Visitas

mércores, 30 de setembro de 2015

Celta de Vigo 7

Un novo equipo de Subbuteo co Celta de Vigo como protagonista, chegou ás nosas mans. Neste caso, trátase da caixa da marca Subbuteo Borrás dos anos 80 en perfecto estado de conservación e moi difícil de conseguir. Agardemos que sexa do voso agrado:



IV Open Internacional de Estepa


Esta fin de semana (3 e 4 de outubro), dispútase o IV Open internacional de Estepa (Sevilla). Agardemos que sexa un éxito tanto a nivel competitivo como organizativo.
Toda a información sobre o torneo na web oficial.

Mundial FISTF: España conquista Italia

A selección española de Fútbol de Mesa, ven de conquistar o campionato do Mundo a FISTF, disputado en San Benedetto del Tronto (Italia) os pasados 11, 12 e 13 de setembro.
A delegación española, conquistou o título de campiona do mundo por equipos tanto en categoría Open, como en categoría Veteráns, ademáis dos títulos individuais de Carlos Flores na categoría Open e de David González en categoría Sub-19. A actuación española pódese calificar de sobresaínte, con grandes actuacións a tódolos nivéis.
Parabéns a tódolos integrantes da selección española polos éxitos acadados.

Integrantes da selección española

David González e Carlos Flores posan cos seus trofeos de campións

A selección española posa cos seus trofeos

Final individual Open, co español Carlos Flores como protagonista


domingo, 6 de setembro de 2015

O Celta de Vigo protagonista no Subbuteo Blog



O blog italiano de Subbuteo, Subbuteo Blog, faise eco do Real Culb Celta de Vigo, nun artigo no que se fala un pouco sobre o clube referíndose á camisola, o escudo, etc. Faise referencia tamén ó equipo da tempada 2000/01, no que o Celta de Vigo acadou o posto número un da IFFHS.
Ademáis, tamén se poden ver imaxes de distintas re´plicas de Subbuteo do Real Club Celta de Vigo.
Podedes ler o artigo completo en Subbuteo Blog.

Mundial FISTF 2015


Chega setembro, e chega o inicio con maiúsculas da tempada subbuteística coa celebración do Mundial FISTF 2015. 
Os vindeiros 11, 12 e 13 de setembro, terá lugar, na localidade italiana de San Benedetto del Tronto, unha nova edición do mundial de fútbol de mesa, no que a selección española, agarda obter uns bos resultados, como xa ven sendo habitual. Os convocados para tentar lograr o título na categoría Open son so seguintes:

Carlos Flores
Juan Noguera
Ángel Valverde
Miguel Ángel López
Alberto Mateos
David González
Luis Mateos

Tosa a información do mesmo, a poderedes atopar na web oficial.