Visitas

venres, 6 de novembro de 2020

Non pasa nada, temos a Arconada

Se de algo estou seguro é de que tódolos cativos dos anos 80, queríamos xogar de porteiros e tentábamos imitar as grandes paradas do que para min, foi o mellor porteiro español ata o de agora. Ese porteiro non é outro que o mítico Luis Arconada. O porteiro vasco, nado en San Sebastián, xogou toda a súa carreira na Real Sociedade, chegando a gañar 2 ligas, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España. As súas exhibicións baixo os paos, leváronno a ser convocado pola Selección Española en 68 ocasións. Por desgracia, moitos lembramos o que quizáis foi o día máis triste da súa carreira, aquela final da Eurocopa de Francia en 1984 entre España e Francia e na que un erro seu, costou o gol de falta de Platini que sentenciou a final a prol da selección francesa. A pesar dese momento, para min segue sendo un ídolo, e por iso quixen representalo coa equipación da Selección Española que vestiu precisamente nesa final de 1984.







Mágico González: moita festa, máis fútbol

Nos anos 80, houbo un xogador salvadoreño que amosou unha calidade futbolística que non está ó alcance de calquera: Mágico González. O xogador nado en O Salvador, chegou ó Cádiz en 1982, e dende moi cedo amosou as súas cualidades. A pesar da súa fama de festeiro, sempre estaba a punto para xogar o partido correspondente e facer das súas, o que fixo que se pasaran por alto as cuestións extradeportivas. Ainda así, pasou unha tempada (1985-86) no Valladolid despois de ser botado do Cádiz polos seus hábitos nocturnos, onde lle fixeron unha macaxe extricta á que non se acostumbrou, o que lle levou de volta de novo ó Cádz na tempada 1986-87, onde voltou a demostrar a súa calidade. Foi un superclase, que podería perfectamente xogar en calqueira equipo grande que quixera, pero primou o seu benestar antes que o diñeiro. Quixemos representalo coa equipación do Cádiz da tempada 1988-89.