ranking, Jonatan Caballero.
Pero o máis sangrante e decepcionante ocorreu na categoría Open. Na fase de grupos, a actuación do equipo foi máis que sobresainte, ainda que se puideron ver cousas un pouco "curiosas". Sorprendentemente, o capitan do equipo foi Alberto Mateos, e digo sorprendente, porque todo facia pensar que o capitan ía ser o seleccionador Piero Caponi. O que da que pensar, é que un xogador que non tiña clasificación por Ranking para ir ó Mundial, vaia, e ainda máis que lle quite o posto a un xogador, que si gañouese posto. O final, o batacazo foi o de sempre, ou se cadra ainda máis forte, porque habia un equipazo... ou non?

Os españois no mais alto

Moi boas novas nos chegan dende Rain (Alemaña), onde se está a disputar a FISTF World Cup 2010. Na xornada de onte, disputouse a competición individual, obtendo o combinado nacional, uns boisimos resultados.
Na categoría Open, Carlos Flores, proclamouse, por fin, campión do mundo, despois de derrotar na final ó italiano Daniele Bertelli por un claro 4-2.
Na categoría Veteráns, foi neste caso J.C. Granados o que chegou ó máis alto. Derrotou na final ó italiano  Francesco Mattiangeli, nun partido moi duro, que se resolveu nos tiros directos (2-1 para o español).
Na categoría Sub-19, Jose A. Ros destrozou ó seu rival na final, o holandes Cassey Van Os, endosándolle un contundente 4-1.
Na categoría Sub-15, o noso único representante David González, non pasou dos cuartos de final, e caeu derrotado por 3-1 polo holandes Jovi Willejins.
Agardemos que na competición por equipos as cousas segan polo mesmo camiño.
Noraboa a todos!!

viernes 3 de septiembre de 2010

Chega o Mundial!

Por fin chega a maior cita do Fútbol de Mesa mundial, a FISTF Worl Cup. Lembremos este ano se celebra na localidade de Rain (Alemaña). A "mini-vermella" deplazouse a Alemaña con tódala artilleria pesada, na busca dos mellores resultados posibles. Lembremos os equipos que participarán nas distintas categorías:

Open: Carlos Flores, Alberto Mateos, Angel Valverde, Vicente Benita, Juan Noguera e M.A. Heredia.
Veteráns: J.C. Granados, Fernando Gómez, Arturo Martínez, Ferrán Coll, Maxim Aguirregabiria e Vicenç Prats.
Sub-19: Jose A. Ros, Ivan Romera, Jonatan Caballero, Pedro Ortín e David González.

Individualmente estaremos representados por:

Open: Carlos Flores, Angel Valverde e Alberto Mateos.
Veteráns: J.C. Granados, Fernando Gómez, Arturo Martínez e Ferrán Coll.
Sub-19: Jose A. Ros, Ivan Romera, Pedro Ortín e Jonatan Caballero.
Sub-15: David González.

Sorte a todos e a disfrutar do Fútbol de Mesa.

Tota a información sobre o Mundial está disponible en http://www.worldcuprain2010.de/index_eng.htm.

jueves 2 de septiembre de 2010

O xogador da semana: Stefano Tagliaferri

Hoxe presentámosvos a un xogador italiano, que ainda que non leva moito tempo competindo (xogaba o Subbuteo de neno, pero sen chegar a competir), estase a facer un hoco entre os grandes deste deporte. Actuamente é o secretario da FISTF.




Nome: Stefano Tagliaferri

Data de nacemento: 1964 (Italia)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 2006

Clubes: SS Lazio TFC (2006 ata agora)

Ranking nacional: - (Italia)

Ranking internacional: 40 (veteráns)

Palmarés: Semifinalista do GP de Austria
 
Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

viernes 27 de agosto de 2010

O Basket de Mesa, outra alternativa

Hoxe acabamos de coñecer unha das cousas relacionadas co Subbuteo (gracias ó foro de afeccionados ó fútbol de mesa http://subbuteospain.mforos.com/), mais curiosas das que temos visto nos últimos tempos: o Basket de Mesa. Si, non están a ler mal, o Basket de Mesa pode ser unha realidade, gracias ó fantástico traballo do valenciano Edu Casanova. A verdade que non pode haber momento máis idóneo ca o Mundial de Basket, para agudiza-lo inxenio, e facer que alguén, afeccionado ó Fútbol de Mesa, sexa capaz de adaptar esta aficción, ó basket. Déixovos as fotos do marabilloso espectáculo do Basket de Mesa. Quen sabe se o rapaz debería patenta-la idea... Que diría o gran Andrés Montes se tivera isto nas suas mans? Jugoooooooooooooooooon!!!


Plano xeral da cancha de basket (Foto: Edu Casanova)

Non poden faltar os árbitros... (Foto: Edu Casanova)

O balón preparado para o saque inicial (Foto: Edu Casanova)

O marcador non pode ser máis realista (Foto: Edu Casanova)

Animadoras!! (Foto: Edu Casanova)

Outro detalle da cancha, no que destaca a área da canasta (Foto: Edu Casanova)

Agardemos que vos guste esta nova modalidade, e ogallá a vexamos algún día nas tendas.

jueves 26 de agosto de 2010

FISTF World Cup 2010 (Rain - Alemaña)


A vindeira fin de semana (do 3 ó 5 de Setembro), vaise disputar na localidade de Rain (Alemaña), unha nova edición do Mundial de Fútbol de Mesa, organizado pola FISTF.
A selección española, parte coa ilusión de revalida-lo título de campiona do mundo Sub-19 por carto ano consecutivo, e de conseguir por fin, o título na categoría de Veteráns, xa que nos últimos dous mundiais, tivéronse que conformar coa segunda praza. O equipo Open, terá que loitar moi duro para evitar o desastre do ano pasado.
Toda a información sobre o mundial na páxina oficial do mesmo: http://www.worldcuprain2010.de/index_eng.htm.

O xogador da semana: Luis F. Méndez

Hoxe temos ante nos aun "rapaz" que xogaba alá polos anos 80 a unha cousa que lle chamaban subbuteo... Despois de moitos anos afastado da competición, este malagueño coa típica gracia andaluza (e non é un tópico), retornou os "terreiños" de xogo fai un par de anos, tentando volver a ser o xogador que foi:




Nome: Luis Felipe Méndez Banderas

Data de nacemento: 1964 (Málaga)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 1977

Clubes: Club Málaga Subbuteo (1980), Tiburones FM (2009 ata agora)

Ranking nacional: 16

Ranking internacional: 82 (Veteráns), 209 (Open)

Palmarés: campión de Andalucía (1981, 1982, 1983, 1984, 2009), semifinalista Campionato de España (1984), semifinalista Campionato de Andalucía (2010)

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

lunes 16 de agosto de 2010

O xogador da semana: Vincent Coppenolle

O xogador que nos vai acompañar durante toda esta semana, será o primeiro xogador extranxeiro, en concreto de Bélxica, que temos na lista. Ainda que cun palmarés nulo en canto a triunfos, este belga, foi ata fai pouco o presidente da FISTF.




Nome: Vincent Coppenolle

Data de nacemento: 1974 (Tournai, Bélxica)

Ano de iniciación no Fútbol de Mesa: 1989

Clubes: Templeuve United (1989 ata agora)

Ranking nacional: 42 (Bélxica)

Ranking internacional: 180

Palmarés: 4 veces subcampión dun FISTF Satellite

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.