Visitas

domingo, 9 de decembro de 2018

Pione Sisto, o danés de Uganda

Pione Sisto checou ó Real Club Celta de Vigo na tempada 2016-17 como estrela do equipo danés Midtjylland despois dun fallido intento de fichalo na tempada anterior. É un xogador cunhas cualidades excelentes pero falto de egularidade, o que está a facer que esta tempada esté a ser un dos xogadores cuestionados do equipo. Xogouu o pasado mundial de Rusia 2018, e prescisamente a equipación usada pola selección danesa, foi a escollida para pintalo en figuriña de Subbuteo.
O mellor de todo, é ver coma o noso traballo chegou a mans do protagonista.
Coma sempre, feito totalmente a man.





Iago Aspas, o novo D10S

Iago Aspas está a demostrar ano tras ano, que é un xogadorazo dos pes á cabeza. No Real Club Celta de Vigo, está a facer temporadas espectaculares, con números de estrela dos grandes equipos europeos. Un xogador menospreciado por uns poucos "cavernarios mediáticos nacionais" que non o ven como o que realmente é, o mellor xogador español das últimas tempadas. Xa é a terceira vez que úo representamos en firugiña de Subbuteo, pero a sua clase e o seu derroche de celtismo o merece. Desta vez, optamos pola primeira equipación desta tempada. Pintado totalmente a man.




Joaquin, arte fora e dentro do campo

Hai moitos xogadores bandeira nun equipo, e no caso do Real Betis Balompié, non é outro que Joaquín Sánchez. Un xogador que debutou en primeira no Real Betis Balompié, para pasar logo por equipos coma o Valencia C.F., Málaga C.F., A.C.F. Fiorentina para voltar ó euipo dos seus amores, o Betis.O curioso deste rapaz, é que non só é un "artista" dentro do campo, se non, que fóra do mesmo, está a demostrar o arte que leva. A equipación escollida foi a da tempada 2017-18, coa que o Betis voltou a clasificarse para competicións europeas. Pintada totalmente a man.




Juncá, outro catalán para a defensa do Celta

David Juncá chegou ó Real Club Celta de Vigo coa difícil tarefa e cubrir o lateral esquerdo despois da marcha de Jonny Otto. Ainda que non está no seu mellor nivel, está a demostrar que se colle confianza pode aportar moito ó equipo e dar todo o que se agarda dun xogador que despuntou no Eibar. Representámolo coa equipación titular desta tempada, pintado totalmente a man.




David Costas, o eterno aspirante

Nova figuriña dun xogador do Real Club Celta de Vigo: David Costas, canteirán do equipo que tivo que sair cedido en varias ocasións e que parece que este ano vai collendo o seu sitio co novo adestrador, Cardoso. Representámolo coa equipación do seu debut co primeiro equipo na tempada 2013-2014. Coma sempre, pintada a man.