Visitas

xoves, 26 de novembro de 2009

Torneos Provinciais

Os días 5 e 12 de Decembro, dependendo da provincia, disputaranse os torneos provinciais, sendo puntuables para o Ranking da AFM. Déixovos a lista dos distintos torneos provincias, coa data, o lugar e a persona de contacto:

Torneo Provincial de Valencia
Pabellón El Quint de Mislata
Fecha: 5 de diciembre
Director: Raúl Benita
TF: 619068838 raul.benita@gmail.com

Torneo Provincial de Barcelona
Pabellón El Prat de Llobregat
Fecha: 12 de diciembre
Director: José Luis Márquez
TF: 679449472 josephboston@orangemail.es

Torneo Provincial de Sevilla
Estepa
Fecha: 12 de diciembre
Director: Antonio Montaño
TF: 629636053 amiguel28@hotmail.es

Torneo Provincial de Mallorca
Casal de Joves (Llucmajor)
Fecha: 12 de diciembre
Director: José Miguel Castellano
TF: 607259789 amallorcaaguilas@hotmail.com

Torneo Provincial de Murcia
Palacio de los deportes (Murcia)
Fecha: 13 de diciembre
Director: Ángel Valverde
TF: 676893175 wonderwall_81@hotmail.com

Torneo Provincial de Málaga
Málaga
Fecha: 13 de diciembre
Director: Abraham García
TF: 652360519 la_flota10@hotmail.com

Torneo Provincial de Madrid
Madrid
Fecha: 13 de diciembre
Director: José Carlos Guerrero
TF: 606404275 jcguerrero@ftchamps.com

Os datos foron collidos da web oficial da AFM, polo que para máis información, acudide a http://www.futboldemesa.com/ ou ben poñédebos en contacto co director de cada torneo.
 
Ver o cada ano maoir número de torneos provinciais, obrígame a facer unha pregunta... ¿para cando un torneo provincial na nosa terra?

luns, 23 de novembro de 2009

O presidente da AFM, Fernado Gómez, presenta a súa dimisión

Esta mañá, produciuse unha mala noticia para o Fútbol de Mesa. O ata agora presidente da AFM, Fernando Gómez, presentou a súa dimisión.
Con esta dimisión, a AFM quédase orfa, xa que perde a un gran xestor e o que é máis importante, un gran coñecedor e amante do Fútbol de Mesa.
Na miña opinión, non será nada sinxelo reemplazar a un presidente como Fernando, e indo aínda máis lonxe, penso que vai ser imposible poder reemplazalo. Ogallá me equivoque, e agardo que a dimisión de Fernando, non supoña un antes e un despois na AFM e no Fútbol de Mesa nacional, e que as cousas se fagan, como mínimo, como se estaban facendo ata agora.
Graciñas pola tua dedicación Fernando.
Mentres non se elixe un novo presidente, asumirá o cargo o vicepresidente de máis antigüedade na AFM, Raúl Benita (según indican os estatutos da AFM).

Resultados do I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa

O pasado fin de semana (21 e 22 de Novembro), disputouse en Estepa (Sevilla), o I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa. Na xornada do Sábado, disputáronse a competición por equipos e a competición de categorías.
Na competición por Equipos, o vencedor foi o Real Murcia, despois de empatar na final contra o Tiburones FM "A" 2-2, sendo a diferencia de goles (os murcianos anotaron máis goles no global da final), a que decidiu o gañador.
Na categoría Veteranos, o vencedor foi o murciano J.C. Granados (Real Murcia), que derrotou na final a Ferran Coll (Tiburones FM) por un claro 4-0.
Na categoría Sub-19, o vencedor foi o tamén murciano Jose Ros (Real Murcia), que se adxudicou a liguilla composta por catro xogadores coa que se disputou a competición.
Na categoría Sub-15, o vencedor foi David G. Bermudez (Tiburones FM), que se desfixo na final do seu compaleiro de equipo Javi Moreno (Tiburones FM), despois de endosarlle un claro 4-1.
O día seguinte, o Domingo, disputouse a categoría Open, resultando vencedor o murciano Alberto Mateos, que derrotou na final o tamén murciano Ángel Valverde (Real Murcia) nos penaltis, xa que o final do partido, o resultado foi de empate 2-2. O torneo de consolación, foi para o madrileño Alejandro M. Jurado (S.C. Madrid Total Soccer) que derrotou na final a Manuel Martínez (Gibraltar) por un axustado 2-1.
A información completa, con tódolos resultados, a poderedes atopar en www.futboldemesa.com.

luns, 16 de novembro de 2009

I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa



O vindeiro fin de semana, días 21 e 22 de Novembro, celebrarase en Estepa (Sevilla) o I Torneo Nacional de Fútbol de Mesa Cidade de Estepa, na Caseta Municipal "Paco Gandia", con horario de 10:30 a 18:00. É a estrea do clube Tiburones FM como anfitrións dun torneo a nivel nacional, e agardamos que sexa toda unha festa. Polo de agora, o número de xogadores inscritos (sen distinguir categorias), é de 60, o que pode ser un reflexo do auxe que está a ter o Fútbol de Mesa na península.  Podedes atopar toda a información sobre o torneo en http://subbuteospain.mforos.com/1506986/8618120-i-torneo-nacional-estepa/ y en http://tiburonesfm.blogspot.com/.

venres, 13 de novembro de 2009

Blog do Tiburones FM

Xa temos disponible o blog do Tiburones FM, onde poderemos informarnos de tódalas actividades do clube. A dirección é http://tiburonesfm.blogspot.com/.

xoves, 12 de novembro de 2009

TOTAL SOCCER nos centros comerciais galegos


Xa sepode adquirir nos centros comericais galegos, o Total Soccer, o mateiral ideal para iniciarse no Fútbol de Mesa. As opcións dispoñibles son dúas: o pack Total Soccer ou o pack Total Soccer "El Clásico". O primeiro, inclúe o equipo Total Soccer e o Real Madrid, mentres que o segunto é a reproducción do derbi clásico da liga, o Real Madrid - F.C. Barcelona. Xa sabedes, non hai excusa para non iniciarse no Fútbol de Mesa.

luns, 9 de novembro de 2009

O clube Eagles Napoli (Italia) novo campión de Europa



Esta fin de semana, disputouse na localidade belga de Tournai, a FISTF Europa Cup 2009. Os vencedor absoluto, foi o Eagles Napoli (Italia), despois de empatar na final fronte o TFC Mattersburg (Austria) 1-1, pero a diferencia de goles (os italianos marcaron un gol máis que os austriacos no cómputo global dos catro partidos individuais) foi o que decantou o título do bando dos italianos. Nas semifinais, eliminaran previamente ó CCT  Black & Blue Pisa (Italia) e ó Reggio Emilia (Italia) respectivamente.
A participación española, rematou nos Cuartos de final para o Real Murcia, xa que foi derrotado polo TFC Mattersburg (Austria) a pesar de empatar 1-1, pero a diferencia de goles, neste caso, tamén foi decisiva (os austriacos marcaron un gol máis que os españois). O S.C. Madrid Total Soccer, non superou a fase de grupos.

sábado, 7 de novembro de 2009

Sorteo dos grupos da FISTF Europa Cup 2009

Xa temos os emparellamentos da fase de grupos da FISTF Europa Cup 2009 de Tournai (Bélxica):

Grupo A
TFC Mattersburg (Austria), North East TFA (Inglaterra), Eagles Napoli (Italia), ACS Perugia 1973 (Italia), SC Stembert (Bélxixa), SC Charleroi (Béxica), SC Madrid Total Soccer (España), FTC Issy-les-Moulineaux (Francia).
Grupo B
Stella Artois Milano (Italia), Bologna Tigers Subbuteo (Italia), Brussels SC (Bélxica), AS Hennuyer (Bélxica), TSC Falcons Athens (Grecia), TFC Wiener Neustadt (Austria), TSG Rain (Alemaña), TSPA White Star (Inglaterra).
Grupo C
CCT Black & Blue Pisa (Italia), Pireas Lions (Grecia), SC Verviers Herve (Bélxica), SC Temploux (Bélxica), TSC Royal 78 Kaisermühlen (Austria), TSL Dortmund 61 (Alemaña), English Premier League (Inglaterra), Real Murcia (España).
Grupo D
ASD Reggio Emilia (Italia), Olympia CS (Grecia), Sparta Spreeathen 74/82 (Alemaña), JSC Rochefort (Bélxica), Cardiff Bluebirds San Siro (Gales), Hamrun TFC (Malta), FTC Le Raincy (Francia), SMV Delft (Holanda).

Difícil papeleta para os dous equipos españois, pero seguro que daran todo o posible para acadar uns bos resultados.

Déixovos tamén o enlace ó video promocional do evento:

xoves, 5 de novembro de 2009

SUBBUTEO GALICIA: UN ANO INFORMANDO

Xa vai un ano dende que iniciamos a andaina deste blog. Esto non poderia ser posible sen todos os que estades detrás, seguindo tódolos días as novas que se publican sobre o Fútbol de Mesa. Agardamos que esta aventura dure moito máis, co soño de, algún día non moi lonxano, contar que temos na terra un clube que nos represente en competicións nacionais e internacionais.

mércores, 4 de novembro de 2009

Chega a Champions!!


¡Xa era hora! Esta fin de semana, días 7 e 8 de novembro, celebrarase na localidade belga de Tournai, a FISTF European Cup, a Champions League do Fútbol de Mesa. É sen lugar a dúbidas, o torneo máis importante a nivel de clubes. A lista definitiva de clubes participantes é a seguinte:

TFC Mattersburg (Austria)
TFC Wiener Neustadt (Austria)
TSC Royal 78 Kaisermühlen(Austria)
SC Stembert (Bélxica)
AS Hennuyer (Bélxica)
SC Charleroi (Bélxica)
JSC Rochefort (Bélxica)
SC Temploux (Bélxica)
Brussels SC (Bélxica)
English Premier League (Inglaterra)
North East Table Football Alliance (Inglaterra)
TSPA White Star (Inglaterra)
Sparta Spreeathen 74/82 (Alemaña)
TSL Dortmund 61 (Alemaña)
TSG Rain (ALemaña)
Stella Artois Milano (Italia)
ASD Reggio Emilia (Italia)
CCT Black & Blue Pisa (Italia)
Bologna Tigers Subbuteo (Italia)
ACS Peruggia 1973 (Italia)
Eagles Napoli (Italia)
Cardiff Bluebirds San Siro (Gales)
Real Murcia (España)
Subbuteo Club Madrid Total Soccer (España)

SMV Delft (Holanda)
TSC Falcons Athens (Grecia)
Pireas Lions (Grecia)
Olympia SC (Grecia)
FTC Issy-Les-Moulineaux (Francia)
FTC Le Raincy (Francia)
Hamrun TFC (Malta)

Como xa dixéramos noutra ocasión, este ano só representaran a España dous equipos, o Real Murcia e o SC Madrid Total Soccer, tra-la renuncia do AFT Turia 1981 (Valencia). O Real Murcia partirá entre o grupo de favoritos despois da gran actuación do ano pasado, onde acadou a final. O SC Madrid Total Soccer, tentará mellorar o papel do ano pasado e seguir collendo rodaxe no panorama internacional, e coido que coas fichases desta tempada, pode conseguilo.

Aparentemente os equipos favoritos son coma sempre os italianos, xa que calquera deles ten equipo suficiente como para dar un disgusto a máis de un. Sen embargo, non podemos descartar grandes equipos coma o TFC Mattersburg (Austria) ou o TSC Falcons Athens (Grecia). Ollo tamén os equipos belgas, xa que xogar na casa pode darlles folgos e algún deles pode convertirse na revelación do torneo.

Manterémosvos informados de tódolo que suceda no campionato. Máis información en http://tournai2009.blogspot.com.