Visitas

mércores, 25 de setembro de 2019

Rafihna, o re-retorno

Outro dos xogadores máis queridos polos siareiros celestes, non é outro que Rafniha Alcántara, o fillo dun do mellores xogadores que vestiron a celeste, Mazinho. Despois da tempada que xogou no Celta as ordes de Luis Enrique, deixou unha pegada moi grande nos corazóns celestes. Inesperadamente, o Celta conseguiu a súa fichase para esta tempada, aumentando as esperanzas dos siareiros de facer algo grande. Ainda que so puido xogar un partido fronte o Atlático de Madrid, quedou claro que o seu papel vai ser moi imprtante, e vai aportar grandes cousas ó euipo vigués.
Tamén quixemos facer unha homenaxe deste retorno, facendo a réplica de Rafinha en figuriña de subbuteo. Coma sempre, pintada totalmente a man.




Denis Suárez, un soño feito realidade

Cando Denis Suárez deixou ó Celta para fichar polo Manchester City, ainda era un rapaz de 17 anos. A crisis económica do equipo vigués, obligaron a vender aunha das perlas de A Madroa, coa intención de que algún día regresara. 8 anos mais tarde, e despois de pasar polo Barcelona, Villarreal, Sevilla e Arsenal, o Real Club Celta de Vigo cumpriu un dos soños que levaba perseguindo dende que Denis abandonou o Celta: o seu ansiado regreso.
A pesar de levar simplemente 5 partidos co equipo vigués, claro está que é un xogador que vai dar moitas alegrías e que desprende unha calidade inmensa.
Dende aquí, a nosa homenaxe en forma de figuriña de Subbuteo, coa segunda equipación do Celta para esta tempada 2019-20.



(Foto: Faro de Vigo)

Jimmy Hagan, o norirlandés con sangue celeste

Jimmy Hagan chegou ó R. C. Celta de Vigo na tempada 86-87 procedento do Birminghan City (Inglaterra), permanecendo no equipo ata a tempada 88-89, fichando polo Larne (Irlanda do Norte) o equipo que o viu nacer futbolísticaente. Nese pequeno período de tempo, deixou os destellos da súa calidade e converteuse nun xogador moi carismático e moi querido polos siareiros do Celta.






Un gran coleccionista de equipacións do celta, encargoume esta figuriña para que lle chegara como agasallo ó protagonista, e vaia se lle chegou...