Visitas

venres, 30 de xullo de 2010

O xogador da semana: Carlos Flores

Iniciamos hoxe unha nova sección neste blog, na que semanalmente (sempre e cando teñamos os datos necesarios), iremos publicando a ficha dun xogador de Fútbol de Mesa, tanto nacional como extranxeiro, coa finalidade de dar a coñecer a toda a xente os integrantes deste pequeno mundo. Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.
O noso primeiro "xogador da semana" foi escollido por méritos propios, xa que é o mellor xogador español dos últimos tempos.


Nome: Carlos Flores López

Data de nacemento: 13/01/1984 (Murcia)

Data de iniciación no Fútbol de Mesa: 1995

Clubes: Real Murcia (1995-2004), Bologna Tigers (2004-2008), Reggio Emilia (2008 ata agora)

Ranking nacional: 1º

Ranking internacional: 2º

Palmarés: campión de España sub-19 (2002), campión sub-19 do Major de Mons (2003), campión de España Open (2004, 2005, 2007, 2008, 2010) ,campión do World Master en Malta (2006), campión do Major de Mattersburg (2008), campión do Major de Mons (2009, 2010), campión do Major de Amsterdam (2009), campión da Serie A italiana por equipos (2009), campión del Major de Bologna (2010), subcampión do mundo sub-19 (Oporto 2001 e Malta 2003)

mércores, 28 de xullo de 2010

Chega o XXV Spanish IGP

Xa está eiqui!! O mellor torneo do panorama naiconal, chega a vindeira fin de semana (31 de Xullo e 1 de Agosto) a Corbera de Llobregat (Barcelona). Como tódolos anos, agárdase unha gran afluencia de xogadores e equipos de distintos paises (Italia, Grecia, Alemaña, Portugal,...), e non é para menos.
O Spanish IGP, chega a súa vixésimoquinta edición, cumprindo asi as vodas de prata. Tódala información sobre o mesmo, a podedes atopar na web do Catalunya FT: http://www.futboldetaula.cat/.

venres, 9 de xullo de 2010

Vicente Benita campión da Copa de España - Memorial Diego Venegas

Vicente Benita (AFT Turia 1981) foi o vencedor da primeira edición da Copa de España - Memorial Diego Venegas, que se celebrou a pasada fin de semana en Barcelona.

Emotivo momento da Copa de España, coa presenza dos familiares
 do falecido Diego Venegas (Foto: http://madridtotalsoccer.blogspot.com/)

O xogador valenciano, derrotou na final ó catalán Maxim Aguirregabiria (Madrid Total Soccer), por un axustado 2-1. Lamentar a baixa afluencia de xogadores, e sobre todo, botáronse en falta ós xogadores murcianos, e máis nunha cita na que se rinde homenaxe a un dos grandes do Fútbol de Mesa nacional, e que por desgracia xa non está entre nos. Tampouco houbo presenza galega, algo ó que, por desgracia, xa estamos afeitos.

Vicente Benita recollendo o trofeo de campión (Foto: Jose Manzanero)

venres, 2 de xullo de 2010

Copa de España individual - Memorial Diego Venegas

Esta fin de semana, o sábado 3 de Xullo, disputarase en Barcelona, a Copa de España Individual - Memorial Diego Venegas. Esta competición de nova creación, vai servir coma homenaxe o grandísimo xogador Diego Venegas, que desgraciadamente faleceu o ano pasado. En canto teñamos máis información vola faremos saber.

"A NOSA TERRA" interésase polo Fútbol de Mesa


Este xoves 1 de Xullo, publicouse no xornal semanal "A NOSA TERRA", unha entrevista ó xogador de Fútbol de Mesa, Santi R. Escudero. Agardemos que vos guste, e sobre todo, que sirva de promoción para o Fútbol de Mesa na nosa terra.


A vindeira semana, poderase descargar a través do seguinte enlace: http://www.anosaterra.org/seccion/semanario/.