Visitas

sábado, 31 de outubro de 2015

II Campeonato de Subbuteo Manolo Preciado - Cantabria

 
O vindeiro fin de semana (7 e 8 de novembro), celébrase en Piélagos (Cantabria), o II Campeonato de Subbuteo Manolo Preciado, organizago polo clube local, o Club de Fúbol de Mesa Manolo Preciado.


 
O sábado día 7 de novembro, celebrarase un torneo individual en categorías Open, Veteráns, Sub-12, Sub-15 e Sub-19, quedando para o domingo 8 de novembro, outro torneo individual de categorías Open e Sub-12.
Desta vez, o Fútbol de Mesa galego está de noraboa, xa que contará coa participación do xogador galego do Subbuteo Club Móstoles, Santiago R. Escudero, que reaparece depois de casi dous anos ausente da competición. Agardémoslle a mellor das sortes.

 

Máis información na web do torneo.

xoves, 22 de outubro de 2015

Champions & Europa Leagues 2015


Esta fin de semana, chegan a competicións de clubes europeas, tanto a Champions League, coma a Europa League. A competición, dispútase na localidade blega de Frameries.
Os representantes españois serán Tiburones FM e CAP Ciudad de Murcia FM. Desexámoslles a mellor das sortes.
Toda a información na web oficial.

sábado, 3 de outubro de 2015

Celta de Vigo 8

Esta foi unha semana propicia para a adquisición de equipos de Subbuteo relacionados co Celta de Vigo. 
Nesta ocasión, o equipo que presentamos, corresponde a un coleccionable á venda en Italia, que se chama Subbuteo La Leggenda Vintage Edition, e reproduce a equipos de todo o mundo que marcaron unha época. No caso do Celta, refírese á época dourada do clube vigués, a tempada 2000/01 na que acadou o se único título, a Copa Intertoto, e o primeiro posto na clasificación da IFFHS. Agardemos que vos guste.